Segundo Vilaboy Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segundo Vilaboy Martínez, nado en Ferrol o 28 de novembro de 1918 e falecido na mesma cidade o 19 de decembro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballador dos estaleiros de Ferrol e Secretario Político do comité ferrolán do Partido Comunista, participou, canda aos seus irmáns, na coñecida como folga do aceite nos estaleiros.

Fuxiu á guerrilla o 31 de xaneiro de 1947 incorporándose ao destacamento Manuel Eibe da IVª Agrupación Pasionaria do Exército Guerrilleiro de Galicia. O 26 de maio foi capturado pola Garda Civil despois dun tiroteo na coñecida como “Casa de Delfino”, preto do río Belelle, en Taboado, na parroquia de Sillobre. Torturado e paseado pola Garda Civil durante días polos distintos lugares da comarca para que delatara aos seus camaradas, cousa que non conseguiron. Sometido a Consello de Guerra Sumarísimo, condenado a pena de morte, foi axustizado a garrote no cárcere de Caranza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]