Esquío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquío
Rango fósil: Eoceno - Actualidade
Membros da familia Sciuridae
Membros da familia Sciuridae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Sciuromorpha
Familia: Sciuridae
Fischer de Waldheim, 1817
Subfamilias e tribos
(Sciurus vulgaris) Esquío nA Pobra do Caramiñal.

O esquío, que recibe tamén en diferentes partes de Galicia os nomes de esquilo e esquivo, é un roedor da familia Sciuridae, entre os que se atopan :

Ademais, pola súa similitude coas da familia Sciuridae, as seguintes especies levan a palabra esquío como parte do seu nome común, pese a non ter unha relación taxonómica:

Localización e características[editar | editar a fonte]

Os esquíos están espallados por case todo o mundo, a maioría nas zonas de climas temperado ou tropical, mais tamén en algunhas zonas de clima frío. Como todos os roedores, posúe dentes incisivos fortísimos, con que roen sementes con facilidade. O esquío é un animal arborícola e vive nas copas das árbores. Das copas, eles saltan dunha póla para outra, chegando os saltos a 5 metros de lonxitude, sen temer a caída.

As sementes son as principais fonte de alimentación, mais tamén consomen insectos e froitas. Cando os alimentos escasean, invaden niños doutros animais e devoran as crias.

A pesar do seu abrigo natural, constrúen niños para abrigaren aos seus fillos da choiva e do vento. Algunhas veces utilizan niños feitos por outros animais, mais nunca para criar os seus fillos. Durante a xestación, os pais preparan o niño para reciber os fillos, que varían de 3 a 7 por niñada. De adulto, o seu corpo chega a medir 25 cm e o rabo 25 cm ou máis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esquío

Outros artigos[editar | editar a fonte]