BRICS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "BRIC")
BRICS
BRIC
Map of BRICS countries

Países

Flag of Brazil.svg Brasil Rusia Rusia India India Flag of the People's Republic of China.svg China Sudáfrica Suráfrica

En economía internacional emprégase a sigla BRICS para referirse conxuntamente ao Brasil, Rusia, a India, a China e Suráfrica.[1] Até a incoporación da República Surafricana en 2011, o grupo era coñecido como BRIC.

Todas estas nacións teñen en común unha gran poboación: a China e a India superan os 1 100 millones e Brasil e Rusia 150; un enorme territorio, case 38,5 millones km², o que lles proporciona dimensións estratéxicas continentais e unha xigantesca cantidade de recursos naturais e, o máis importante, as enormes cifras que adoitan presentar de medre do seu PIB e de participación no comercio mundial nos últimos anos, o que os fai atractivos como destino de investimentos. México e Corea do Sur son os únicos países comparables aos BRICS, mais as súas economías excluíronse debido a que xa son membros da OCDE. Tódolos países BRICS forman parte do G20.

Notas[editar | editar a fonte]