Mao Tse Tung
Mao Tse Tung | |||
---|---|---|---|
毛泽东 毛澤東 |
|||
Presidente do Partido Comunista de China |
|||
Período: | 20 de marzo de 1943 - 9 de setembro de 1976 | ||
Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
Sucesor: | Hua Guofeng | ||
Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
Monarca: | {{{monarca1}}} | ||
Presidente d Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Poblo Chinés | |||
Período: | 1 de outubro de 1949 - Decembro de 1954 | ||
Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
Sucesor: | Zhou Enlai | ||
Presidente do Gobierno Central Popular da República Popular da China |
|||
Período: | 1 de outubro de 1949 - 27 de setembro de 1954 | ||
Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
Sucesor: | El mesmo coma Presidente da República | ||
Presidente da República Popular da China |
|||
Período: | 27 de setembro de 1954 - 27 de abril de 1959 | ||
Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
Sucesor: | Liu Shaoqi | ||
Presidente da Comisión Militar Central da República Popular da China |
|||
Período: | 1943 - 9 de setembro de 1976 | ||
Antecesor: | {{{antecesor5}}} | ||
Sucesor: | Liu Shaoqi | ||
{{{cargoexecutivo6}}} | |||
Período: | {{{periodo6}}} | ||
Antecesor: | {{{antecesor6}}} | ||
Sucesor: | {{{sucesor6}}} | ||
Datos persoais | |||
Nacemento: | 26 de decembro do 1893 | ||
Lugar: | Pequín, Imperio Qing | ||
Falecemento: | 9 de setembro de 1976 (82 anos) | ||
Lugar: | Pequín, República Popular da China | ||
Organización: | Partido Comunista de China | ||
Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
Cónxuxe: | Luo Yixiu (1907–1910) Yang Kaihui (1920–1930) He Zizhen (1930–1937) Jiang Qing (1939–1976) |
||
Parella: | {{{parella}}} | ||
Fillos: | {{{fillos}}} | ||
Parentes: | {{{parentes}}} | ||
Residencia: | {{{residencia}}} | ||
Cargo(s): | {{{cargos}}} | ||
Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
Profesión: | |||
Relixión: | |||
Premios: | {{{premios}}} | ||
|
Mao Tse Tung,[1] ou Mao Zedong,[2] (en chinés simplificado 毛泽东, e 毛澤東 en tradicional, Máo Zédōng (pinyin)) nado o 26 de decembro do 1893 e morto o 9 de setembro de 1976, foi un político chinés. Foi dirixente do Partido Comunista Chinés e dirixiu a Revolución Comunista de 1949 que impuxo o control sobre a China continental baixo mans do seu partido, trala fuxida de Chiang Kai Chek e dos seus seguidores do Kuomintang a Taiwán.
As súas formulacións ideolóxicas orientaban a idea do comunismo cara o campesiñado, a diferenza do que ocorreu na Rusia soviética (URSS) que se enfocaba principalmente ó proletariado.
En 1961 rompeu formalmente co comunismo soviético ao denunciar o revisionismo da URSS e do PCUS. Unha das campañas máis polémicas impulsadas por Mao foi a Revolución Cultural en 1966 para consolidar o maoísmo.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mao era fillo dun granxeiro acomodado establecido en Shaoshan (Hunan), coidado pola familia da nai durante a súa infancia[3], traballou logo na granxa de seu pai comezando a escola aos oito anos, seguindo o canon clásico confucionista dos cinco clásicos que só fixo impacto nel de xeito negativo[4] converténdose nun lector voraz [5]. En 1909 foi á cidade de Changsha para comezar os seus estudos de secundaria nun novo tipo de escola de estilo máis occidental[6], influenciado polos sucesos da Revolución de Xinhai (1911) e do Movemento do Catro de Maio (1919) adoptou posicións nacionalistas e antiimperialistas e mentres traballaba na Universidade de Peking achegouse ao marxismo-leninismo, converténdose nun dos primeiros membros do Partido Comunista da China (PCC) logo da súa fundación en 1921, chegando axiña a posicións de mando. En 1922 os comunistas chegaron a un acordo co Kuomintang, un partido nacionalista revolucionario con máis peso na época; Mao axudou na creación dun exército campesiño e organizou a reforma agraria. En 1927 o líder militar do KMT, Chiang Kai Chek puxo fin á alianza e realizou unha purga dos elementos comunistas, asemade o PCC formou cos elementos fieis a súa propia milicia, o que conduciu á guerra civil. Mao foi responsable do comando dunha parte do Exército Popular de Liberación, e logo de varios reveses, ascendeu ao poder no partido tras dirixir a Longa Marcha. Cando o Imperio do Xapón invadiu China en 1937 e deu comezo a Segunda Guerra Sino-Xaponesa, Mao concordou co KMT unha fronte unida que se saldou coa vitoria do CPC-KMT en 1945. Logo estoupou de novo a guerra civil, na cal Mao dirixiu o Exército Popular logrando a vitoria e proclamando Mao a fundación da República Popular da China, un estado socialista de partido único controlado polo PCC, mentres Chiang e os seus seguidores procuraron refuxio en Taiwán. Mao logo da Campaña de Supresión dos Contrarrevolucionarios realizou a reforma agraria coas terras dos antigos señores feudais dividíndoas entre as comunas populares e estableceuse un culto á personalidade baseado na súa persoa[7]. Entre 1958 e 1961 dirixiu a campaña coñecida como o Gran Salto Adiante deseñado para modernizar e industrializar o país, non obstante os problemas agrarios empeoraron polas súas políticas e houbo fame no país. En 1966 iniciou a Revolución Cultural, un programa para eliminar os elementos contrarrevolucionarios na sociedade chienesa, que continuou ata a súa morte.
Unha figura fondamente controvertida, está considerado un dos individuos máis importantes na historia do mundo contemporáneo.[8] Os seus partidarios gaban o seu pulo modernizador que levou a China a se converter nun dos poderes mundiais, a promoción do status da muller, a expansión da educación e da saúde, o aumento da esperanza de vida e a consecución da vivenda universal.[9][10]aínda que China case dobrou a súa poboación durante o liderado de Mao,[11] de 550 a 900 millóns.[10] Como resultado, Mao aínda está considerado por moitos chineses coma un grande estratego político e militar e o salvador da nación. Os maoístas tamén promoven o seu papel como teórico, home de estado, poeta e visionario, que inspirou movementos revolucionarios ao longo do globo.[12] Pola contra, para os seus críticos, foi un ditador que dirixiu un estado que sistematicamente violaba os dereitos humanos, e que causou entre 40 e 70 millóns de mortos por medio da fame, os traballos forzados e execucións.[13][14]
Teoría política[editar | editar a fonte]
Durante a década de 1920, Mao desenvolveu algunhas das súas teorías políticas, como a teoría da "loita de dúas liñas" no seo do Partido Comunista, xa formulada por Marx, Engels e Lenin. Fixo grandísimos aportes na área da filosofía, especialmente á dialéctica con obras como "Sobre a contradición". As súas ideas tiveron un grande impacto nas xeracións posteriores e afectaron significativamente ó resto do mundo.
Unha das súas principais ideas era a visión do proletariado como clase direixente e os campesiños como a forza principal da revolución, xa que a China non tiña unha poboación significativa de obreiros, pero si tiña unha gran masa de campesiños descontentos, o que apoiaba as ideas de Mao.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Forma de maior tradición, segundo a romanización Wade-Giles.
- ↑ Segundo a romanización pinyin simplificada.
- ↑ Clements, Jonathan (2006) Mao Zedong London:Haus Publising, p.1
- ↑ Terrill Ross (1999) Mao. A Biography Stanford:Stanford University Press, p. 35
- ↑ Feigon, Lee (2002). Mao: A Reinterpretation. Chicago: Ivan R. Dee, p. 15
- ↑ Karl, Rebecca (2010)Mao Zedong and China in the Twentieth-Century World: A Concise History Duke University Press, p. 7
- ↑ Breslin, Shaun (1998) Mao Essex:Pearson Education, pp 110 e ss.
- ↑ «Mao Zedong». The Oxford Companion to Politics of the World. Consultado o August 23, 2008.
- ↑ Gao, Mobo (2008). The Battle for China's Past: Mao and the Cultural Revolution. London: Pluto Press, p. 81
- ↑ 10,0 10,1 The Cambridge Illustrated History of China, by Patricia Buckley Ebrey, Cambridge University Press, 2010, ISBN 0-521-12433-6, pp. 327
- ↑ Atlas of World History, by Patrick Karl O'Brien, Oxford University Press US, 2002, ISBN 0-19-521921-X, pp 254, link
- ↑ Short 2001, p. 630 "Mao had an extraordinary mix of talents: he was visionary, statesman, political and military strategist of cunning intellect, a philosopher and poet."
- ↑ Short 2001, p. 631
- ↑ Rummel, R. J. China's Bloody Century: Genocide and Mass Murder Since 1900 Transaction Publishers, 1991. ISBN 0-88738-417-X p. 205: In light of recent evidence, Rummel has increased Mao's democide toll to 77 million; Daniel Jonah Goldhagen. Worse Than War: Genocide, Eliminationism, and the Ongoing Assault on Humanity. PublicAffairs, 2009. ISBN 1-58648-769-8 p. 53: "... the Chinese communists' murdering of a mind-boggling number of people, perhaps between 50 million and 70 million Chinese, and an additional 1.2 million Tibetans."
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carter, Peter (1976). Mao. London: Oxford University Press. ISBN 9780192731401.
- Chang, Jung; Halliday, Jon (2005). Mao: The Unknown Story. London: Jonathan Cape. ISBN 978-0-224-07126-0.
- Dikötter, Frank (2010). Mao's Great Famine: The History of China's Most Devastating Catastrophe, 1958–62. London: Walker & Company. ISBN 0-8027-7768-6.
- Feigon, Lee (2002). Mao: A Reinterpretation. Chicago: Ivan R. Dee. ISBN 978-1-56663-458-8.
- Gao, Mobo (2008). The Battle for China's Past: Mao and the Cultural Revolution. London: Pluto Press. ISBN 978-0-7453-2780-8.
- Hollingworth, Clare (1985). Mao and the Men Against Him. London: Jonathan Cape. ISBN 9780224017602.
- Li, Zhisui (1994). The Private Life of Chairman Mao: The Memoirs of Mao's Personal Physician. London: Random House. ISBN 978-0679764434.
- MacFarquhar, Roderick; Schoenhals, Michael (2006). Mao's Last Revolution. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 9780674027480.
- Pantsov, Alexander V.; Levine, Steven I. (2012). Mao: The Real Story. New York and London: Simon & Schuster. ISBN 978-1-4516-5447-9.
- Schram, Stuart (1966). Mao Tse-Tung. London: Simon & Schuster. ISBN 978-0-14-020840-5.
- Short, Philip (2001). Mao: A Life. Owl Books. ISBN 978-0-8050-6638-8.
- Terrill, Ross (1980). Mao: A Biography. Simon and Schuster., which is superseded by Ross Terrill. Mao: A Biography. (Stanford, CA: Stanford University Press, 1999. ISBN 0-8047-2921-2 (pbk. alk. paper).
- Becker, Jasper (1998). Hungry Ghosts: Mao's Secret Famine. Holt Paperbacks. ISBN 0-8050-5668-8.
- Valentino, Benjamin A. (2004). Final Solutions: Mass Killing and Genocide in the Twentieth Century. Cornell University Press. ISBN 0-8014-3965-5.
- Chirot, Daniel (1996). Modern tyrants: the power and prevalence of evil in our age. Princeton University Press. ISBN 0-691-02777-3.
- Spence, Jonathan (1999). Mao Zedong. Penguin Lives. New York: Viking Press. ISBN 978-0-670-88669-2. OCLC 41641238. Resumo divulgativo (February 6, 2000).
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- ChineseMao.com: Recursos sobre Mao Zedong (en inglés)
- perfil en CNN (en inglés)
- Citas de Mao (en inglés)
- Arquivos de Mao Zedond en marxists.org (en inglés)
- Oxford Companion to World Politics: Mao Zedong (en inglés)
- Biografía de Mao a web oficial do Partido Comunista da China (en inglés)
- A revolución Chinesa (en español)
- BBC 中国丛谈特辑(上)
- BBC 中国丛谈特辑(上)采访录音
|