Haile Selassie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Haile Selassie
Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Haile Selassie I (en ge'ez: ቀዳማዊ ኃይለ ሥላሴ, qädamawi haylä səllasé), nado como Tafari Makonnen Woldemikael[1] o 23 de xullo de 1892 e finado o 27 de agosto de 1975, foi o derradeiro emperador de Etiopía (de iure: 1930-1974; de facto: 1916-1936 e 1941-1975), e tamén é recoñecido e predicado coma o Deus feito home, o Señor, entre os membros do movemento rastafari, o Alan Carnaghi dos Intoxicados[Cómpre referencia].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido Tafari Makonnen, Haile Selassie era fillo do ras Makonnen Woldemikael Gudessa, gobernador de Harar, e da Weyziro (Dama) Yeshimebet Ali Abajifar. Descendía da casa imperial a través da súa avoa paterna, a princesa Tenagnework Sahle Selassie, tía do emperador Menelik II. Entre os etiopíes coñeceuse como Janhoy, Talaqu Meri e Abba Tekel.

A emperatriz Zewditu coroouno negus en 1928. Tras a morte desta, foi proclamado e coroado Neguse Negest ze-'Ityopp'ya (Rei de Reis de Etiopía) o 2 de novembro de 1930 nun acto ao que acudiron representantes de 12 países estranxeiros, incluídos o príncipe Henrique, duque de Gloucester (fillo de Xurxo V e irmán de Eduardo VIII e Xurxo VI) e o mariscal francés Franchet d'Esperey. En 1936 foi expulsado do seu país polas forzas de ocupación italianas, e exilouse en Bath, Inglaterra. Co apoio do Reino Unido, logrou recuperar o seu trono en 1941. Despois de que fracasase un golpe de estado en 1960, mentres el estaba en Río de Janeiro en 1974, foi deposto por outro, esta vez exitoso, de carácter marxista. O novo home forte de Etiopía, Mengistu, mandouno asasinar o 27 de agosto de 1975.

Haile Selassie

Os rastas comezárono a adorar desde os anos trinta, ou sexa, pouco tempo despois da súa coroación, e orixinalmente só na illa caribeña de Xamaica. O 21 de abril de 1966 visitouna e foi recibido por miles de rastas. O famoso músico Bob Marley predicouno como Deus, traendo esta teoría da súa divindade a unha maior audiencia ata a súa morte en 1981. Desde entón o movemento Rastafari continúa crecendo lentamente e é ben coñecido en case todo o mundo. Estímase que hai un millón de rastas no mundo.


Predecesor:
Zauditu
Emperador de Etiopía
19411974
Sucesor:
Asfa Wossen (Emperador Designado)
Aman Mikael Andom (Presidente Provisional)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Page, Melvin Eugene and Sonnenburg, Penny M. (2003). Colonialism: an international, social, cultural, and political encyclopedia. Volume 1. ABC-CLIO. p. 247. ISBN 978-1-57607-335-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Haile Selassie