Malaisia
Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Malaisia[2] é un país do sueste asiático, constituído pola península Malaia e máis pola Malaisia oriental, no norte de Borneo. O país está situado a aproximadamente 200 km ao norte do ecuador terrestre.
O termo Malaisia ou arquipélago Malaio xa se empregaba para designar a Indonesia.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
A península Malaia, ocupada polos Malaios, estaba organizada nunha sociedade feudal, sendo un polo de comercio principal da Asia do Sueste.
Os comerciantes árabes foron os primeiros en se instalar no territorio no século XIV. A súa influencia foi decisiva sobre o futuro dos malaios, xa que converteron a poboación ao Islam.
No século XV, os europeos, atraídos polo comercio das especias, chegaron despois de teren procurado a ruta das Indias orientais para suplantar o monopolio árabe do comercio. Os portugueses, os holandeses e os británicos sucesivamente disputáronse o control do estreito.
Política[editar | editar a fonte]
Malaisia é membro do ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do Sueste).
Administración[editar | editar a fonte]
A Malaisia é un federación composta de trece estados (nexeri) e de tres distritos federais (wilayah peresekutuan):
Península Malaia (capitais entre parénteses):
- Johor (Johor Bahru)
- Kedah (Alor Setar)
- Kelantan (Kota Baharu)
- Kuala Lumpur (Kuala Lumpur)
- Malaca (Malaca)
- Negeri Sembilan (Seremban)
- Pahang (Kuantan)
- Perak (Ipoh)
- Perlis (Kangar)
- Penang (George Town)
- Wilayah Persekutuan (Putrajaya)
- Selangor (Shah Alam)
- Terengganu (Kufuck
Malaisia oriental:
Xeografía[editar | editar a fonte]
Malaisia está composta por dúas rexións:
Malaisia occidental ou Malaisia peninsular (ao sur de Tailandia) está dividida de norte a sur por unha longa cadea montañosa cuxo punto de maior altitude se sitúa a 2189 m (Monte Tahan) e onde subsisten vastas zonas forestais. A costa oeste é cha; a costa leste está composta de longas praias de area. Os cultivos e plantacións están situados ao longo das chairas costeiras. A parte norte (Perlis e Kedah) considérase o celeiro de arroz do país.
Malaisia oriental, situada ao norte de Indonesia (Borneo), componse dos territorios de Sarawak e de Sabah. Esta parte representa o 15 % da poboación e o 60% do territorio. Está basicamente composta de xungla e dun relevo abondo elevado (monte Kinabalu: 4 095 m).
Comparte fronteiras co Brunei (381 km), Indonesia (1.178 km) e Tailandia (506 km) e dispón de 4.675 km de costas. No 2003, a súa poboación era de 25.200.000 de habitantes.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: economía da Malaisia.
Os recursos principais do país son:
- Os recursos do subsolo: ouro, estaño, ferro, bauxita (da costa ocidental), gas e o petróleo, explotados no litoral ao longo da costa oriental.
- Da agricultura e silvicultura: bosque, caucho, aceite de palma e automóbiles. O país está especializado nos semi-condutores.
Demografía[editar | editar a fonte]
A xente de Malaisia chámase malaisios. Non se debe confundir cos malaios, que son os que constitúen a poboación maioritaria (62 %) e histórica, mais non son os únicos habitantes. Hai aproximadamente un 25% de malaisios de descendencia chinesa e o 10 % é de descendencia india. Establecéronse hai varias xeracións. A poboación é nova e está en expansión (ela tense dobrado entre 1970 e 2000). A taxa de natalidade dos Malaios é moi superior á dos chineses.
O 75% da poboación de Malaisia reside na península Malaia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Banco Mundial (PIB nominal 2006)
- ↑ 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para malaisiano.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|