Cítrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cítricos (xénero Citrus)
Citrus maxima
Citrus maxima
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Sapindales
Familia: Rutaceae
Subfamilia: Citroideae
Tribo: Citreae
Xénero: Citrus
L. 1753
Especies

Ver texto.

Cítrico é o nome común do xénero Citrus, que designa as especies de grandes arbustos ou pequenas árbores perennes (entre 5 e 15 m) da familia das Ruteáceas, que teñen froitos ou froitas que posúen un alto contido en vitamina C e ácido cítrico, o que lles fornece ese típico sabor acedo tan característico. Oriúndo da Asia tropical e subtropical, este xénero contén tres especies e numerosos híbridos cultivados, incluíndo as froitas máis amplamente comercializadas, como o limón, a laranxa, a lima, o pomelo e mais a mandarina, con diversas variedades que dependen da rexión na que se cultive cada unha delas.

O froito é un hesperidio, característico do xénero.

Por mor á facilidade de hibridación dos cítricos, todos os cultivos para uso comercial obtéñense enxertando as especies cultivares desexadas en plantóns seleccionados pola súa resistencia ás doenzas.

En Galicia[editar | editar a fonte]

A diferenza do Mediterráneo, o clima de Galicia non é o máis axeitado para o cultivo de cítricos. Porén é común atopalos en todas as casas do sur do país, especialmente nas Rías Baixas por teren un clima máis morno no inverno. As especies máis comúns son os limoeiros e as laranxeiras, puidendose atopar tamén algún pomelo. É conveniente protexelos ou cubrilos no inverno para os protexer das xeadas e evitar abortos de flores e do callado do froito. As máis das veces plántanse par das vivendas ou dunha parede para os abeirar ou gorecer dos ventos do norte.

Clasificación das principais especies cultivadas[editar | editar a fonte]

Aínda que a clasificación taxonómica é complexa, recentes investigacións xenéticas demostraron que unicamente existen tres especies principais, sendo as restantes híbridos destas tres.

En 1997 Mabberley propuxo unha clasificación pragmática dos principais Citrus cultivados de xeito que clarexase o caos que moitas veces xurdiu segundo se consulten unhas ou outras fontes. Esta clasificación simplifica e clarexa o xénero e semella atopar o consenso dos principais botánicos.

Mabberley defende que unicamente existen tres especies principales Citrus maxima, Citrus medica e mais Citrus reticulata, sendo todas as restantes, como xa dixemos, híbridos destas tres. Esta teoría só fai referencia aos cítricos cultivados non ás especies bravas do xénero.

A seguir fica a clasificación:

Outras especies seleccionadas[editar | editar a fonte]

Híbridos principais

Laranxas, limóns e limas.

Usos[editar | editar a fonte]

En Medicina[editar | editar a fonte]

O ácido cítrico é usado moi abundantemente na industria farmacéutica. En medicina utilízase entre outras cousas como dixestivo, substancia que favorece a dixestión, estando incluído na clasificación internacional ATC dentro do grupo A09, co código concreto de A09AB04.[1]

Pesticidas[editar | editar a fonte]

As sementes de cítricos úsanse na elaboración de insecticidas ecolóxicos.

Biocombustíbel[editar | editar a fonte]

Téñense feito investigacións sobre as posibilidades de aproveitamento dos residuos dos cítricos, reconvertindo a pela e outros refugallos en produtos e artigos de alto valor engadido[2][3]).

Cítricos comúns vendidos en Galicia[editar | editar a fonte]

Diversos cítricos
  • Laranxeira Citrus sinensis, árbore mediterránea, o froito é a laranxa.
  • Limeira Citrus limetta, cítrico orxinario de Oriente Medio, o froito é a lima.
  • Limoeiro Citrus limon, árbore mediterránea, o froito é o limón.
  • Mandarineiro Citrus reticulata, cítrico orixinario do sueste asiático, o froito é a mandarina.
  • Pomelo Citrus paradisi, a froita é o pomelo.
  • Cumquat Citrus japonica, a laranxeira chinesa, o froito é a laranxa anana, é menos frecuente.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cítrico
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Citrus

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mabberley D.J., A classification for edible Citrus (Rutaceae). 1997. Telopea 7(2): 167-172

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]