Organización Mundial da Saúde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Bandeira da OMS
Sede da OMS en Xenebra, Suíza.

A Organización Mundial da Saúde (OMS, ou WHO, nas súas siglas en inglés), é o organismo das Nacións Unidas especializado en saúde, foi creado o 7 de abril de 1948, institución dependente das Nacións Unidas.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O primeiro esbozo da OMS xurdiu da Conferencia Internacional de saúde celebrada en xullo de 1946. Nesta reunión, organizada por iniciativa do Consello Económico e Social da ONU, redáctanse os primeiros estatutos da OMS.

A primeira reunión da OMS tivo lugar en Xenebra, Suíza en 1948.

Tal e como establece a súa Constitución, o obxectivo da OMS é que tódolos pobos poidan gozar do grao máximo de saúde que se poida lograr. A Constitución da OMS define a saúde como un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente como a ausencia de afeccións ou enfermidades.

Os 192 Estados Membros da OMS gobernan a Organización por conduto da Asemblea Mundial da Saúde. A Asemblea está composta por representantes dos Estados Membros da OMS. Os principais cometidos da Asemblea Mundial da Saúde son aprobar o programa e o orzamento da OMS para o seguinte bienio e decidir as principais cuestións relativas ás políticas sanitarias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]