Lingua italiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Italiano
Italiano
Falado en: Italia, Suíza, Malta, Arxentina, Uruguai, Somalia, Brasil, Libia, Etiopía, e outros países e rexións.
Rexións: Europa occidental
Total de falantes: 70 millóns
Posición: 21
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Italo-occidental
    Italo-dálmato
     Italiano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Italia, Suíza, San Marino, Vaticano, Eslovenia, Croacia (rexión da istria), Unión Europea
Regulado por: Accademia della Crusca
Códigos de lingua
ISO 639-1: it
ISO 639-2: ita
SIL: ITN
Idioma italiano.pngMap Italophone World.png

O italiano ou lingua italiana é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances, da familia das linguas indoeuropeas. Existe un gran número de dialectos neo-romances. O italiano é a lingua oficial de Italia, de San Marino, de Suíza e da Cidade do Vaticano. Tamén se fala a distintos niveis en Somalia, Libia, Mónaco, Malta, a illa de Córsega e Albania.

Historia[editar | editar a fonte]

O italiano moderno é un dialecto que conseguiu imporse como lingua propia dunha rexión moito máis vasta que a súa rexión dialectal. Trátase do dialecto toscano de Florencia, Pisa e Siena, que se impuxo non por razóns políticas, económicas ou militares como adoita ocorrer, senón debido ao prestixio cultural que levaba consigo ao ser o idioma no que se escribiu a Divina Comedia, que se considera a primeira obra literaria escrita na "lingua moderna". O toscano é en efecto a lingua na que escribiron Dante Alighieri, Francesco Petrarca e Giovanni Boccaccio, considerados os tres grandes escritores do Prerrenacemento italiano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua italiana.


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Flag of Europe.svg Linguas oficiais da Unión Europea Flag of Europe.svg
Alemán | Búlgaro | Castelán | Checo | Croata | Dinamarqués | Eslovaco | Esloveno
Estoniano | Inglés | Finés | Francés | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón
Lituano | Maltés | Neerlandés | Polaco | Portugués | Romanés | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea