Martes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.


O martes, terza feira, ou terceira feira[1] é o segundo día da semana. O termo "martes" vén do latín Martis (dies) ou día de Marte, deus romano da guerra, e os termos "terza feira" e "terceira feira" proceden do latín tertia feria (ou feria tertia).

Nomes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Lingua Nome Significado
Alemán Dienstag Día de Týr
Búlgaro Вторник/Vtornik Segundo Día
Catalán Dimarts Día de Marte
Checo Úterý Segundo Día
Chinés Tradicional 星期二/Xīng Qī Èr Dous da Semana
Español
Martes Día de Marte
Eusquera
Astearte Entre Semana
Francés
Mardi Día de Marte
Holandés
Dinsdag Día de Týr
Inglés
Tuesday Día de Tiw
Islandés
Þriðjudagur Terceiro día
Irlandés De Máirt Día de Marte
Italiano
Martedì Día de Marte
Noruegués
Tirsdag Día de Týr
Quechua
Ati P'unchay Día da Enerxía
Portugués
Terça-feira Terceiro día
Romanés Marti Día de Marte
Ruso
Вторник/Vtornik Segundo Día
Xaponés
火曜日/Kayoubi Día do Lume

O martes na cultura popular[editar | editar a fonte]

O martes é considerado un día nefasto. Crese que os días que levan ‘r’ (martes, mércores e venres) son de mal agoiro e aconséllase non facer negocios neses días. En Lalín din que o que nace en martes morre de mala morte.

Ninguén casa en día de ‘r’, e moito menos o martes

Non se poden poñe-las patacas en martes e con lúa de forza, porque se non agrelan. Para escorrenta-las meigas pode utilizarse esta expresión: ¡San Silvestre, que hoxe é martes! para que se perdan ó cambia-lo día da semana.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • En martes, nin a cama mudes nin a roupa laves.
  • En martes, nin pano cortes nin filla cases.
  • En martes, nin porco mates nin churra botes que pitos saque.
  • En martes, nin porco mates, nin galiña deites que pitos saque.
  • En martes nin te cases nin te embarques.
  • En martes, nin te cases nin te embarques, nin a túa porca mates, nin a túa pita botes, nin a túa tea urdas.
  • En martes, nin tea tezas nin roupa laves.
  • En martes non te cases nin te embarques nin o teu porquiño mates.
  • En martes non te cases nin te embarques, nin o teu cocho mates, nin o teu pan cozas, nin a túa tea urdas, nin a túa filla cases, nin dos da túa casa te apartes.
  • Martes de entroido, ¡cando has de vir! Casquiñas de ovos, ¡case habés de ruxir!
  • Martes, durme hastra que te afartes.
  • Mata en martes e a lúa non cates.
  • O entroido, coas súas malas artes, botou a san Matías fóra do martes.
  • O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.
  • O martes e o venres nin te cases nin te embarques.

E en Portugal: As terças e sextas-feiras não casses a filha nem urdas a teia. Terça e sexta-feira son martes e venres.

Cantigueiro[editar | editar a fonte]

  • Adios, martes d'Antroido,/ adios, meu amiguiño,/ hasta domingo de Pascua/ xa non como máis touciño.
  • Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de boda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Feira». Dicionario Real Academia Galega. 

Días da semana:[editar | editar a fonte]

Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo

Palabras relacionadas:[editar | editar a fonte]

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de martes
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de terceira feira
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de terza feira

Calendario Día Semana Mes Ano