Venres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

O venres ou sexta feira[1] é o quinto día da semana. O termo "venres" vén do latín Veneris (dies) ou día de Venus, deusa romana do amor, e o termo "sexta feira" procede do latín sexta feria (ou feria sexta).

Nomes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Lingua Nome Significado
Alemán Freitag O Día de Frøya
Búlgaro Петък/Petak O Quinto Día da Semana
Catalán Divendres Día de Venus
Checo Pátek O Quinto Día da Semana
Chinés Tradicional 星期五/Xīng Qī Wu Cinco da Semana
Español
Viernes Día de Venus
Eusquera
Ostiral Campo de Urtzi
Francés
Vendredi Día de Venus
Holandés
Vrijdag Día de Frig
Inglés
Friday Día de Frig
Irlandés Dé aHoine O Segundo Xaxún da Semana
Islandés
Föstudagur Día de Xaxún
Italiano
Venerdì Día de Venus
Noruegués
Fredag Día de Frøya
Quechua
Ch'ashka P'unchay Día da Estrela
Portugués
Sexta-feira Sexto día
Romanés Vineri Día de Venus
Ruso
Пятницу/Pyatnitsa Quinto Día
Xaponés
金曜日/Kinyoubi Día do Ouro

O venres na cultura popular[editar | editar a fonte]

No Barco de Valdeorras (Ourense), para cura-la caída do calleiro, ponse no amencer do venres, e durante tres venres seguidos, un colar feito de pólas de bidueiro no pescozo do enfermo.

Os días que levan ‘r’ (martes, mércores e venres) son considerados de mal agoiro e aconséllase non facer negocios neses días. Tampouco se debe corta-las uñas neses días, especialmente o venres.

Din en Portugal que À terça e sexta-feira não cases a filha, nem urdas a teia. Terça e sexta-feira son martes e venres.

Fraseoloxía[editar | editar a fonte]

  • Caldo de venres: o que se fai nos días de vixilia, sen botarlle carne nin graxa, e que só leva aceite rustrido. Os ollos que forma o aceite na superficie explican a frase ter máis ollos que o caldo de venres.
  • Cara de venres: a de aspecto tristeiro.
  • Non é cousa do outro venres: o que non sorprende a ninguén, ou que resulta cousa normal e corrente despois de anuncialo como se fose unha marabilla ou algo insólito.
  • Sexta feira maior: venres santo.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • Navidá en venres, sementa onde puideres, navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo.
  • O martes e o venres nin te cases nin te embarques.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Feira». Dicionario Real Academia Galega. 

Días da semana:[editar | editar a fonte]

Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo

Palabras relacionadas:[editar | editar a fonte]

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de venres
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de sexta feira

Calendario Día Semana Mes Ano