Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elinikí Dimokratía
Ελληνική Δημοκρατία


República Helénica
Bandeira de Grecia Escudo de Grecia
Bandeira Escudo
Lema: Ελευθερία ή Θάνατος
(Grego: Liberdade ou morte)
Himno nacional: Ύμνος εις την Ελευθερίαν
 
Location Greece EU Europe.png
 
Capital
 • Poboación
Atenas
664.046 (2011)
Cidade máis poboada Atenas
Linguas oficiais
Grego
Forma de goberno República parlamentaria1
Prokopis Pavlopoulos
Vassiliki Thanou-Christophilou (interina)
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
do Imperio Otomán
1 de xaneiro de 1822
3 de febreiro de 1830
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 97º
131.957 km²
0,8669
1.935 km
15.021 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 77º
10 816 286 (censo 2012)
81,97 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2014)
 • PIB per cápita
Posto 44º
US$ 249.449 millóns
US$ 22.594
PIB (PPA)
 • Total (2014)
 • PIB per cápita
Posto 51º
US$ 271.308 millóns
US$ 24.574
IDH (2013) 0,853 (29º) – Moi alto
Moeda Euro2 (€, EUR)
Xentilicio Grego, grega
Fuso horario
 • en verán
(UTC+2)
(UTC+3)
Dominio de Internet .gr3
Prefixo telefónico +30
Prefixo radiofónico SVA-SZZ / J4A-J4Z
Código ISO 300 / GRC / GR
Membro de: ONU, UE, OTAN, OCDE, OSCE

1 En 1974, a monarquía foi rexeitada por vía referendaria.
2 Antes de 2002, dracma.
3 Tamén se utiliza o .eu como en toda a Unión Europea.

Tódolos países do mundo

Grecia (Gl-Grecia.ogg pronunciación ) (en gregoΕλλάδα/Elláda[eˈlaða] (AFI)Ellada.ogg escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica (Gl-República Helénica.ogg pronunciación ) (en grego: en francésΕλληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía[eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, a Antiga República Iugoslava de Macedonia e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O Mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o Mar Xónico atópase no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.

Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino,[1] e o Imperio Otomán.[2] Así mesmo, Grecia é o berce da democracia,[3] a filosofía occidental,[4] os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidental[5] incluíndo a traxedia e a comedia.

A Grecia actual é un país do primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981,[6] da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961,[7] e da Axencia Espacial Europea dende 2005.[8] Atenas é a súa capital; Salónica e Patras son xunto a capital, as principais cidades do país.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome histórico de Grecia en grego é Ἑλλάς, (transcrito como Elás). No grego moderno chámase comunmente Ελλάδα (transcrito como Elada). O nome de Grecia en galego provén do término latino graecus (Γραικοί), que é a forma coa que Aristóteles se refería ao nome do país. con todo, en realidade o nome está relacionado co da xente de Epiro.

O outro nome que recibe está relacionado co término de Alexandre o Grande, "Helénico", que provén de Ellada (Ελλάδα) y que significa "terra lixeira!, onde o "h" inicial vén da pronuncia no grego antigo cun son aspirado inicial. Tamén se relacionou ao país grego con "helios" (sol). Con todo, a raíz de onde se formou o seu nome é incerta, e foi durante o Imperio Romano cando comezou a recibir o nome de Grecia.

En moitas linguas europeas, como no galego, o nome provén da raíz da raíz Γραικός (Graikós) véxase o castelán e italiano: Grecia, portugués: Grécia, inglés: Greece, francés: Grèce, alemán: Griechenland ou o ruso: Греция. Por outra banda o nome en varios países asiáticos, como en turco: Yunanistan, árabe: يونان, hebreo: יוון, persa antigo: Yaunâ, pali: Yona ou indonesio: Yunani, derivan de Ἰωνία (ionía), a rexión de Xonia.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Grecia Antiga e Grecia Clásica.
Historia de Grecia
Acropolis-panorama-night.jpg
Grecia prehelénica
Prehistoria de Grecia
-3200 Civilización cicládica
-2700 Civilización minoica
 -1550 Civilización micénica
Grecia antiga
 -1200 Idade escura
 -800 Época arcaica
 -510 Época clásica
 -323 Época helenística
 -146 Grecia romana
Grecia medieval
 330 Imperio bizantino
 1202 Cuarta cruzada
 1453 Grecia otomana
Grecia contemporánea
  1799 República das sete illas
  1822 Guerra de independencia
 1832 Reino de Grecia
 1936 Réxime do 4 de agosto
 1941 Ocupación
 1946 Guerra civil
 1967 Ditadura dos coroneis
 1974 República helénica

A antiga Grecia tiña límites con Iliria e Macedonia ao norte, ao leste co Mar Exeo, ao oeste co Mar Xónico, e ao sur co Mar Mediterráneo. Tiña 77.000 km². As súas montañas, co ceo case sempre azul e o seu clima suave facía de Grecia un dos máis marabillosos países do mundo antigo. Foi nese pequeno país no que a primeira civilización europea comezou hai máis de dous mil anos. Naquel tempo, Grecia dominaba grandes áreas das marxes do Mediterráneo e do mar Negro. Actualmente, Grecia ten un poder reducido, sendo un dos países menos desenvolvidos da Europa. Atenas é a capital e maior cidade do país. En Atenas e noutras partes da Grecia, existen espléndidas ruínas que son monumentos do pasado glorioso da nación.

Actualmente, Grecia é un único país de poder reducido, e un dos menos desenvolvidos de Europa. Atenas é a capital e maior cidade do país, con catro millóns de habitantes. En Atenas e en outras partes de Grecia, existen ruínas de monumentos do pasado glorioso da antiga civilización. Hai milleiros de anos, os gregos estabeleceron tradicións de xustiza e liberdade individual que son as bases da democracia e da economía de mercado. A súa arte, filosofía e ciencia tornáronse fundamentos do pensamento e da cultura occidentais. Os gregos da Antigüidade chamábanse a si mesmos helenos (tódolos que falaban o grego, mesmo que non vivisen na Grecia Continental, e daban o nome de Hélade a súa terra. Os que non falaban grego eran chamados bárbaros. Nunca chegaron a formar un goberno nacional, porén estaban unidos pola mesma cultura, relixión e lingua. A Grecia tornouse independente o 14 de setembro de 1829, despois de que o Tratado de Adrianópolis fose asinado entre Rusia e Turquía, o cal puxo fin á guerra da independencia.

Despois de conseguir a independencia do Imperio Otomán, e como resultado das Guerras Balcánicas, Grecia conseguiu incrementar o seu territorio e poboación. Os seguintes anos, a loita entre Constantino I de Grecia e o carismático primeiro ministro Eleftherios Venizelos sobre a política estranxeira antes da I Guerra Mundial dominou a escena política grega, e dividiu o país en dous grupos enfrontado. Trala fin da Gran Guerra producinse unha loita que enfrontou aos helenos cos nacionalistas turcos, liderados por Mustafa Kemal, unha guerra que provocou un intercambio importante de poboación entre os dous países tras o Tratado de Lausana.

A inestabilidade e sucesivos golpes de estado marcaron a seguinte era, que foi eclipsada pola tarefa de incorporar máis dun millón e medio de refuxiados gregos de Asia Menor dentro da sociedade grega. O 28 de outubro de 1940 a Italia fascista pediu a rendición de Grecia, mais o ditador grego Ioannis Metaxas opúxose e provocou a consecuente Guerra Greco-Italiana, onde Grecia expulsou as forzas italianas en Albania, dando aos aliados da Segunda Guerra Mundial a primeira vitoria sobre as Potencias do Eixo. Posteriormente hóubose de enfrontar ás forzas alemás durante a Batalla de Grecia. Trala liberación, Grecia caeu na guerra civil entre fórzalas a prol realeza e as comunistas, o que provocou unha grave crise económica e graves tensións sociais entre as dereitas e as esquerdas os seguintes trinta anos.

Os seguintes vinte anos caracterizáronse pola marxinación dos esquerdistas dentro a esfera política e social gregas, pero cun considerable crecemento económico, grazas en parte ao Plan Marshall. O ano 1965, foi un período de turbulencia política que trouxo o golpe de estado do 21 de abril de 1967 do Réxime dos Coroneis, co apoio dos Estados Unidos. En novembro de 1973 o levantamento á Universidade Politécnica de Atenas provocou un golpe contrario que instalou a Dimitrios Ioannidis como ditador. O 20 de xullo de 1974, coa invasión turca da illa de Chipre o réxime grego colapsouse. O antigo primeiro ministro Konstantinos Karamanlis devolveu de París onde vivira dende o seu exilio en 1963, empezando a era denominada Metapolitefsi. O 14 de agosto de 1974 as forzas gregas abandonasen a estrutura militar da OTAN en protesta pola ocupación turca do norte de Chipre. En 1975 instaurouse a constitución da república democrática e aboliuse a monarquía por referendo. Andreas Papandreou fundou o Movemento Socialista Panhelénico (PASOK), en resposta ao partido Nova Democracia de Konstantinos Karamanlis, xurdindo as dúas forzas políticas dominantes da política grega durante as décadas seguintes. Grecia volveu á OTAN en 1980 e convertinse no décimo membro da Unión Europea o 1 de xaneiro de 1981, experimentando dende entón un notable crecemento económico. O país adoptou o euro en 2001 e organizou de maneira satisfactoria os Xogos Olímpicos de verán de 2004 en Atenas.

Política e goberno[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Política de Grecia.
Eleftherios Venizelos (1864-1936).

Grecia é unha república parlamentaria.[9] O xefe de estado é o Presidente da República, quen é elixido polo Parlamento por un período de cinco anos.[10] A vixente Constitución foi redactada e adoptada polo parlamento heleno no ano 1975, trala caída da xunta militar que gobernou o país entre 1967 e 1974. Dende aquela foi revisada dúas veces, a primeira en 1986 e a segunda no ano 2001. A Constitución, constituída por 120 artigos, establece a separación de poderes nos poderes executivo, lexislativo, e xudicial, e garante extensas e específicas liberdades e dereitos sociais.[11]

Segundo a constitución, o poder executivo é exercido polo Presidente da República e o goberno.[12] A enmenda constitucional de 1986 restrinxiu significativamente as obrigacións e deberes do presidente, sendo o seu papel hoxe en día meramente cerimonial.[13] Dende o 12 de marzo de 2005 o Presidente de Grecia é Karolos Papoulias. A posición do Primeiro Ministro, xefe do goberno de Grecia, pertence á testa do partido político que obteña a maior confianza do parlamento grego. O Presidente da República formalmente elixe ao Primeiro Ministro, é, baixo recomendación, elixe e destitúe aos membros do goberno.[14] O Primeiro Ministro exerce vastos poderes políticos, aumentados a conta dos do Presidente na enmenda de 1986.[15] O Primeiro Ministro de Grecia dende o 6 de outubro de 2009 é Georgios Papandreu.

O poder lexislativo é exercido por 300 membros do Parlamento unicameral.[16] Os estatutos aprobados polo Parlamento son promulgados polo Presidente da República.[17] As eleccións parlamentarias teñen lugar cada catro anos, máis, o Presidente da República está obrigado a disolve-las cortes no caso de que o goberno o propoña en caso de acontecer asunto nacional de extrema importancia.[18] O Presidente está obrigado tamén a disolver o Parlamento, no caso de que a oposición sexa quen de levar a cabo unha moción de censura.[19]

O poder xudicial é independente do executivo e do lexislativo é abrangue tres Cortes Supremas. O sistema xudicial componse tamén de cortes civís, encargadas de xulgar casos civís e penais e cortes administrativas, encargadas de xulgar disputas entre os civís e as autoridades gregas. Dende a restauración da democracia, o sistema bipartidista grego atópase dominado polos partidos Nova Democracia (liberalconservativo) e Movemento Socialista Panhelénico (socialdemócrata).[20] Xunto aos grandes partidos, existen outros partidos minoritarios como o Partido Comunista de Grecia, a Coalición Radical de Esquerda e a Unión Popular Ortodoxa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Grecia consiste nun territorio continental na extremidade sur dos Balcáns, na península do Peloponeso, separada do continente pola canle de Corinto, e de numerosas illas, incluíndo Creta, Rodas, Eubea e os arquipélagos do Dodecaneso e das Cíclades no Mar Exeo, e das Illas Xónicas no Mar Xónico. Grecia ten máis de 14.880 km de costas e unha fronteira terrestre de 1.160 km. A súa superficie é de 132.562 km² incluíndo augas interiores da cunca do Exeo, illas e illotes.

Preto do 80% da Grecia é territorio montañoso ou, polo menos, accidentado. A maior parte do país é terra seca e rochosa. Só o 28% da terra é arábel. A Grecia occidental contén lagos e zonas húmidas. O Pindo, a cadea montañosa central, ten unha elevación media de 2.650 m. O lendario monte Olimpo é o punto máis alto de Grecia, atinxindo 2.917 m por riba do nivel do mar.

O clima grego é semellante ao portugués, con invernos suaves e húmidos e veráns quentes e secos. As temperaturas só raramente atinxen valores extremos, aínda que ten nevado nas montañas e ata mesmo en Atenas, nalgúns invernos.

Xeográfica e climáticamente o territorio grego é moi variado. Contando con 9.000 illas, illotes e afloramientos rochosos, 15.021 km de costa (máis de 16.000 km de costa incluíndo os afloramientos rochosos), sendo o segundo de Europa despois de Noruega e décimo do mundo detrás dos Estados Unidos en lonxitude costeira. O mar Exeo foi de gran importancia na historia e desenvolvemento da cultura e civilización helenística.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Periferias de Grecia.

Administrativamente, Grecia constitúese de 13 periferias (provincias) divididas en 51 prefecturas (en grego nomoi, singular nomos). Existen tamén unha área autónoma, o Monte Athos (en grego Agio Oros, "Outeiro sagrado"), que bordea a periferia da Macedonia central.

Mapa Número Periferia Capital Área Poboación
GreeceNumberedPerepheries.png
1 Ática Atenas 3.808 km² 3 761 810
2 Grecia central Lamia 15.549 km² 605.329
3 Macedonia central Salónica 18.811 km² 1 871 952
4 Creta Heraklion 8.259 km² 601.131
5 Tracia Kavala 14.157 km² 611.067
6 Epiro Ioannina 9.203 km² 353.820
7 Illas Xónicas Corfú 2.307 km² 212.984
8 Exeo setentrional Mitilene 3.836 km² 206.121
9 Peloponeso Calamata 15.490 km² 638.942
10 Exeo meridional Ermoupoli 5.286 km² 302.686
11 Tesalia Larisa 14.037 km² 753.888
12 Grecia occidental Patras 11.350 km² 740.506
13 Macedonia occidental Kozani 9.451 km² 301.522
- Monte Athos (Autónomo) Karyes 390 km² 2.262

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Grecia.
Hermoupolis, na illa de Siros, é a capital das illas Cícladas

O corpo oficial de estatísticas de Grecia é o Servizo Nacional de Estatísticas de Grecia (en grego Εθνική Στατιστική Υπηρεσία της Ελλάδος). Segundo o corpo de estatísticas grego, Grecia tiña unha poboación total de 10,964,020 (2001)[21], dos cales 5 427 682 eran homes e 5 536 338 mulleres.[21] As estatísticas de 1971, 1981, e 2001 amosan un progresivo envellecemento da poboación grega.[21] A taxa de natalidade no ano 2003 era de 9,5 por cada 1.000 habitantes (14,5/1.000 no ano 1981). Ao mesmo tempo a taxa de mortalidade subiu do 8,9 por 1.000 habitantes no ano 1981, aos 9,6/1.000 no ano 2003. En 2001, o 16,71% da poboación tiña máis de 65 anos, un 68,12% atopábase entre os 15 e os 64 anos de idade, e un 15,18% tiña 14 anos ou menos.[21] En 1971 as cifras eran do 10,92%, 63,72%, e 25,36% respectively.[21] A sociedade grega sufriu un grande cambio nas últimas décadas. Os ratios de casamentos vén baixando nas últimas décadas dende o 71 por 1.000 do 81 ata 2002, medrando lixeiramente ata os 61 por 1.000 no 2003 e caendo de novo ata os 51 en 2004.[21] Por outro lado, os ratios de divorcio vén medrando dende os 191,2 por 1.000 en 1991 aos 239,5 do 2004.[21]

Cidades[editar | editar a fonte]

Case dous terzos dos gregos viven en áreas urbanas, as dúas grandes áreas metropolitanas do país son Atenas e Salónica. Na lista de abaixo están as vinte principais cidades gregas, coa poboación segundo datos oficiais das súas aglomeracións urbanas, que pode incluír varios concellos.


Minorías[editar | editar a fonte]

Zonas dos Balcáns onde viven os pobos romaneses

O grego é a lingua maioritaria en todo o territorio heleno, malia existir diversas zonas onde se falan outras linguas ou habitan determinadas minorías étnicas.[23] A única minoría grega que ten un especial recoñecemento legal é a minoría musulmá (Μουσουλμανική μειονότητα, Mousoulmanikí meionótita) de Tracia, que constitúe o 0.95% da poboación. Os seus membros son na súa maioría de orixe turca, pomak ou búlgaromusulmán, e xitana. Outras minorías recoñecidas son os armenios (35.000) e os xudeus (5.000).

Existen tamén outros grupos lingüísticos, cuxos membros falan ademais do grego outra lingua e se identifican como gregos.[24] Entre estes se atopan os arvanitas, o cales falan unha variante do albanés coñecido como arvanitika[25] os arrománs e os megleno-romaneses, cuxas linguas atópanse estreitamente vencelladas co romanés. No norte de Grecia existen grupos de falantes de linguas eslavas, cuxos membros identifícanse como gregos na súa maioría. Os dialectos falados poden clasificarse lingüísticamente como formas do macedonio (localmente chamado Eslavomacedonio ou simplemente Eslavo), ou do búlgaro (distinguido coma pomak no caso da comunidade musulmá de lingua búlgara da rexión de Tracia occidental).[26] A falta dun recoñecemento oficial de ningunha minoría, agás os musulmáns de Tracia, constitúe unha fonte de críticas de numerosos organismos.[27]

Inmigración[editar | editar a fonte]

Vila Pomak en Tracia

A complexa política migratoria grega, as distintas prácticas e os diferentes datos recadados, fan que sexa dificil establecer o verdadeiro número de inmigrantes en Grecia, sendo as estatísticas actuais causa de especulación. Un estudo do Observatorio Migratorio do Mediterráneo mantén que no ano 2001 residían no país sen a cidadanía grega 762.191 persoas, o que constitúe o 7% da poboación. Deses, 48.560 eran cidadáns da UE ou da Asociación Europea de Libre Comercio (Suíza, Noruega, Islandia e Liechtenstein) e 17,426 chipriotas con status privilexiado. En canto a orixe dos inmigrantes, o 56% son albaneses, seguidos polos búlgaros (5%), xeorxianos (3%) e romaneses (3%). Os estadounidenses, chipriotas, británicos e alemáns representan un 2% cada un. O resto dos 690.000 inmigrantes pertencen a outros grupos étnicos.

A maioría dos inmigrantes de fóra da UE residen no entorno da capital ateniense (uns 132.000 inmigrantes, que constitúen o 17% da poboación). Salónica é a segunda cidade en poboación estranxeira, cuns 27.000 residentes que constitúen o 7% da poboación. Deixando estas dúas cidades, as principais zonas con asentamentos estranxeiros son os concellos que rodean á capital. Segundo o mesmo estudo, a poboación estranxeira (documentada e indocumentada) residente en Grecia podería ser maior do 8,5% oficial, chegando ao 10.3% (1,15 millóns de estranxeiros).

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Grecia.
Primeira sede do Banco Agrícola de Grecia en Atenas

A agricultura representa un papel moi importante na economía de Grecia. As industrias creadas durante o período posterior á I Guerra Mundial foron na súa maioría destruídas durante a II Guerra Mundial e a seguinte guerra civil. Dede entón, o desenvolvemento do sector manufactureiro da economía viuse obstaculizado pola falta de combustibles e as dificultades xurdidas co uso da enerxía hidroeléctrica do país. En 1970, no entanto, a contribución das manufacturas á produción nacional anual superou por primeira vez á da agricultura. Dúas importantes fontes de ingreso para Grecia son a construción naval e o turismo. A extracción de petróleo dos campos do norte do mar Exeo foi unha gran axuda para a economía a principios da década de 1980. Grecia pasou a ser membro da Comunidade Económica Europea (hoxe Unión Europea) en 1981. O orzamento nacional a principios da década de 1990 calculouse nuns 37,6 miles de millóns de dólares de ingresos, e 45,1 miles de millóns de gasto.

A súa industria produce principalmente: alimentos e produtos do tabaco, teas e tecidos, produtos químicos, siderurxia, minería e refinación de petróleo, mentres que a súa agricultura baséase na produción de trigo, millo, cebada, remolachas para azucre, olivas, tomates, viño, tabaco, patacas; carne e produtos lácteos. A organización de sindicatos é gremial, así pois os membros de cada gremio están afiliados a federacións nacionais.

Agricultura e pesca[editar | editar a fonte]

Viñedos en Santorini

Unha cuarta parte da poboación activa de Grecia traballa na agricultura, que constitúe o 15% do produto interno bruto (PIB). Pero a súa produtividade é inferior á que cabería esperar deste sector da economía. As explotacións son pequenas, debido ao minifundio creado (3,4 ha de media) como consecuencia da subdivisión hereditaria, o cal dificulta o uso eficaz de equipos mecánicos. Ademais, o rendemento é baixo por mor da seca e a erosión dos chans neste lugar. O tabaco é o cultivo principal e achega preto do 3% dos ingresos por exportación. A produción anual dos cultivos máis importantes (en toneladas) a finais da década de 1980 foi: tabaco, 142.000; trigo, 2,6 millóns; tomates, 1,9 millóns; laranxas, 780.000; millo, 2,1 millóns; remolacha azucreira, 1,9 millóns; uvas, 1,6 millóns; olivas, 1,5 millóns; patacas, 850.000, e algodón, 222.000. A cabana gandeira totaliza uns 10,8 millóns de cabezas de gando ovino, 3,5 millóns de caprino, 800.000 cabezas de vacún, 31 millóns de aves de curral e 2,1 millóns de porcino. O goberno grego tomou medidas para replantar as árbores que foron destruídos durante a II Guerra Mundial. Preto de 2,9 millóns de m³ de madeira cortábanse ao ano a finais da década de 1980. O 75% procedían dos bosques de coníferas. A pesca é limitada. A finais da década de 1980 a captura anual ascendía a unhas 135.000 t, a maior parte das cales se consumía no país. As esponxas son o principal produto mariño destinado á exportación.

Outros sectores[editar | editar a fonte]

Corfú, un dos destinos turísticos máis populares

Aínda que a minería ten escasa importancia para a economía grega, explótase unha considerable variedade de recursos minerais. A produción anual (en toneladas) a mediados da década de 1980 foi: lignito, 35,9 millóns; bauxita, 2,3 millóns; mineral de ferro, 1,3 millóns, e magnesio, 884.400. Tamén se extraeron preto de 279.200 m³ de mármore, ademais de petróleo, sal, cromo, prata, zinc,ouro e chumbo. Ao redor dunha quinta parte da poboación activa traballa neste sector, que produce un 18% do produto interior bruto anual. Os seus principais artigos son os metais básicos e os produtos metálicos, alimentos, bebidas, tabaco, téxtiles e confección, produtos químicos, cemento e viño. Atenas é o centro industrial de Grecia.

Un 90% da electricidade de Grecia xérase en instalacións termoeléctricas de lignito, carbón ou derivados do petróleo, e o resto en instalacións hidroeléctricas situadas principalmente no río Akhelóös, nos montes Pindo. A finais da década de 1980 a capacidade xeradora de enerxía de Grecia era duns 10,2 millóns de kW, e a súa produción anual de 30,1 milleiros de millóns. A finais da década de 1980, uns 8,1 millóns de turistas elixiron anualmente Grecia como destino das súas vacacións, para visitar as súas antigüidades e relaxarse ao sol do mar Mediterráneo. As cifras reflicten uns beneficios neste sector de 2.200 millóns de dólares ao ano.

Cultura[editar | editar a fonte]

Vestimentas tradicionais gregas

A cultura grega é, xunto co humanismo, unha das bases da civilización occidental. Eles foron os primeiros en desenvolver o modo de pensamento que temos agora, ademais de legar un grandioso patrimonio artístico e arquitectónico. A cultura helénica evolucionou durante miles de anos, cos seus inicios nas civilizacións minoica e micénica continuando coa notable Grecia clásica, o nacemento da época helenística e por medio da influencia do imperio romano e o seu sucesor, o imperio bizantino, na Grecia oriental. O imperio otomán tamén tivo unha influencia considerable na cultura grega, pero é a guerra de independencia grega a que revitaliza Grecia e propicia o nacemento dunha identidade individual dentro da súa polifacética cultura ao longo da súa historia.

Foi ademais na Antiga Grecia, na cidade de Olimpia, onde xurdiron os Xogos Olímpicos en homenaxe aos deuses. Os gregos tamén desenvolveron unha rica mitoloxía, que é referencia para estudos e libros aínda hoxe en día. A filosofía tamén acadou un desenvolvemento sorprendente, principalmente en Atenas no século V a.C. (período clásico de Grecia), época de filósofos con Platón e Sócrates.

De entre os músicos gregos con fama internacional destacan Manos Hadjidakis, Mikis Theodorakis ou Evangelos Papathanassiou, coñecido popularmente como Vangelis. A busca e a sistematización do patrimonio musical popular, que é o obxectivo básico de famosos músicos e investigadores, ten incentivado a creación de grande número de corais que participan en concursos internacionais.

En canto ás vestimentas de Grecia, son parte dunha historia cultural mixta. Algunhas das características dos traxes folclóricos gregos poden ser achadas nas antigas vestimentas helénicos e bizantinos. De feito, moitos dos elementos dos traxes litúrxicos usados hoxe polos sacerdotes Gregos Ortodoxos están emparentados cos traxes tradicionais da Grecia moderna e teñen a súa orixe nas vestimentas do Imperio Bizantino.

Actitudes[editar | editar a fonte]

Taberna grega

Os gregos, en xeral, senten un gran vencello co seu pasado, facendo fincapé no período clásico da historia grega, dende o helenístico e o bizantino ata o presente. Ambas, a Grecia clásica e a bizantina, representan para a maioría dos gregos as precursoras da actual República Helénica. Durante o final do século XIX e comezos do XX as antigas fronteiras do imperio bizantino, ou máis en concreto aquelas que ata este período conservaran as poboacións gregas, chegaron a representar para algúns un ideal ao alcance do estado contemporáneo.

A continuidade cultural e lingüística do pobo grego, no entanto, foi complicada durante a súa historia polas influencias exteriores, como a do cristianismo sobre a antigüidade tardía ou a falta de presión ao final da época bizantina, que son cousas fortemente recalcadas polos gregos de hoxe en día sendo como son, unha das nacións máis patrióticas de Europa segundo Eurostat. Cómpre destacar que a lingua grega abrangue unha historia de máis de 4.000 anos, tendo en consecuencia un enorme impacto noutros idiomas, sobre todo do oeste europeo.

Trala revolución de 1821, Grecia pasou por un período de renacemento artístico e cultural. Os gregos actuais coidan os recordos dos anos de antes da revolución, aqueles de a ocupación de Grecia polo imperio otomán, como os dos «anos de escuridade», en que o desenvolvemento cultural viuse completamente detido. A pesares da evidencia pola contra (en particular con respecto á literatura cretense), o rexurdimento de Grecia trala formación da primeira República Helénica en 1831 é lembrada por unha inmensa maioría dos gregos como o "renacemento" da súa nación.

A experiencia da ocupación, a da época otomá e da época moderna, deixou unha marca indeleble na psique grega. No século XX, o trauma da guerra civil grega durante o que a nación chegou a ser o primeiro teatro de guerra fría, inmediatamente trala segunda guerra mundial, a cal conduciu a enormes privacións coa ocupación nazi, e a intromisión dos EUA coa creación do "Réxime dos coroneis", que gobernou brutalmente desde 1967 a 1974; todo iso levou á aparición da idea do Ethnos Anadelfon (Nación sen irmáns), recalcando que os gregos só podían contar consigo mesmos e os seus compatriotas. Con todo, desde mediados da década de 1970 cara a adiante e sobre todo trala entrada de Grecia na Unión Europea en 1981, a orientación de Grecia, e as aspiracións da maioría, enfocouse cara á corrente principal europea.

Arte[editar | editar a fonte]

A arte e a arquitectura da Grecia antiga tivo unha grande influencia na arte occidental ata a actualidade. A arte e arquitectura bizantinas tamén xogaron un importante papel nos inicios do cristianismo, e queda unha significativa influencia nas nacións cristiás ortodoxas de Europa oriental e Eurasia. Ata agora, debido aos estragos da historia, só unha pequena variedade da arte grega antiga sobreviviu, sobre todo escultura e arquitectura e artes menores, incluíndo o deseño de moedas, cerámica e o gravado de pedras preciosas. Grecia tamén ten, a partir da revolución, un peso específico na historia da arte contemporánea.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Detalle do Erecteion
Véxase tamén: Arquitectura grega clásica.
Véxase tamén: Acrópole de Atenas.

Os restos da arquitectura aínda sobreviven ou están ben documentados actualmente. Os antigos gregos desenvolveron dous estilos primarios (ou «ordes clásicas»). O sobrio e sólido dórico e o refinado e decorativo xónico. Hai que sinalar que o estilo xónico evolucionou dentro do estilo corintio.

A forma rectangular dos antigos templos gregos, rodeados de columnas sostidas por un pedimento triangular, construído de pedra calcaria ou mármore, segue sendo un popular estilo aínda hoxe en día. Aínda que o arco era familiar aos troianos, non estaba amplamente estendido o seu uso, en contraste coas posteriores edificacións romanas.

As obras representativas que sobreviven da arquitectura grega son o Partenón e o Erecteion de Atenas, e as estruturas romanas baseadas no modelo grego, coma o Panteón de Roma, o cal é atribuído ao arquitecto grego Apolodoro de Damasco. A arquitectura bizantina foi un xeito de construción común dende o ascenso do cristianismo baixo Constantino ata a caída do Bizancio en 1453 a mans dos turcos otománs. Son característicos a cruz grega, o capitel de estilo bizantino (unha mestura de xónico e capiteis corintios) e unha cúpula central rodeada por varias pequenas cúpulas. Grecia experimentou tamén o rexurdimento neobizantino trala revolución grega e bastante insospeitadamente, tamén o auxe da arquitectura neoclásica nos anos seguintes á Revolución; isto viu a pola en contacto e interacción coa tradicional vila bizantina para producir unha forma específica na Grecia contemporánea.

Como outras capitais contemporáneas, Atenas, ten parte na arquitectura modernista e postmodernista, máis concretamente as últimas construcións de Santiago Calatrava para as Olimpíadas de Atenas de 2004.

Pintura e escultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Escultura grega.
Escultura de bronce, posiblemente Poseidón ou Zeus.

En contraste con outras formas ilustradas, as pinturas conservadas da Grecia antiga son moi escasas. Os pintores gregos traballaban principalmente en paneis de madeira, e as obras finais foron admiradas durante centos de anos logo da súa creación. Con todo, estas pinturas desapareceron despois do século IV cando non foron suficientemente protexidas. Conserváronse as copias romanas de inferior calidade, por exemplo as de Pompeia, achadas nas tumbas dos reis de Macedonia en Verxina ou en Leúcade, na antiga Macedonia, como as de Kazanlak na antiga Tracia.

As obras conservadas da antiga escultura grega son máis comúns, en particular as dos mestres escultores, como Fidias e Praxíteles. Estes artistas e os seus seguidores foron frecuentemente emulados polos romanos. Con todo, os cristiáns do século IV e V viron a destrución dos ídolos pagáns como un "acto de piedade". Moitas esculturas antigas de mármore foron queimadas con cal na Idade Media, e estatuas de bronce foron fundidas para obter o metal. As estatuas de mármore que escaparon á destrución foron esquecidas, ou no caso dos bronces, perdidos no mar.

No período bizantino, a arte relixiosa era o tema dominante, con mosaicos e iconas moi traballadas adornando os edificios relixiosos. O artista renacentista, O Greco (Domenikos Theotocopoulos), responde do bizantino e no século XVI a arte manierista, producindo escultura e pinturas de forma libre, luz e cor que inspiraría a artistas do século XX como Pablo Picasso ou Jackson Pollock.

Mosaico representando a Alexandre Magno.

Ademais, un importante e a miúdo pioneiro papel, foi xogado por artistas das illas Xónicas no XVIII e a comezos do XIX, que explotaron as conquistas do Renacemento italiano e dos talleres barrocos. Con persistentes esforzos cara a novas direccións e obxectivos, os artistas gregos afloraron ao mundo durante as primeiras décadas do século XIX conectando a arte grega coa súa antiga tradición, así como a procura de talleres europeos, sobre todo os da Munich School, con exemplos definitorios da arte contemporánea grego do período que inclúe a obra de Theodoros Vryzakis e Nikiphoros Lytras.

A comezos do século XX, Demetrios Galanis, contemporáneo e amigo de Picasso, conseguiu un amplo recoñecemento en Francia e foi membro vitalicio da Academia Francesa, tralo encomio do crítico André Malraux como un artista capaz «de provocar fortes emocións como Giotto». Xa en pleno século XX, Nikos Engonopoulos conseguiu recoñecemento internacional coas súas concepcións surrealistas en pintura e poesía, ao tempo que Yannis Spyropoulos destacaba como pintor abstracto, mentres que a finais da década dos 60, Dimitris Mytaras e Yiannis Psychopedis asociáronse co realismo crítico europeo.

Grecia continuou a antiga tradición escultórica nas épocas modernista e postmodernista, con colaboradores como o filósofo Costas Axelos e o afamado Constantine Andreou, receptor da Lexión de Honra de Francia.

Cerámica e moedas[editar | editar a fonte]

Detalle dun vaso grego exposto no MAM de Nova York
Artigo principal: Cerámica grega.
Artigo principal: Dracma.

A antiga Grecia foi tamén reputada pola súa cerámica, que incluía tanto formas de vasos de bebida como furnas. A cerámica de figuras negras, en cuxas decoracións aparecen siluetas negras sobre fondo vermello, son moi representativas da temperá artesanía grega. Posteriormente as formas inclúen a cerámica de figuras vermellas e a cerámica de figuras brancas.

Os gregos non consideraban o deseño da moeda como unha forma principal de arte propiamente dita. No entanto, a durabilidade e a abundancia de moedas que deseñaron é unha das máis importantes fontes de coñecemento acerca da estética grega. As moedas foron inventadas en Lida durante o século VII a.C. pero foron os gregos os primeiros que as empregaron amplamente, e quen estableceron un canon do deseño monetario que foi seguido dende entón. Esta forma de arte ten unha particular importancia no estudo da época bizantina. As moedas gregas eran principalmente de bronce.

Cine[editar | editar a fonte]

Cinema Olympion, en Tesalónica (na Macedonia Central, ao norte do país), onde se celebra un importante festival de cine.

A primeira sala de cine apareceu por primeira vez en Grecia en 1897, e o primeiro teatro foi construído en 1907. A primeira produción é de 1914 cando a compañía Asty Filme foi fundada e comezou a producirse longametraxes. Golfo (Γκόλφω), unha tradicional historia de amor, foi a primeira longametraxe, aínda que houbo antes varias producións menores como os noticiarios. O cine grego tivo unha historia axitada, desde momentos de relativo estancamento ata moi memorables producións. Desde a década de 1920 ata finais dos 40 houbo algúns filmes bastante notables, como Έρως και κύματα (dirixida en 1928 por D. Gaziadis), e Aplauso (Χειροκροτήματα) (dirixida en 1944 por G. Tzavelas), e a máis importante é de 1944 na que Katina Paxinou foi premiada co Óscar á mellor actriz secundaria por Por quen dobran as campás.

A idade de ouro do cine grego foi a década dos anos 50 década nas que se produciron ata sesenta filmes ao ano, cunha película como Ronsel, dirixida por Michael Cacoyannis, un dos máis famosos directores. Notables actores e directores deste período foron Alekos Sakelarios, Nikos Tsiforos, Ellie Lambeti, Dinos Iliopoulos e Irene Papas. Cacoyannis, en particular, que dirixiu nos 60 Alexis Zorbas, chegando a gañar tres premios óscar. Dende esta época o cine grego estivo relativamente parado. Sen contar con películas como Loafing and Camoflage (Λούφα και Παραλλαγή), cuxo éxito popular sacou do punto morto usándoa comedia exea. Outros temas políticos foron tocados no cine grego, como a inmigración de Albania aparecendo en 1991 con Μετέωρο βήμα του πελαργού (en inglés: The Suspendede Step of the Stork), dirixida por Theo Angelopoulos.

Máis recentemente, filmes como Politiki kouzina (Un toque de pementa) e a comedia sexual tabú Safe Sex sinalaron a tendencia á alza da calidade do cine grego. Isto pode estar relacionado, en gran parte, cun inigualable período de prosperidade económica en Grecia, a cal conduciu a un incremento das produción cultural en todas as artes, tanto física como visual.

Literatura[editar | editar a fonte]

Grecia ten unha destacable, rica e forte tradición literaria que abrangue uns 2.800 anos. A época clásica é a que máis comunmente se relaciona coa literatura grega, que comeza no ano 800 a.C. e mantén a súa influencia durante o período bizantino, no entanto a influencia do Cristianismo comezou a procrear un novo desenvolvemento da palabra escrita. Moitos elementos da antiga tradición milenaria están reflectidos na moderna literatura grega, incluíndo ás obras dos laureados co Premio Nobel de Literatura, Odysseas Elytis e Giorgos Seferis.

Grecia clásica[editar | editar a fonte]

As primeiras obras da tradición literaria occidental son os poemas épicos de Homero e Hesíodo. A primeira poesía lírica, a representada por poetas como Safo e Píndaro, foi a responsable da definición do xénero lírico como é entendido na actualidade na literatura occidental.

Esopo escribiu as súas Fábulas no século VI a.C. Estas innovacións tiveron unha fonda influencia non só nos poetas romanos, como Virxilio no seu poema épico da fundación de Roma, a Eneida, senón que se estendeu a través de toda Europa.

Na Grecia clásica establécese o nacemento do teatro tal e como o entendemos. Esquilo introduciu as ideas de diálogo e dramatizando as relacións dos personaxes e ao facelo, inventou o drama: o seu Orestíada triloxía de obras é considerada a cima da súa carreira. Outros grandes dramaturgos foron Sófocles e Eurípides. Aristófanes, un escritor de comedias, definiu e desenvolveu o concepto de comedia como forma teatral.

Herodoto e Tucídides son considerados os pioneiros do moderno estudo da historia no campo da procura filosófica, literaria, e científica. Polibio foi o primeiro en introducir no seu estudo o concepto de militar.

A filosofía introduciu literatura cos diálogos de Platón, mentres que o seu discípulo Aristóteles, na súa obra Poética, formulou o primeiro criterio da crítica literaria. Ambas as figuras literarias, no contexto das contribucións da filosofía grega nas épocas clásica e helenística, deron nacemento ao concepto de ciencia política, o estudo da evolución política e a crítica dos sistemas de goberno.

Grecia bizantina[editar | editar a fonte]

Evanxeo bizantino do século XI
Artigo principal: Literatura bizantina.

A expansión do Cristianismo por todo o mundo grecorromano nos séculos IV, V e VI, xunto á Helenización do Imperio Bizantino que se produciu no período, levaría á formación dunha forma literaria única, que combinaba influencias cristiás, gregas, romanas e orientais (como as do imperio persa). Á súa vez, isto permitiu que se desenvolvese a poesía cretense, a sátira poética no Oriente grego, e o xénero histórico, con varios prominentes historiadores como Procopio de Cesarea.

Grecia moderna[editar | editar a fonte]

A moderna literatura grega naceu a partir da revolución grega de 1821 e a subseguinte independencia de Grecia en 1831, e como tal, a literatura grega do período está fortemente influída por temas revolucionarios, aínda que o impacto da literatura grega da ilustración tamén podía ser destacada, ademais da influencia das cancións e novela acríticas do imperio bizantino.

No século XX, a tradición literaria grega moderna abrangue a obra de Constantino Cavafis, considerado unha figura crave da poesía do século XX, conmovedor Giorgos Seferis (cuxas obras e poemas aspiraron a unir a literatura da antiga e moderna Grecia) e Odysseas Elytis, quen gañaron o Premio Nobel de Literatura. Nikos Kazantzakis é tamén unha grande figura, con obras como A última tentación de Cristo e Cristo recrucificado recibindo recoñecemento internacional. Vassilis Vassilikos é cumpridamente traducido.

Educación[editar | editar a fonte]

Universidade Nacional e Kapodistríaca de Atenas

A educación en Grecia é obrigatoria para todos os nenos entre 6 e 15 anos; é dicir, inclúe Primaria (Dimotiko) e o Ensino Secundario Inferior (Gymnasio). A vida dos estudantes na escola, con todo, pode comezar dende a idade de dous anos e medio (preescolar) en institucións (públicas e privadas) chamadas Vrefonipiakoi Paidikoi Stathmi (creches). Nalgúns Vrefonipiakoi Stathmoi hai tamén Nipiaka Tmimata (garderías) que funcionan como a Nipiagogeia (xardín de infancia). Despois de rematar o Gymnasio os estudantes poden continuar co Ensino Secundario Superior (Lykeio).

O nivel educativo público máis alto está dividido entre universidades, "Grandes Institucións Educativas" (Ανώτατα Εκπαιδευτικά Ιδρύματα, Anótata Ekpaideytiká Idrýmata, "ΑΕΙ") e "Grandes Institucións de Formación Tecnolóxica" (Ανώτατα Τεχνολογικά Εκπαιδευτικά Ιδρύματα, Anótata Technologiká Ekpaideytiká Idrýmata, "ATEI"). Os estudantes son admitidos nestes centros de acordo aos seus resultados dunha proba a nivel nacional xusto despois de rematar o terceiro grado de Lykeio. Ademais disto os estudantes maiores de vente e dous anos poden ser admitidos na Universidade Helénica Aberta mediante unha especie de lotaría. A Universidade Nacional e Kapodistríaca de Atenas é a universidade máis antiga do leste mediterráneo.

Deportes[editar | editar a fonte]

Cerimonia de Inauguración dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004

A achega de Grecia aos Xogos Olímpicos foi destacada; dende a antigüidade coa creación dos orixinais Xogos de Olimpia, ata os modernos onde Atenas foi anfitrioa en dúas ocasións (1896 e 2004), ademais de ser tradicional participante desde a súa creación. Nos últimos Xogos Olímpicos de Verán, Grecia obtivo 6 medallas de ouro, 6 de prata e 4 de bronce para un total de 16. O único título mundial que obtivo Grecia foi en fútbol, cando no ano 2004 se coroou como Campioa da Eurocopa, ao derrotar á selección local, Portugal, por 1-0.

Tamén destacan os gregos no baloncesto, onde cultivaron varios éxitos: medalla de ouro no Europeo de 2005 e prata no mundial de Osaka de 2006. No europeo disputado en España, foron privados das medallas por desenvolver un xogo estático, a xuízo dos mestres, aínda que a súa perseveranza en coller os rebotes foi eloxiada polos críticos. O que máis defendeu a actuación de Grecia no Europeo foi o adestrador ruso Mijail Lukewisky. Mijail non é un nome calquera para os afeccionados gregos, foi adestrador da selección Helena durante os anos 1992, 93, 94, 95 e 1996, conseguindo títulos como a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92, ou o cuarto posto no Europeo de Budapest. Lukewisky é unha lenda viva do baloncesto grego. A nivel de clubs os equipos gregos son dos máis punteiros de Europa, destacando o Olympiakos Piraeus, o PAOK Tesalónica, o Panathinaikos ou o AEK Atenas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sir Steven Runciman, Conclusion, The Fall of Constantinople
  2. Encyclopædia Britannica 2006
  3. Finley, M. I. Democracy Ancient and Modern. 2d ed., 1985. London: Hogarth.
  4. History of Philosophy, Volume 1 by Frederick Copleston
  5. Brockett, Oscar G. History of the Theatre. sixth ed., 1991. Boston; London: Allyn and Bacon.
  6. Member States of the EU: Greece
  7. www.oecd.org Organisation for Economic Co-operation and Development
  8. Greece becomes 16th ESA Member State
  9. The Constitution of Greece: Article 1
  10. The Constitution of Greece: Article 30
  11. P.D. Dagtoglou, Individual Rights, I, 21
    * E. Venizelos, The "Acquis" of the Constitutional Revision, 131-132, 165-172
  12. The Constitution of Greece: Article 26
  13. K. Mavrias, Constitutional Law, 477-478
  14. The Constitution of Greece: Article 37
  15. K. Mavrias, Constitutional Law, 477-478, 486-487
  16. The Constitution of Greece: Articles 51, 53
  17. The Constitution of Greece: Article 42
  18. The Constitution of Greece: Article 41
  19. The Constitution of Greece: Article 84
  20. Para unha análise diacrónica do sistema de partidos grego véxase Transformation of the Greek Party System Since 1951 de T. Pappas, 90-114, que distingue tres tipos distintos de sistemas partidarios que se desenvolveron en orde consecutiva, chamados sistema de partido predominante (de 1952 a 1963), sistema de pluralismo polarizado (entre 1963 e 1981), e sistema bipartidista (dende 1981).
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 21,5 21,6 Greece in Numbers National Statistical Service of Greece
  22. Ανακοίνωση προσωρινών αποτελεσμάτων Απογραφής Πληθυσμού 2011, 22 Ιουλίου 2011 (ed.). «'Πίνακας 1: Προσωρινά αποτελέσματα του Μόνιμου Πληθυσμού της Ελλάδος'» (PDF). 
  23. Véxase Ethnologue ([1]); Euromosaic, Le (slavo)macédonien / bulgare en Grèce, L'arvanite / albanais en Grèce, Le valaque/aromoune-aroumane en Grèce, and Mercator-Education: European Network for Regional or Minority Languages and Education, The Turkish language in education in Greece. cf. also P. Trudgill, "Greece and European Turkey: From Religious to Linguistic Identity", in S Barbour, C Carmichael (eds.), Language and nationalism in Europe, Oxford University Press 2000.
  24. Greek Helsinki Monitor, Minority Rights Group, Greece, Report about Compliance with the Principles of the Framework Convention for the Protection of National Minorities (along guidelines for state reports according to Article 25.1 of the Convention) 8 September 1999
  25. Ethnologue, Joseph (1999)
  26. P. Trudgill, "Greece and European Turkey: From Religious to Linguistic Identity", in S Barbour, C Carmichael (eds.), Language and nationalism in Europe, Oxford University Press 2000.
  27. (see The Guardian May 12) Source : Peter Trudgill / Daniel Schreier, Greece and Cyprus / Griechenlandc und Zypern Ammon, Ulrich(Editor). Sociolinguistics. Berlin, , DEU: Mouton de Gruyter (A Division of Walter de Gruyter & Co. KG Publishers), 2006. p 153. Copyright © 2006. Mouton de Gruyter (A Division of Walter de Gruyter & Co. KG Publishers)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Grecia