Novembro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Novembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
2015
Todos os días
Novembro ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do secúlo XV.

Novembro é o undécimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome deriva de ter sido o noveno mes do calendario romano.

En Galicia recibe diferentes denominacións populares: Mes santo, Mes de Santos, Mes morto, Mes dos mortos ou San Martiño.

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Novembro na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

  • Normalmente é cando se realiza a mata ou matanza dos porcos nas aldeas, contra o día de San Martiño.
  • Aínda se fan magostos.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • Por San Andrés, toma o porco polo pé. [1]
  • Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño. [2]
  • Santos e natal, inverno carnal.

Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. San Andrés, 30 de novembro.
  2. Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.