Luns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.


O luns ou segunda feira[1] é o primeiro día da semana. O termo "luns" vén do latín Lunae (dies) ou día da Lúa, e o termo "segunda feira" procede do latín secunda feria (ou feria secunda).

Nomes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Lingua Nome Significado
Alemán Montag Día da Lúa
Búlgaro Понеделник/Ponedelnik O día despois do domingo
Catalán Dilluns Día da Lúa
Checo Pondělí O seguinte ó día de descanso
Chinés Tradicional 星期一/Xīng Qī Yī Un da semana
Español
Lunes Día da Lúa
Eusquera Astelehen Primeiro da semana
Francés
Lundi Día da Lúa
Holandés
Maandag Día da Lúa
Inglés
Monday Día da Lúa
Irlandés De Lúain Día da Lúa
Islandés
Mánudagur Día da Lúa
Italiano
Lunedì Día da Lúa
Noruegués
Mandag Día da Lúa
Quechua
Killa P'unchay Día da Lúa
Polaco
poniedziałek O día despois do Domingo
Portugués
Segunda-feira Segundo día
Romanés Luni Día da Lúa
Ruso
Понедельник/Ponidelnik O Día despois do Domingo
Xaponés
月曜日/Getsuyoubi Día da Lúa

O luns na cultura popular[editar | editar a fonte]

O día indicado para cortarse as uñas é o luns, porque así non se sofre de dores de cabeza ou dores de moas.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • Mozo de luns e bois de sábado non valen un ochavo.
  • O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.
  • O mariñeiro, o domingo, bo zapato e boa media, e o luns pola mañanciña vai descalzo pola area.

Cancioneiro[editar | editar a fonte]

  • Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.
  • Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona.
  • Hoxe é luns, mañán é martes, / cuarta feira logo vén,/ de mañán en oito días/ éche a semana que vén.
  • Hoxe é sábado alegre,/ mañán domingo trunfante,/ pasado é lunes triste / para el pobre trabajante.
  • O mariñeiro o domingo/ bo zapato e boa media,/ o luns pola mañanciña/ vai descalzo pola area.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Feira». Dicionario Real Academia Galega. 

Días da semana:[editar | editar a fonte]

Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo

Palabras relacionadas:[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luns
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de luns
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de segunda feira

Calendario Día Semana Mes Ano