Ramiro de Maeztu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramiro de Maeztu.

Ramiro de Maeztu y Whitney, nado en Vitoria o 4 de maio de 1875 e finado en Madrid o 29 de outubro de 1936, foi un destacado escritor español pertencente á xeración do 98.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de nai inglesa e pai español, pasou a súa xuventude entre París e A Habana iniciándose no xornalismo. Transladouse a Madrid en 1897, iniciando unha importante colaboración con diversos xornais e revistas, como Germinal, El País, Vida Nueva, La España Moderna ou El Socialista, iniciando tamén amizade con varios intelectuais como Azorín ou Pío Baroja. Xunto a eles formou o chamado grupo dos tres, sendo autor destacado da xeración do 98.

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramiro de Maeztu Modificar a ligazón no Wikidata