Xesús Ferro Ruibal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xesús Ferro Ruibal
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Xesús Ferro Ruibal.jpg
Datos persoais
Nacemento 28 de setembro de 1944 (70 anos)
Lugar Rebón, Moraña Galicia Galicia
Falecemento
Lugar
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego
Período {{{período}}}
Debut {{{debut}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Narrativa
Princ. obras {{{obras}}}
Influencias {{{influencias}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón, Moraña, o 28 de setembro de 1944, é lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rematou os estudos de Filoloxía e Teoloxía no Seminario de Santiago de Compostela en 1965, e de Filoloxía Clásica en Roma en 1969. Colaborou na tradución ó galego do Novo Testamento (en 1978) e da Biblia (en 1989), obra esta última pola que recibiu o Premio Nacional de Tradución en 1990.

O 17 de xuño de 1995 foi elixido membro numerario da Real Academia Galega, a proposta de Constantino García González, Carlos Casares Mouriño e Andrés Torres Queiruga, e ingresou o 4 de maio de 1996. Como cabía esperar, o seu discurso de ingreso versou sobre a fraseoloxía: Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre [1], e foi respondido por Carlos Casares.

Desde o ano 2000 dirixe o proxecto de Fraseoloxía Galega do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde edita periodicamente os Cadernos de Fraseoloxía Galega, que xa van polo número 15 (2013).

No 2008 recibiu o Premio Lois Peña Novo [2].

Do 2007 ao 2011 dirixiu e presentou na Televisión de Galicia 470 programas de Ben falado!, microespazo de cinco minutos de duración dedicado á lingua galega.

Foi colaborador no Dicionario da Real Academia Galega.[1]

No persoal, Xesús Ferro está casado e ten dous fillos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Dido e Eneas. Xénese, nacemento e vida de dous personaxes polémicos da Eneida, en Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades, 1983.
  • Refraneiro galego básico, Galaxia, 1987.
  • A Igrexa e a lingua galega, 1988, Consello da Cultura Galega.
  • Latín de onte a hoxe, Xerais, 1989 (en colaboración).
  • Lingua galega e relixión, en Grial 107, 1990, 335-357.
  • Os papiros do Medulio, Contos do Castromil nº 28, 1992.
  • Ferro, Xesús (dir.); Ana Isabel Boullón Agrelo, Xesús Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Xosé María Lema Suárez, Fernando R. Tato Plaza (1992). Ir Indo, ed. Diccionario dos nomes galegos (1ª ed.). Vigo. p. 664. ISBN 84-7680-096-7. 
  • Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 1995 (en colaboración)
  • Notas para unha bibliografía paremiolóxica galega, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4, 2003, 35-58 (en colaboración).
  • Refraneiro do Seminario de Santiago (1947-1958), en Cadernos de Fraseoloxía Galega 4, 2003, 173-343 (en colaboración).
  • Explicitación e implicitación fraseolóxica. Notas galegas, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 6, 2004, 57-80.
  • Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas, en Cadernos de Fraseoloxía Galega 8, 2006, 179-264.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, 2010.
  • O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010, ISBN 978-84-453-4948-9 (en colaboración con Pedro Benavente Jareño) [2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]