Caldea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Caldea é o nome co que se coñeceu na Antigüidade á rexión situada na baixa Mesopotamia, ao establecerse nela os caldeos. Posteriormente esta denominación espallouse a toda a rexión de Babilonia, aínda que correctamente débese chamar Caldea á zona extrema sudoriental da parte meridional da cunca do Éufrates e o Tigris, próximo aos desertos de Arabia. O termo 'caldea' provén do latín Chaldaeus, e este á súa vez do grego antigo Χαλδαῖος, e este, finalmente, do acadio kaldû.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jonas Sufurino (1916). La magia suprema negra, roja e infernal de los caldeos y de los egipcios, Roma. (en castelán)