Lingua inglesa
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
Inglés English |
||
---|---|---|
Pronuncia: | ˈɪŋɡlɪʃ[1] | |
Falado en: | ||
Total de falantes: | 335 millóns (2014)[2][3] Segunda lingua 430 millóns |
|
Posición: | 3 | |
Familia: | Indoeuropea Xermánico Xermano occidental Ingvaeónico Anglofrisio Ánglico Inglés |
|
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | 54 países 21 entidades non soberanas Varias organizacións
|
|
Regulado por: | Non está regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | en | |
ISO 639-2: | eng | |
ISO 639-3: | eng | |
SIL: | 52-ABA | |
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xorde na Inglaterra anglo-saxona e que arestora é unha lingua franca a nivel global [4][5]. É a lingua oficial e principal do Reino Unido, Irlanda, os Estados Unidos, Canadá, Australia, Nova Zelandia e oficial de aproximadamente 60 estados africanos, caribeños, asiáticos e oceánicos. É terceira lingua nativa tras o Mandarín e o Castelá. Entre outras organizacións mundiais, é unha das linguas oficiais da Unión Europea, a da Commonwealth de Nacións e da ONU. O inglés habitualmente apréndese como lingua secundaria e é a lingua na que se publican máis libros e artigos científicos [6] así como a máis usada internacionalmente a nivel comercial.
A lingua inglesa xorde nos reinos Anglo-saxóns de Inglaterra, no que agora é o sueste de Escocia, trala caída do imperio romano no século V. Primeiro pola ampla influencia primeiro do Reino de Gran Bretaña e logo a do Imperio Británico desde o século XVII á metade do século XX, o inglés espallouse por todo o mundo [7][8][9][10]. A chegada da era tecnolóxica dominada pola comunidade americana anglo-parlante [11] fixo que o inglés se asentase como lingua neste eido e agora se empregue como lingua franca en moitas rexións e ámbitos de traballo[12][13].
O inglés xorde da fusión de dialectos próximos, o que agora en conxunto se denomina inglés antigo. Trouxérono consigo os xermanos que asentaron na costa leste de Gran Bretaña (os anglo-saxóns) durante o século V. De feito, o termo inglés procede do termo Anglo,[14] e do seu inicial, nome da rexión, Angeln, o que agora é Schleswig-Holstein. A lingua inglesa estivo tamén influenciada pola lingua nórdica antiga que foi froito da chegada das invasións viquingas dos séculos IX e X.
A conquista normanda de Inglaterra do século XI deu pé a entrada no inglés de normando francés e a vocabulario e convecións ortográficas. Isto fixo que este se asemellara máis ás linguas románicas, malia que o inglés non é unha lingua de orixe latina,[15][16] e agora esta etapa sexa denominada inglés medio. A Grande mudanza vogálica que comezou no sur de Inglaterra no século XV é o evento histórico que fixera do inglés medio que aparecese o inglés moderno.
Ademais da orixe na lingua Anglo-saxona e normando francés, o inglés ten multitude de palabras construídas sobre da base do latín, xa que este foi a lingua franca da Igrexa Cristiá, da élite cultural europea[17] e hoxe é segue presente como fonte para vocabulario técnico e científico.
O vocabulario inglés é extraordinariamente grande. Primeiro, polo vocabulario do inglés moderno, non só consta de moita ortografía complexa e irregular, especialmente de vogais, senón pola asimilación de moitas linguas no seu momento. Segundo, pola ampla asimilación recente de vocabulario de non só linguas europeas senón da multitude de linguas de todo o mundo.
Índice
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
A palabra inglés provén do epónimo Angle, o nome da tribo xermana dos Anglos que tiña a súa orixe na área de Angeln de Jutland, o que agora é Schleswig-Holstein no nordés de Alemaña[18].
Historia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Historia da lingua inglesa.
O inglés xorde dos dialectos xermánicos do Mar do Norte e que chegaron a Inglaterra polos migracións de xermanos de varias partes do que hoxe se coñece como Holanda, Baixa Saxonia e Dinamarca[19]. Enténdese que ata ese momento as poboacións da Britania romana falaban o británico común, unha lingua celta, cunha influencia acrolectal do latín polos 400 anos do colonia romana na Bretaña[20]. Unha das tribos xermanas que chegaron a Bretaña eran os Anglos[21], e dos que xa mesmo Beda entendía que se mudaran completamente a Bretaña[22].
O nome de England (Inglaterra) (procedente de terra Engla[23] ou terra dos Anglos) e English (inglés) (en inglés antigo Englisc[24]) derivan do nome desa tribo, mais os saxóns, xutos, e outras tantas comunidades de xente xermánica das costas de Frisia, Baixa Saxonia, Xutlandia e do sur de Suecia tamén migraron á Bretaña nese período[25][26][27].
Incialmente, o inglés antigo era un grupo diverso de dialectos, que ben reflectía as variadas orixes da inglaterra anglosaxona[28]. Mais o dialecto do Saxón do oeste (o inglés antigo) foi o que prevalece na fala e o que chegou a ser co que primeiro se escribiu un poema nesta lingua: Beowulf.
O inglés antigo transfórmase posteriormente por dúas entradas de poboación invasora. A primeira foron os xermanos do norte, que entran nas illas cando Halfdan Ragnarsson e Ivar o sen ósos comezaron a conquista e colonización das partes do norte das Illas Británicas nos séculos VIII e IX. A segunda colonización deuse polo normando, unha lingua d'oïl, romance e próxima ao francés, e que se introduciu por mor da conquista normanda de Inglaterra do século XI. Isto deu froito ao anglo-normando e logo ao anglo-francés, que introducirían vocabulario no inglés das clases baixas polo seu uso nas cortes e no goberno. Ademais de ampliar o léxico con vocabulario escandinavo e normando, supuxo a simplificación gramatical e unha transformación do inglés nunha lingua mesturada, aberta á recollida de novas palabras doutras linguas.
As derivas que se produciron no inglés trala invasión normanda deron o que agora se coñece como o inglés medio. Os contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer son os textos máis coñecidos desta etapa do inglés. Neste período o latín era dalgún xeito unha lingua franca no eido intelectual europeo, primeiro pola historicidade do latín medieval empregado pola Igrexa Católica e despois polo humanismo renacentista. Por iso, cando non había termo inglés nativo para eles, os novos termos do latín deses eidos introducíanse no inglés.
O Inglés moderno, no que xa se atopan escritas as obras de William Shakespeare[29] e a versión da Biblia de King James Version, emerxe arredor do 1550. Despois de que o Reino Unido se asentase como un poder colonial, o inglés serviu de lingua franca nas colonias do Imperio Británico. Na era post-colonial, as novas nacións, que tiñan multitude de linguas indíxenas instauraron o inglés, xa nelas de uso, como a súa lingua franca para, con iso, evitar as dificultades políticas de convivencia entre pobos e linguas indíxenas. Co crecemento do Imperio Británico, o inglés asentouse como lingua en America do Norte, India, África, Australia e moitas outras rexións. Este paso veríase confirmado tralo asentamento dos Estados Unidos de América como poder a nivel global no século XX.
Lingua franca[editar | editar a fonte]
O inglés é probablemente o terceiro idioma do mundo en número de falantes que o teñen como lingua materna: 340 millóns de persoas, sendo o segundo máis falado, despois do chinés mandarín. Se conta tamén como segunda lingua tería outros 200 millóns de falantes.
O inglés, ao espallar Inglaterra a súa lingua por todo o mundo (Imperio Británico), e ao converterse os Estados Unidos de América na maior potencia económica e militar, converteuse de facto na lingua franca dos nosos días.
A pesar da existencia doutras linguas internacionais e de idiomas como o esperanto ou a interlingua que buscan o emprego dunha lingua máis neutral, o inglés constitúe hoxe en día o principal idioma de comunicación internacional. Isto débese a que unha "civilización" dominante polo regular non adopta outra lingua, senón que, pola contra impón a súa; esta é a razón pola que en moitos dos países europeos fálanse linguas derivadas do latín, por ser esta a lingua oficial do imperio romano.
Esta situación de lingua franca levou a intentos de facilitar a seu uso universal mediante a simplificación de reglas de uso, como o inglés básico ou o inglés simple. Incluso desde o ámbito hispano, hai achegamentos humorísticos como o fromlostiano.
Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]
O inglés sitúase no terceiro ou cuarto lugar na clasificación de linguas máis faladas no mundo (tralo chinés mandarín, o hindi e o castelán). Sobre 377 millóns de persoas téñeno como lingua nai.
Ademais, a lingua inglesa é a segunda lingua máis aprendida no mundo. No século XX converteuse na lingua franca mundial en numerosos ámbitos (comercio, negocios, turismo...), en detrimento do francés.
Status do inglés no mundo:
- Idioma oficial de facto en: Reino Unido e nos Estados Unidos.
- Idioma oficial de iure en: Australia, Bahamas, Barbados, Fidxi, Belize, Botswana, dependencias dos Estados Unidos, dependencias do Reino Unido, Dominica, Ghana, Gambia, Güiana, Illas Salomón, Xamaica, Lesotho, Liberia, Malawi, Mauricio, Nauru, Nixeria, Papúa Nova Guinea, Samoa Americana, Santa Lucía, Saint Kitts e Nevis, Serra Leoa, Suacilandia, Trinidad e Tobago, Granada, San Vicente e as Granadinas, Uganda, Zambia e Cimbabue.
- Idioma cooficial: Bangladesh, Brunei, Canadá, Suráfrica, Irlanda, Israel, Kenya, Kiribati, Camerún, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, Namibia, Nova Zelandia, Chagos, Diego García, Illas Marshall, India, Líbano, Madagascar, Malaisia, Malta, Myanmar (Antes Birmania), Filipinas, Paquistán, Porto Rico (EUA), Seychelles, Sri Lanka, Singapur, Tanzania, Tokelau e Tonga.
- Minorías en: Antillas Neerlandesas, Costa Rica, Guinea Ecuatorial, Honduras, Hong Kong (China), Malaisia, México, Panamá, Pará (Brasil), Perú, Samoa, Suriname, Tuvalu etc.
Hai unha gran cantidade de dialectos do inglés; polo xeral, as diferencias non son tan notables como para que non haxa intercomprensión.
País/Rexión | Falantes nativos | |
---|---|---|
1 | Estados Unidos | 215 423 557 |
· | Unión Europea | 62 400 000 |
2 | Reino Unido | 58 200 000 |
3 | Canadá | 17 694 830 |
4 | Australia | 15 013 965 |
5 | Irlanda | 4 200 000+ (Approx) |
6 | Suráfrica | 3 673 203 |
7 | Nova Zelandia | 3 500 000+ (Approx) |
8 | Singapur | 665.087[30] |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ «English Adjective». Oxfordadvancedlearnersdictionary.com. Consultado o 20 de abril de 2013.
- ↑ «Världens 100 största språk 2010» [The world's 100 largest languages in 2010]. Nationalencyklopedin. 2010. Consultado o 18 abril 2014.
- ↑ Ethnologue
- ↑ Ostler, p. 1-4.
- ↑ Smith, Ross (2005). «Global English: gift or curse?». English Today 21 (2): 56. doi:10.1017/S0266078405002075.
- ↑ David Graddol The Future of English? British Council
- ↑ Ammon, pp. 2245–2247.
- ↑ Schneider, p. 1.
- ↑ Mazrui, p. 21.
- ↑ Howatt, pp. 127–133.
- ↑ Hjarvard, Stig (2004) "The globalization of language: How the media contribute to the spread of English and the emergence of medialects" Trans. Charly Hultén. Nordicom Review. Retrieved 30 December 2014.
- ↑ Crystal, pp. 87–89.
- ↑ Wardhaugh, p. 60.
- ↑ «English – Definition and More from the Free Merriam-Webster Dictionary». Merriam-webster.com. 25 Abril 2007. Consultado o 18 abril do 2014.
- ↑ «Words on the brain: from 1 million years ago?». History of language. Consultado o 18 abril do 2014.
- ↑ Baugh, Albert C. and Cable, Thomas (1978). «Latin Influences on Old English». An excerpt from Foreign Influences on Old English. Consultado o 18 abril do 2014.
- ↑ Daniel Weissbort (2006). "Translation: theory and practice : a historical reader". p.100. Oxford University Press, 2006
- ↑ Harper, Douglas. "english". Online Etymology Dictionary.
- ↑ Blench, R.; Spriggs, Matthew (1999). Archaeology and Language: Correlating Archaeological and Linguistic Hypotheses. Routledge. pp. 285–286. ISBN 978-0-415-11761-6.
- ↑ "The Roman epoch in Britain lasted for 367 years", Information Britain website
- ↑ «Anglik English language resource». Anglik.net. Consultado o 18 de abril do 2014.
- ↑ «Bede's Ecclesiastical History of England | Christian Classics Ethereal Library». Ccel.org. 1 June 2005. Consultado o 2 January 2010.
- ↑ Bosworth, Joseph; Toller, T. Northcote. «Engla land». An Anglo-Saxon Dictionary (Online). Prague: Charles University.
- ↑ Bosworth, Joseph; Toller, T. Northcote. «Englisc». An Anglo-Saxon Dictionary (Online). Prague: Charles University.
- ↑ Collingwood, R. G.; et al (1936). «The English Settlements. The Sources for the period: Angles, Saxons, and Jutes on the Continent». Roman Britain and English Settlements. Oxford, England: Clarendon. pp. 325 et sec. ISBN 0-8196-1160-3.
- ↑ «Linguistics Research Center Texas University». Utexas.edu. 20 February 2009. Consultado o 21 April 2010.
- ↑ «The Germanic Invasions of Western Europe, Calgary University». Ucalgary.ca. Consultado o 21 April 2010.
- ↑ Graddol, David; Leith, Dick and Swann, Joan (1996) English: History, Diversity and Change, New York: Routledge, p. 101, ISBN 0-415-13118-9.
- ↑ Cercignani, Fausto (1981) Shakespeare's Works and Elizabethan Pronunciation, Oxford, Clarendon Press.
- ↑ 2000 Census. Native speakers aged 5 or more
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Dicionario CLUVI Dicionario inglés-galego da Universidade de Vigo
Linguas oficiais da Unión Europea | ||
---|---|---|
Alemán | Búlgaro | Castelán | Checo | Croata | Dinamarqués | Eslovaco | Esloveno Estoniano | Inglés | Finés | Francés | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón Lituano | Maltés | Neerlandés | Polaco | Portugués | Romanés | Sueco |
||
Fonte: Sitio da Unión Europea |
|