San Petersburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Petrogrado")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 59°57′N 30°18′E / 59.950°N 30.300°E / 59.950; 30.300

San Petersburgo
Санкт-Петербург (en ruso)
Flag of Saint Petersburg Russia.svg Coat of Arms of Saint Petersburg (2003).png
SPB Collage 2014-2.jpg
Varias imaxes da cidade.
Situación xeográfica
Rusia (Europa)
San Petersburgo
San Petersburgo
País Flag of Russia.svg Rusia
Distrito Federal: Northwestern
Xeografía
Altitude 3 a 175m msnm
Superficie 1.439 km² km²
Poboación
Poboación 4,879,566 (2010)
Densidade 3,390.94 /km2
Información
Código postal 190000-199406
Alcalde Georgy S. Poltavchenko
Páxina web gov.spb.ru
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
San Petersburgo e mailo río Neva.

San Petersburgo[Cómpre referencia] (en rusoСанкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg"[1][sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)) é unha cidade rusa fundada o 27 de maio de 1703 por Pedro I o Grande na desembocadura do río Neva no Golfo de Finlandia.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de San Petersburgo.

Foi o tsar Pedro I en persoa quen, nun xesto simbólico, colocou a primeira pedra da fortaleza sobre o Neva. A súa intención era a de "europeizar" Rusia, e crear unha corte digna de tan grande imperio, emulando os pazos imperiais de Viena. Os cortesáns foron obrigados a trasladarse á nova cidade. Durante a súa construción morreron miles de servos, incluso os visitantes eran obrigados a colaborar dalgún xeito na construción.

Trala Revolución Bolxevique de 1917, a cidade pasou a denominarse Petrogrado. E trala morte de Lenin, adxudicaríaselle o nome de Leningrado. Tralo colapso da Unión Soviética, volvería ó seu nome orixinal.

Demografía[editar | editar a fonte]

Edificios de apartamentos da era soviética en San Petersburgo.

San Petersburgo é a segunda cidade máis grande de Rusia por detrás da capital, Moscova. Segundo o censo ruso de 2010, a poboación do suxeito federal era de 4.879.566 de habitantes, o que supón o 3.4% da poboación total de Rusia;[2] por riba dos 4.661.219 (3.2% sobre o total) rexistrados no censo de 2002,[3] e por debaixo dos 5.023.506 rexistrados no censo soviético de 1989.[4]

Estatísticas vitais de 2012
  • Nacementos: 62 343 (12,6 por 1000)
  • Mortes: 61 910 (12,5 por 1000) [5]
  • Taxa de fecundidade:

2009 - 1.34 | 2010 - 1.38 | 2011 - 1.38 |[6] 2012 - 1.52(e)

O censo de 2010 rexistrou a seguinte composición étnica na cidade:[2] rusos 80,1%, ucraínos 1,3%, bielorrusos 0,8%, tártaros 0,6%, armenios 0,6%, xudeus 0,5%, uzbecos 0,4%, taxicos 0,3%, acerbaixáns 0,3%, xeorxianos 0,2%, moldavos 0,2%, finlandeses 0,1%, outros – 1,3%. Non se especificou a orixe étnica do 13,4% restante dos habitantes.

Unha manifestación multitudinaria no centro de San Petersburgo.

O século XX viu fortes subidas e baixadas de poboación. Dos 2,4 millóns de 1916 pasouse a menos de 740.000 en 1920 durante a Revolución Rusa e a Guerra Civil Rusa. As minorías de alemáns, polacos, finlandeses, estonianos e letóns foron completamente transferidos de Leningrado durante os anos 1930.[7] Dende 1941 a finais de 1943, a poboación caeu dos 3 millóns a menos de 600.000, xa que moita xente morreu nas batallas, de fame durante o sitio de Leningrado, ou foron evacuadas. Logo do sitio, algúns evacuados regresaron, mais a meirande parte do influxo debeuse á migración dende outras partes da Unión Soviética. A cidade absorbeu en torno a 3 millóns de habitantes nos anos 1950 e medrou ata máis de 5 millóns nos anos 1980. Entre 1991 e 2006 a poboación da cidade diminuiu ata os 4,6 millóns, mentres que a poboación suburbana aumentou a causa da privatización do solo e ao movemento masivo aos suburbios. Segundo o censo de 2010, a poboación actual da cidade é de máis de 4,8 millóns de habitantes.[8][9] A taxa de natalidade continúa a ser menor que a de mortalidade; a xente por riba dos 65 anos constitúe máis do 20 % da poboación e a idade media é duns 40 anos.[10]

A meirande parte da poboación do San Petersburgo urbán vive en apartamentos. Entre 1918 e os anos 1990, o réxime soviético nacionalizou a vivenda e obrigou aos residentes a compartir apartamentos comunitarios (kommunalkas). Co 68% da poboación vivindo en pisos compartidos na década de 1930, Leningrado foi a cidade da URSS co maior número de kommunalkas. O realoxamento dos residentes das kommunalkas estase a levar a cabo, aínda que os apartamentos compartidos aínda son frecuentes. A medida que os novos barrios foron construíndose ás aforas da cidade nas décadas de 1950 e 1980, en torno a medio millón de familias de baixos ingresos recibiron apartamentos libres, e en torno a 100.000 apartamentos máis foron comprados. Mentres que a actividade económica e social concéntrase no centro histórico da cidade, a parta máis rica de San Petersburgo, a meirande parte das persoas viven na área metropolitana. No primeiro semestre de 2007, a taxa de natalidade foi de 9,1 por 1000.[11]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

Segundo a clasificación climática de Köppen, San Petersburgo está clasificada como Dfb, a clima continental húmido. Recibe a influencia moderadora do Mar Báltico con veráns húmidos e temperáns, e invernos longos, secos e fríos.

A temperatura media diaria en xullo é de 23 °C; a temperatura máxima rexistrada foi de 37,1 °C durante a onda de calor no hemisferio norte en 2010. A temperatura mínima rexistrada en inverno foi de -35.9 °C e foi rexistrada en 1883. A temperatura media anual é de 5,8 °C. O río Neva dentro dos límites da cidade conxéase frecuentemente entre novembro ou decembro e desconxéase en abril. De decembro a marzo hai unha media de 118 días nos que a cidade está cuberta de neve, que alcanza un espesor medio de 19 cm en febreiro.[12] O período libre de xeadas na cidade ten unha duración media de 135 días. A cidade ten un clima lixeiramente máis cálido que os seus arredores. As condicións climáticas son moi variables durante todo o anod.[13][14]

A precipitación media anual varía en toda a cidade, promediando os 600 mm ao ano e alcanzando o seu máximo a finais do verán. A humidade do chan é sempre alta debido á baixa evaporación causado polo clima frío. A humidade relativa media é do 78%, e hai de media 165 días nublados ao ano.

Nuvola apps kweather.png Rexistros de San Petersburgo
(1961-1990, récords dende 1775)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima récord (°C) 8,7 10,2 14,9 25,3 30,9 34,6 35,3 37,1 30,4 21,0 12,3 10,9
37,1
Temperatura media máxima (°C) -3,0 -3,0 2,0 9,3 16,0 20,0 23,0 20,8 15,0 8,6 2,0 -1,5
9,1
Temperatura media diaria (°C) -5,5 -5,8 -1,3 5,1 11,3 15,6 18,8 16,9 11,6 6,2 0,1 -3,7
5,8
Temperatura mínima diaria (°C) -8,0 -8,5 -4,2 1,5 7,0 11,7 15,0 13,4 8,8 4,0 -1,8 -6,1
2,7
Temperatura mínima récord (°C) -35,9 -35,2 -29,9 -21,8 -6,6 0,1 4,9 1,3 -3,1 -12,9 -22,2 -34,4
-35,9
Precipitacións (mm) 44 33 37 31 46 71 79 83 64 68 55 51
661
Horas de sol 21,7 53,7 124,0 180,0 260,4 276,0 266,6 213,9 129,0 71,3 24,0 12,4
1.633
Humidade relativa media (%) 86 84 79 69 65 69 71 76 80 83 86 87
78
Fonte: [12]
Hong Kong Observatory


Lugares salientables[editar | editar a fonte]

  • O Hermitage, unha das mellores pinacotecas do mundo.
  • O Pazo de Inverno e a praza. Sede do goberno e lugar dos acontecementos da Revolución Bolxevique.
  • Fortaleza de San Pedro e San Paulo.
  • Catedral de Santo Isaac.
  • Teatro Mariinski
  • Teatro Mussorgski
  • Liceo Pushkin, antiga residencia da tsarina Caterina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo todos os sistemas de transliteración existentes (vexa o artigo romanización do ruso).
  2. 2,0 2,1 Modelo:Ru-pop-ref
  3. Modelo:Ru-pop-ref
  4. Modelo:Ru-pop-ref
  5. Естественное движение населения в разрезе субъектов Российской Федерации
  6. Каталог публикаций::Федеральная служба государственной статистики
  7. Martin, Terry (1998). The Origins of Soviet Ethnic Cleansing. The Journal of Modern History 70.4, 813–861.[Ligazón morta]
  8. Чистякова Н. Третье сокращение численности населения... и последнее? Демоскоп Weekly 163 – 164, August 1–15, 2004.
  9. Russian source: "Encyclopedia of Saint Petersburg" Чистяков А. Ю. Население (обзорная статья). Энциклопедия Санкт-Петербурга
  10. Russian statistics Основные показатели социально-демографической ситуации в Санкт-Петербурге[Ligazón morta]
  11. «В первом полугодии продолжалось умеренное повышение числа рождений». Demoscope.ru. Consultado o January 6, 2009. 
  12. 12,0 12,1 «Pogoda.ru.net» (en Russian). Weather and Climate (Погода и климат). Consultado o March 29, 2013. 
  13. «Climate St. Peterburg - Historical weather records». Tutiempo.net. Consultado o 2012-11-16. 
  14. «Архив погоды в Санкт-Петербурге, Санкт-Петербург». Rp5.ru. Consultado o 2012-11-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: San Petersburgo

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]