Linguas eslavas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Temas indoeuropeos

Linguas indoeuropeas
Albanés · Anatolio · Armenio
Báltico · Céltico · Dacio · Eslavo
Frixio · Grego · Indoiranio · Itálico
Tracio · Tocario · Xermánico
 
Pobos indoeuropeos
Albaneses · Anatolios · Armenios
Bálticos · Celtas · Eslavos
Gregos · Indoarios · Indoiranios
Iranios · Itálicos · Tracios
Tocarios · Xermanos
 
Protoindoeuropeos
Lingua · Relixión · Sociedade
 
Hipóteses Urheimat
Hipótese anatolia · Hipótese armenia
Hipótese india · Hipótese Kurgan · TCP
 
Estudos indoeuropeos

As linguas eslavas son un grupo subgrupo lingüístico das linguas indoeuropeas pertencente ós eslavos, estas linguas fálanse ó longo da Europa do leste, nalgunhas zonas dos Balcáns, Europa central e no norte de Asia.

Grupos[editar | editar a fonte]

Distribución das linguas eslavas na Europa.

Grupo oriental[editar | editar a fonte]

Grupo meridional[editar | editar a fonte]

Grupo occidental[editar | editar a fonte]

A lingua literaria eslava máis antiga é o eslavo eclesiástico antigo, que pervive no eslavo eclesiástico.

Historia[editar | editar a fonte]

Raíces[editar | editar a fonte]

Tódalas linguas eslavas descenden do protoeslavo. A maioría dos lingüistas afirman que o proto-eslavo evolucionou do protobaltoeslavo, antecesor común do protobáltico (da que derivan as linguas bálticas). O proto-balto-eslavo orixinaríase nos territorios que arrodean a actual Lituania arredor do ano -3000. O proceso de separación tivo lugar a finais do II Milenio. Algúns lingüistas, maiormente procedentes dos países bálticos, manteñen que non existiu esta lingua común.

Evolución[editar | editar a fonte]

A imposición do eslavo eclesiástico sobre os eslavos ortodoxos fíxose en detrimento das súas variedades dialectais, as cales se enriqueceron aproveitando o seu vocabulario para os conceptos abstractos. Os autores do Renacemento polaco e o Barroco croata do século XVI, pola contra, empregaron o vernáculo.

Táboa de Baška, século XI, Krk, Croacia

Con esa influencia do eslavo eclesiástico, a literatura eslava gozou de independencia lingüística. Só a tradición literaria croata ten tanta antigüidade como o eslavo eclesiástico. Comezou co Codex Vinodol e continuou no Renacemento ata que o croata se codificou en 1850, aínda que boa parte da literatura entre 1300 e 1500 se escribiu nunha mestura de vernáculo e eslavo eclesiástico semellante ao empregado en Rusia e noutras partes. O monumento antigo máis importante da escrita croata é a táboa de Baška, de finais do século XI. É unha lousa de pedra atopada na pequena igrexa de Santa Lucía na illa croata de Krk; contén texto escrito en čakavian, hoxe en día un dialecto do croata e en escrita glagolítica croata. A independencia de Dubrovnik facilitou a continuidade da tradición. As linguas dos eslavos católicos rozaron a extinción en numerosas ocasións. O texto máis antigo en polaco é do século XIV; con anterioridade, a lingua da administración era o latín. O checo estivo sempre en perigo de ceder diante do alemán, e o sorabo, falado actualmente só na Alemaña por varios miles de persoas. O esloveno, baixo influencia alemá e italiana, limitábase a ser unha lingua rexional falada polos campesiños e só se escribiu coa Reforma Protestante do século XVI.

As influencias estranxeiras máis recentes seguen a mesma tónica xeral nas linguas eslavas que no resto e dependen das relacións políticas dos eslavos. No século XVII, o ruso burgués (delovoi jazyk) absorbeu palabras do alemán a través de contactos directos entre os rusos e comunidades de alemáns asentados na Rusia. Na época de Pedro o Grande, os contactos frecuentes coa Francia introduciron numerosos empréstimos e calcos, moitos dos cales substituíron empréstimos eslavos máis antigos. O ruso, pola súa volta, influenciou a maioría das linguas eslavas durante o século XIX. Os escritores croatas tomaron palabras checas libremente, mentres que os checos, loitando pola supervivencia da súa lingua, tomaron moitas do ruso. A influencia do ruso sobre o búlgaro é moito máis notoria, xa que este tomou moitas palabras rusas para substituír os empréstimos do turco e do grego, de tal maneira que moitas palabras búlgaras manteñen unha estrutura fonética infrecuente no búlgaro ou mesmo nas linguas eslavas meridionais.

Diferenciación das linguas eslavas[editar | editar a fonte]

     Países onde unha linguas eslava occidental é a lingua nacional      Países onde unha lingua eslava oriental é a lingua nacional      Países onde unha lingua eslava meridional é a lingua nacional

O proto-eslavo existiu aproximadamente até mediados do I Milenio a.C. No século VII xa se dividira en zonas dialectais extensas. Non existen teorías satisfactorias acerca da natureza da posterior separación entre eslavo occidental e meridional. Pénsase que o eslavo meridional converxeu nun ruso antigo que perdurou até o século XII. Pénsase que os eslavos meridionais chegaron aos Balcáns en dúas ondas e que entre elas houbo unha poboación grande de válacos.

A diferenciación lingüística viuse favorecida pola dispersión dos pobos eslavos sobre un territorio enorme -que en Europa Central excedía a extensión actual das maiorías eslavo-falantes. Os documentos escritos dos séculos IX, X e XI mostran xa trazos lingüísticos locais.

O movemento de falantes de linguas eslavas cara os Balcáns nos últimos séculos do Imperio Bizantino expandiu a área de fala eslava, mais a lingua escrita pré-existente (o grego) sobreviviu nesta área. A chegada dos húngaros á Panonia no século IX interpuxo falantes de linguas non eslavas entre os eslavos meridionais e occidentais, cortando en consecuencia a conexión entre os eslavos da Croacia Branca (Crobatia, actual Polonia) e Serbia Branca (Pomeria, actual Alemaña) dos eslavos meridionais (croatas e serbios). As conquistas dos francos completaron a separación entre estes dous grupos, cortando tamén a conexión entre os eslavos da Moravia e a Baixa Austria (Moravia) dos das actuais Estiria, Carintia, o distrito de Lienz en Austria e nas provincias da actual Eslovenia, onde os antecesores dos eslovenos se asentaran durante a primeira colonización.

Particularidades lingüísticas[editar | editar a fonte]

A escrita[editar | editar a fonte]

  • As linguas eslavas occidentais escríbense mediante o alfabeto latino arriquecido con diacríticos.
  • As linguas eslavas meridionais escríbense mediante o alfabeto cirílico (serbio - que tamén pode empregar o latino, como sucede en ontenegro), macedonio, búlgaro) ou o alfabeto latino (bosníaco, croata, serbio, esloveno).
  • As linguas eslavas orientais escríbense mediante o alfabeto cirílico.

Unha norma -simplificada- de resumir a situación é pensar que as linguas eslavas dos países ortodoxos empregan o alfabeto cirílico e os demais o alfabeto latino.

Táboa comparativa dalgunhas linguas eslavas[editar | editar a fonte]

Nesta táboa compáranse a escrita dalgunhas palabras destas linguas xunto coa súa tradución ao galego.

Galego Alto Sorbio Baixo Sorbio Polabo Polaco Checo Esloveno Ruso Serbio Croata Ucraína
Home čłowjek cłowjek clawak, clôwak człowiek člověk člôvek человек (čelovék) човек (čovek) čovjek людина (ljudyna)
Noite wječor wjacor vicer wieczór večer večér вечер (véčer) вече (veče) večer вечір (večir)
Irmán bratr bratš brot brat bratr bràt брат (brat) брат (brat) brat брат (brat)
Día dźeń źeń dôn dzień den dán день (djeń) дaн (dan) dan день (deń)
Man ruka ruka ręka ręka ruka rôka рука (ruká) рука (ruka) ruka рука (ruka)
Outono nazyma nazyma prenja zaima, jisin jesień podzim jesén осень (óseń) jeсен (jesen) jesen осінь (osiń)
Neve sneh sněg sneg śnieg sníh snég снег (sneg) снег (sneg) snijeg сніг (snih)
Verán lěćo lěśe let lato léto polétje лето (léto) лето (leto) ljeto літо (lito)
Irmá sotra sotša sestra siostra sestra sêstra сестра (sestrá) сестра (sestra) sestra сестра (sestra)
Peixe ryba ryba ryba ryba ryba ríba рыба (rýba) риба (riba) riba риба (ryba)
Lume woheń wogeń widin ogień oheň ôgənj огонь (ogóń) вaтрa (vatra) vatra вогонь (vohoń)
Auga woda wóda wôda woda voda vôda вода (vodá) вода (voda) voda вода (voda)
Vento wětr wjatš wjôter wiatr vítr vétər ветер (véter) ветaр (vetar) vjetar вітер (viter)
Inverno zyma zyma zaima zima zima zíma зима (zimá) зима (zima) zima зима (zyma)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]