Cheliabinsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 55°09′00″N 61°24′00″E / 55.15000°N 61.40000°E / 55.15000; 61.40000

Teatro da cidade.

Cheliábinsk (en ruso: Челя́бинск) é unha cidade de Rusia, capital administrativa do óblast de Cheliábinsk. A pobación da cidade é duns 1 095 000 habitantes (2005) e foi fundada no 1736. A aglomeración urbana xa alcanzou os 1 330 000 habitantes. Tamén é uns dos principais centros de industrias pesadas de Rusia. Durante a Segunda Guerra Mundial, Stálin decidiu mover unha produción de tanques T-34 e uns foguetes para lugares afastados e así a cidade gañou o apelido de "Tankograd".

A cidade converteuse en famosa o 15 de febreiro de 2013, tras o Meteoro de Cheliábinsk explotar sobre ela, lanzando bolas de lume na dirección da Terra, rompendo xanelas e danando 3000 edificios, causando máis de 1200 feridos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cheliabinsk

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]