Gerhard Herzberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerhard Herzberg
Nobel prize medal.svg
Herzberg,Gerhard 1952 London.jpg
Gerhard Herzberg, Londres 1952
Datos persoais
Nacemento 25 de decembro de 1904
Lugar Hamburgo Alemaña Alemaña
Falecemento 3 de marzo de 1999
Lugar Otava Flag of Canada.svg Canadá
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Flag of Canada.svg Canadá
Nacionalidade alemán
Etnia
Cónxuxe
  • Luise Herzberg neé Oettinger (1929)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Institucións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
  • polos seus traballos sobre a estrutura electrónica e a xeometría das moléculas, en especial dos radicais libres.
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|220px]]

Gerhard Herzberg nado en Hamburgo (Alemaña) o 25 de decembro de 1904 e finado en Otava (Canadá) o 3 de marzo de 1999 foi un físico, químico e profesor universitario canadense, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1971.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou física e química no Instituto Tecnolóxico de Darmstadt, onde se licenciou en 1928 en fisicoquímica. En 1930 realizou o seu doutoramento na Universidade de Göttingen, baixo a supervisión de James Franck e Max Born, e na Universidade de Bristol, baixo a supervisión de John Lennard-Jones.

En 1930 foi nomeado profesor asistente de física no Instituto Tecnolóxico de Darmstadt, cargo que tivo que abandonar en 1935 ante as presións do réxime nazi alemán. Aquel mesmo ano aceptou o cargo de profesor visitante na Universidade de Saskatchewan en Canadá, país onde estableceu a súa residencia. Entre 1945 e 1948 foi profesor na Universidade de Chicago.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Interesado na investigación da espectroscopia molecular, durante a súa estancia en Canadá determinou a estrutura molecular das moléculas diatómicas e poliatómicas, incluíndo hidróxeno triatómico, H3, o hidróxeno molecular protonado, H3+ , e os radicais libres. Tamén realizou estudos sobre o análise química de obxectos astronómicos como as nubes moleculares.[1]

En 1971 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a estrutura electrónica e a xeometría das moléculas, en especial dos radicais libres.[2] Ese mesmo ano tamén recibiu a Medalla Royal da Royal Society de Londres.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Placa conmemorativa no College Building (Saskatchewan).

Na súa honra bautizouse ao asteroide (3316) Herzberg descuberto o 6 de febreiro de 1984 polo astrónomo Edward Bowell.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Stoicheff, B. P. (2003). "Gerhard Herzberg PC CC. 25 December 1904 - 3 March 1999". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 49: 179. [doi:10.1098/rsbm.2003.0011. http://rsbm.royalsocietypublishing.org/content/49/179]
  2. «The Nobel Prize in Chemistry 1971». Nobel Media. Consultado o 2010-12-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Luis Federico Leloir
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1971
Sucesor:
Christian B. Anfinsen,
Stanford Moore
e
William Howard Stein