John Fenn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Bennett Fenn
Nobel prize medal.svg
John B Fenn01.jpg
John Bennett Fenn en 2005
Datos persoais
Nacemento 15 de xuño de 1917
Lugar Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 10 de decembro de 2010
Lugar Richmond, Virxinia
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade estadounidense
Etnia
Cónxuxe
  • Margaret Wilson
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Institucións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|220px]]

John Bennett Fenn, nado o 15 de xuño de 1917 en Nova York e finado o 10 de decembro de 2010 en Richmond, Virxinia[1], foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2002.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou química no Berea College, onde se graduó en 1947. Doctorouse en Química pola Universidade de Yale en 1940, e desde 1952 dedícase á docencia. Entre aquel ano e 1967 foi profesor de química na Universidade de Princeton, e despois foi catedrático de Enxeñería Química na Universidade de Yale entre 1967 ata 1987. Ata o momento da súa morte exercía como enxeñeiro de investigación na Virginia Commonwealth University.

Faleceu o 10 de decembro de 2010 en Richmond, Virxinia, aos 93 anos.

Investigacones científicas[editar | editar a fonte]

En 1988 publicou o método ESI (Electro Spray Ionization), unha nova técnica baseada na espectroscopia de masas que permite detectar e analizar proteínas. Este descubrimento permitiu comprender mellor os procesos vitais e aumentar rapidamente a velocidade coa cal os novos compostos farmacéuticos complexos poderían ser avaluados, conducindo directamente ao desenvolvemento das medicacións para deter o avance do sida (inhibidores de proteasa) desenvolvida na década de 1990.

En 2002 compartiu o premio Nobel de Química, xunto co xaponés Koichi Tanaka e o suízo Kurt Wüthrich, por o desenvolvemento de métodos de identificación e de análise estrutural de macromoléculas biolóxicas que contribuíron a unha mellor comprensión dos procesos vitais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Chemistry Nobel laureate dies in Vai.» (en inglés). 10 de decembro de 2010. Consultado o 11 de decembro de 2010. )

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
William Standish Knowles,
Ryoji Noyori
e
K. Barry Sharpless
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

2002
con
Koichi Tanaka e Kurt Wüthrich
Sucesor:
Peter Agre
e
Roderick MacKinnon