Euro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Euro
Euro symbol black.svg Euro-Banknoten es.jpg
Código: EUR
Ámbito: Flag of Europe.svg Eurozona:
Alemaña Alemaña
Austria Austria
Bélxica Bélxica
Chipre Chipre
Flag of Slovakia.svg Eslovaquia
Flag of Slovenia.svg Eslovenia
España España
Estonia Estonia
Finlandia Finlandia
Francia Francia
Grecia Grecia
Flag of Ireland.svg Irlanda
Italia Italia
Flag of Latvia.svg Letonia
Flag of Lithuania.svgLituania
Flag of Malta.svg Malta
Flag of Luxembourg.svg Luxemburgo
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Flag of Portugal.svg Portugal

Outros estados:
Flag of Andorra.svg Andorra
Flag of the Vatican City.svg Cidade do Vaticano
Flag of Monaco.svg Mónaco
Flag of San Marino.svg San Mariño

Sen carácter oficial:
Kosovo Kosovo
Flag of Montenegro.svg Montenegro
Símbolo:
Fracción: 100 céntimos
Moedas: 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos, 1 e 2 euros
Billetes: 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 euros
Emisor: Banco Central Europeo
Taxa de troco:
1 USD = 0,73 EUR
Troco actual
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

O euro (EUR ou ) (Gl-Euro.ogg pronunciación ) é a moeda empregada na eurozona e algúns outros países fóra da Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.

O euro é administrado polo Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), composto polo Banco Central Europeo (BCE) e os bancos nacionais dos países membros da euro-zona. O Banco Central, situado en Frankfurt, Alemaña, é o único con autoridade para desenvolver a política monetaria.

Historia[editar | editar a fonte]

O acordo polo euro e as condicións de adhesión establecéronse en 1992. O ECU, Unidade Monetaria Europea (European Currency Unit) é o predecesor do euro. O euro foi introducido oficialmente o 1 de xaneiro de 1999, cando deixaron de existir as moedas dos países que se acolleron ao plano da moeda única, a denominada eurozona. Non obstante, debido ao período de fabricación requirido para os novos billetes e moedas, as antigas moedas nacionais, a pesar de perderen a cotización oficial no mercado de divisas, permaneceron como medio de pago até o 1 de xaneiro de 2002, cando foron substituídas por billetes e moedas en euros. Tanto as moedas como os billetes tiveron un período de coexistencia coas outras moedas nacionais até que foron retiradas da circulación. Este período de coexistencia tivo diferentes calendarios nos países que adoptaron o euro. Posteriormente incorporáronse Grecia o 1 de xaneiro de 2001, Eslovenia o 1 de xaneiro de 2007, Malta e Chipre estes dous últimos o 1 e xaneiro de 2008. Eslovaquia incorporouse o 1 de xaneiro de 2009, Letonia en xaneiro 2014 e Lituania fíxoo no 2015.

Dinamarca, o Reino Unido e Suecia non adoptaron a moeda única. Dinamarca rexeitou o euro nun referendo levado a cabo o 28 de setembro de 2000, cunha participación do 86% e onde o 53,1 por cen dos votantes manifestáronse contra a adopción do euro. O referendo sueco do 14 de setembro de 2003, días despois do asasinato da ministra Anna Lindh, impulsora da adopción do euro, resultou un pouco máis do 56% do electorado votando en contra. A cuestión fica así posposta ao menos cinco anos, transcorridos os cales poderase repetir o referendo.

Eurozona[editar | editar a fonte]

A eurozona ou zona euro son os países da Unión Europea que adoptaron o euro como moeda única, mais outros países de fóra da Unión Europea tamén o empregan. Os países da eurozona son:

     Países da Eurozona (19)      Países da ERM II (8)      outros membros da UE (1)      países fóra da UE que adoptaron ó Euro (2)

Unión Europea[editar | editar a fonte]

Europa (non pertencentes á Unión Europea)[editar | editar a fonte]

Mónaco, San Marino e Cidade do Vaticano teñen os seus euros propios coa súa cara nacional. Montenegro e Kosovo (da antiga Iugoslavia), empregaban como moeda o marco alemán, non subscribiron os arranxos legais coa Unión Europea.

Futuras adopcións[editar | editar a fonte]

As datas previstas son as seguintes:

Despois é a evolución económica de cada país a que vai marcando o ritmo real de adaptación.

Símbolo[editar | editar a fonte]

O símbolo do euro () inspírase na letra épsilon (ε) do alfabeto grego. Escolleuse este símbolo como referencia á inicial de Europa, E.

Billetes e Moedas[editar | editar a fonte]

O euro conta con moedas e billetes.

Véxase a Galería de imaxes do euro para observar as diferenzas entre as moedas dos diferentes países

Moedas de Euro[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Moedas de euro.

As moedas de euro teñen un lado común para todos os membros da eurozona e outro distinto para cada país da eurozona. O deseño da cara común das moedas é obra de Luc Luycx, da Real Fábrica de Moedas de Bélxica. Lista das moedas de euro:

Billetes de Euro[editar | editar a fonte]

Os billetes de euro son idénticos para todos os países da eurozona. O deseño dos billetes é de Robert Kalina, do Banco Central de Austria. Lista dos billetes de euro:

Equivalencias[editar | editar a fonte]


Equivalencias Euro/Antigas moedas nacionais
1 Euro (€) Antiga Moeda
13,7603 chelíns austríacos (ATS)
40,3399 francos belgas (BEF)
0,5848 libras chipriotas (CYP)
1,95583 marcos alemáns (DEM)
166,386 pesetas españolas (ESP)
5,94573 marcos fineses (FIM)
6,55957 francos franceses (FRF)
340,750 dracmas gregos (GRD)
0,787564 punts irlandeses (IEP)
1936,27 liras italianas (ITL)
40,3399 francos luxemburgueses (LUF)
0,42735 liras maltesas (MTL)
2,20371 floríns holandeses (NLG)
200,482 escudos portugueses (PTE)
239,640 tólares eslovenos (SIT)
30,1260 coroas eslovacas (SKK)
15,6466 coroas estonias (EEK)
0,702804 lats letonias (LVL)
3,4528 Litas lituana (LTL)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Euro Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]