Copa Mundial de Clubs da FIFA
Fundación | 2000 |
---|---|
Rexión | Mundo |
Equipos | 7 |
Actual campión | SC Corinthians |
Organizador | FIFA |
Sitio web | es.fifa.com |
A Copa Mundial de Clubs da FIFA, máis coñecida como Mundial de Clubs, é a competición de fútbol a nivel de clubs máis importante do mundo. Nela participan os clubs campións das seis confederacións afiliadas á FIFA. O torneo organízase cada ano e reúne aos equipos campións das competicións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC e, a partir da edición de 2007, ao campión do país organizador.
O antecedente directo do torneo foi a Copa Intercontinental, disputada entre os campións da Copa Libertadores de América (en representación de Sudamérica) e a Liga de Campións da UEFA (representando a Europa).
Ata 2011, a Copa Mundial de Clubs da FIFA realizouse en oito ocasións, tendo en conta a edición experimental do ano 2000. O torneo presenta unha forte dominación dos equipos europeos e sudamericanos, sendo os continentes con mais presencias nas finais.
No 2010, pola primeira vez un club de África xogou a final. O Mazembe eliminou o Internacional na semifinal polo marcador de 2-0, perdendo na final 3-0 ante o Inter de Milán.
O país máis gañador é Brasil con 4 títulos, mentres que os clubs máis laureados son o FC Barcelona e o SC Corinthians, vixente campión, con 2 títulos.
Índice
Historial[editar | editar a fonte]
Ano | Sede | Gañador | Resultado | Finalista | Terceiro | Resultado | Cuarto |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | Xapón | SC Corinthians | 1:0 | Chelsea FC | CF Monterrey | 2:0 | Al-Ahly SC |
2011 | Xapón | FC Barcelona | 4:0 | Santos FC | Al-Sadd SC | 0:0 | Kashiwa Reysol |
2010 | Emiratos Árabes Unidos | Inter de Milán | 3:0 | TP Mazembe | SC Internacional | 4:2 | Seongnam Ilhwa |
2009 | Emiratos Árabes Unidos | FC Barcelona | 2:1 | Estudiantes LP | Pohang Steelers | 1:1 | Atlante FC |
2008 | Xapón | Manchester UFC | 1:0 | Liga de Quito | Gamba Osaka | 1:0 | Pachuca CF |
2007 | Xapón | AC Milan | 4:2 | Boca Juniors | Urawa | 2:2 | Étoile du Sahel |
2006 | Xapón | SC Internacional | 1:0 | FC Barcelona | Al-Ahly | 2:1 | Club America |
2005 | Xapón | São Paulo FC | 1:0 | Liverpool FC | Dep Saprissa | 3:2 | Al Ittihad |
2000 | Brasil | SC Corinthians | 0:0 | Vasco da Gama | Necaxa | 1:1 | R Madrid CF |
Palmarés[editar | editar a fonte]
|
|
Equipos españois[editar | editar a fonte]
Equipo | Participacións | Gañador |
---|---|---|
FC Barcelona | 3 | 2 |
Real Madrid | 1 |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Liga de Campións da UEFA
- Copa Libertadores
- Liga de Campións da CAF
- Liga de Campións da AFC
- Liga de Campións da CONCACAF
- Liga de Campións da OFC