Jia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jia
Título orixinal
Autor Ba Jin
Orixe China
Lingua chinés
Tema(s) Autobiografía
Data de pub. 1931-1932
ISBN ISBN

Jia (en chinés: , pinyin: Jiā, Wade-Giles: Chia) é unha novela autobiográfica do autor chinés Ba Jin, cuxo alcume litarario era Li Feigan (1904-2005). A novela é unha crónica do conflito interxeracional entre as vellas formas e as aspiracións progresistas no seo dunha familia de clase alta da cidade de Chengdu, unha próspera pero provinciana cidade de Sichuan a comezos da década de 1920, seguindo o Movemento pola Nova Cultura. A novela foi moi popular entre a xuventude chinesa e estabeleceu ó seu autor como a voz da súa xeración.

Argumento[editar | editar a fonte]

A historia céntrase nos tres irmáns da familia Gao, Juexin, Juemin e Juehui, e os seus conflitos coa autocracia opresiva da súa familia. O idealista e rebelde Juehui, o máis novo dos irmáns, é o protagonista principal, e é a miúdo comparado co seu irmán meirande, Juexin, que ten un carácter feble, accede a tódalas demandas do seu avó e vive apreixoado nunha vida que non quere.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Decker, David. "Chronicle of Revolt: Fate vs. Choice." in: Lin, Phylis Lan, Ko-wang Mei, and Huai-chen Peng (editors). Marriage and the Family in Chinese Societies. University of Indianapolis Press, January 1, 2002. p.235-248. ISBN 1880938014, 9781880938010.
  • Lang, Olga. Pa Chin and His Writings: Chinese Youth Between Two Revolutions. Cambdridge, Mass. Harvard University Press, 1967.
  • Mao, Nathan K. Pa Chin. Boston: Twayne Publishers, 1978.
  • Ru, Yu-ling. The Family Novel: Toward a Generic Definition. Nova York: Peter Lang, 1992.