Cetinje

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista xeral de Cetinje.
Cetinje localízase ao sur de Montenegro.

Cetinje é unha cidade do estado balcánico de Montenegro, que foi historicamente a capital do país, até que despois da Segunda Guerra Mundial foi substituída pola cidade de Podgorica. A súa poboación é de pouco máis de 16.000 habitantes. É a capital do concello homónimo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cetinje está situada nun planalto kárstico a 672 m de altitude no interior sur de Montenegro, rodeado de montañas como o monte Lovcen (1749 m), mais a moi escasa distancia da costa (apenas uns 42 km de Kotor e 30 de Budva), do Lago Shkodrës, o máis importante dos Balcáns, e da capital actual do país (uns 46 km).

Monumentos[editar | editar a fonte]

Dada a súa historia e pese ao seu escaso tamaño urbano, Cetinje conserva algúns importantes monumentos:

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cetinje