Olof Palme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olof Palme.

Sven Olof Joachim Palme, nado en Estocolmo o 30 de xaneiro de 1927 e asasinado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1986, foi un político sueco, líder do Partido Socialdemócrata de Suecia dende 1969. Foi Primeiro Ministro de Suecia entre 1969 e 1976, e reelixido en 1982. Foi asasinado o 28 de febreiro de 1986 mentres aínda exercía o cargo de Primeiro Ministro: disparoulle un descoñecido cando paseaba en compaña da súa esposa tras saír do cine, de ver o filme Bröderna Mozart[1].

Biografía[editar | editar a fonte]

Olof Palme, fillo dunha familia acomodada, chegou ao socialismo por convicción persoal logo de pasar uns anos estudando en Estados Unidos de América.

Como socialdemócrata, Palme ocupou varios postos ministeriais antes de converterse en Primeiro Ministro en 1969. Mantivo puntos de vista controvertidos, criticando aos Estados Unidos na guerra do Vietnam, ás armas nucleares e a política do apartheid en Suráfrica, mentres que defendeu á OLP e a Fidel Castro. Pero ante todo, caracterizábao a súa defensa do pacifismo e o universalismo.

Lugar onde Olof Palme foi asasinado.

Asasinato[editar | editar a fonte]

O seu asasinato, o 28 de febreiro de 1986, segue sen estar resolto, polo que aínda se barallan varias teorías en torno ao feito. En 1988 foi detido en relación ao caso Christer Pettersson un alcohólico e toxicómano sueco que foi absolto por falta de probas. O crime prescribe o 28 de febreiro de 2011, 25 anos despois do asasinato.

Algunhas teorías sinalan que os autores do asasinato puideron ser os servizos secretos da República Surafricana, xa que por aquel entón Olof foi un decidido loitador contra o apartheid ao que estaba sometida a poboación negra do país africano. Outros apuntan que puido ser a CIA ou os servizos secretos ingleses, debido a que o presidente sueco destacou por loitar contra o neoliberalismo (por entón en despegue) que xa estaban executando Ronald Reagan e Margaret Thatcher.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]