Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República de Colombia
Bandeira de Colombia Escudo de Colombia
Bandeira Escudo
Lema: Libertad y orden
Himno nacional: ¡Oh, gloria inmarcesible!
 
COL orthographic (San Andrés and Providencia special).svg
 
Capital
 • Poboación
Bogotá
8 800 000 (2008) 10 000 000 (2010)
Cidade máis poboada Bogotá 10 000 000 Cali 4 000 000 Medellín 3 400 000 Cartagena de Indias 2 000 000
Linguas oficiais
Español
Forma de goberno
Juan Manuel Santos Calderón
Angelino Garzón
Independencia
  Declaración
  Definición
de España
20 de xullo de 1810
7 de agosto de 1819
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 26º
1 141 748 km²
8,8%
6.004 km km
3.208 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 28º
45 960 517 hab
38 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 37º
US$ 202.437 millones2
US$ 10.546 (2010)
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 34º
US$ 340.771 millones2
US$ 8.653 (2008)
IDH (2006) 0.787 (80º) – medio[1]
Moeda Peso Colombiano ($) (COP)
Xentilicio colombiano, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC -5
UTC -5
Dominio de Internet .co
Prefixo telefónico +57
Prefixo radiofónico HJA-HKZ, 5JA-5KZ
Matrícula avións HK e HJ
Matrícula automóbiles CO
Código ISO 170 / COL / CO
Tódolos países do mundo

A República de Colombia[2] é un país situado no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. A costa norte e noroeste está o Mar Caribe, limita continentalmente con: Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó Oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase artigo Historia de Colombia

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Colombia

Os Andes dominan a metade occidental de Colombia, e divídense en tres grandes cordilleiras: a Occidental, a Central e a Oriental. Entre as cordilleiras os ríos Magdalena e Cauca flúen cara ás chairas baixas ó longo da costa caribeña. Hai volcáns nas partes máis altas das cordilleiras, algúns deles activos de cando en vez. O punto máis alto é o Pico Cristobal Colón na Serra Nevada de Santa Marta cunha altura de 5.775 m sobre o nivel do mar.

A parte oriental do país caracterízase polas chairas, en partes densamente arborizadas e con moitos ríos como o Putumayo, o Yapura, Meta e o Guaviare que flúen ó río Orinoco ou ó río Amazonas. Colombia tamén ten varias pequenas illas no océano Atlántico e no Pacífico.

O clima local é quente ó longo de ambas as costas e nas chairas orientais, mentres que as serras e as terras altas poden ser bastante frías. A cidade máis grande de Colombia é a súa capital Bogotá, outras cidades principais son Medellín, Cali, Cartagena, Barranquilla, Ibagué, Manizales, Pasto, Cúcuta, Bucaramanga e Santa Marta.

Rexións Xeográficas Naturais e Culturais de Colombia[editar | editar a fonte]

Os Departamentos Colombianos están á súa vez agrupados nas seguintes rexións xeográficas naturais e culturais:

Mapa das Rexións Xeográficas Naturais
* Andina
* Orinoquia
* Amazónica
* Costa Pacífica
* Insular
* Costa Norte
Mapa de Colombia (regiones naturales).svg

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

Colombia é un Estado Social de Dereito, unha república onde o poder executivo domina a estrutura de goberno. O presidente, elixido xunto co vicepresidente por voto popular durante catro anos, funciona tanto como xefe de estado como a testa do goberno.

O parlamento bicameral de Colombia é o Congreso que está constituído polo Senado, de 102 escanos, elixidos en circunscrición nacional, e pola Cámara de Representantes, de 166 escanos, elixidos en representación proporcional á poboación de cada departamento e do Distrito Capital, 5 deles son elixidos por sectores minoritarios (indíxenas, afrocolombianos, minorías políticas e colombianos no exterior). Os membros de ambas as cámaras son elixidos por voto popular por períodos de catro anos. O sistema xudicial colombiano experimentou reformas significativas na década dos noventa.

Vexa tamén: Lista de presidentes de Colombia

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Colombia divídese político-administrativamente en 32 departamentos e 1 distrito capital(*) que depende administrativamente do departamento de Cundinamarca:

Partidos Politicos[editar | editar a fonte]

Partido Liberal, Partido Conservador,Movemento Obreiro Independente e Revolucionario, Partido Socialista dos Traballadores, Fronte pola Defensa do Folklore Andino Colombiano (PDFAC), Polo Democrático Independente e Alternativo(PDI), Convergencia Cidadana, Novo Liberalismo Ardilista, Nova Forza Democrática,(FILA)Fronte de Esquerda Liberal Autentico,(FLIP) Fronte de Liberalismo Independente de Piedecuesta, Cambio Radical.

Economía[editar | editar a fonte]

Véxase: Economía de Colombia.

Demografía[editar | editar a fonte]

A diversidade étnica en Colombia é o resultado da mestura de amerindios indíxena, colonos españois, e escravos africanos, producindo unha mestura de mestizos (o 48 %), brancos (o 30 %), mulatos (o 14 %), negros (o 4 %), e negro-amerindios (o 3 %). Hoxe, só aproximadamente o 1 % da poboación pode identificarse como totalmente amerindia sobre a base de lingua. A relixión predominante en Colombia é o catolicismo romano.

Colombia é o terceiro país máis poboado en América Latina, despois de Brasil e México. O movemento de poboación rural a áreas urbanas foi moi forte. A poboación urbana medrou do 57 % da poboación total en 1951 a aproximadamente o 74 % en 1994. Trinta cidades teñen unha poboación de 100.000 ou máis habitantes. Os nove departamentos de terras baixas do leste, constituíndo aproximadamente o 54 % da área de Colombia, teñen menos do 3 % da poboación e unha densidade de menos dunha persoa por quilómetro cadrado.

Cultura[editar | editar a fonte]

Literatura[editar | editar a fonte]

Deportes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PNUD (2008). «Human development indices 2008» (PDF). Consultado o 12/02/2009. 
  2. «Constitución Política de Colombia 1991» (PDF) (en español). Consello Nacional de Acreditación. Consultado o 09/05/2008. «Artigo 1º.- Colombia é un Estado social de dereito, organizado en forma de República unitaria, descentralizada, con autonomía das súas entidades territoriais, democrática, participativa e pluralista, fundada no respecto da dignidade humana, no traballo e a solidariedade das persoas que a integran e na prevalencia do interese xeral.» *«Constitución de 1886» (en español). Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Consultado o 24/05/2008. «Artigo 1.- A Nación Colombiana reconstitúese en forma de República unitaria.» 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • PEC - Portada oficial do goberno (En español)
  • Casa de Nariño - Sitio oficial do presidente (En español)



Países do mundo | América do Sur
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Suriname - Uruguai - Venezuela
Países con parte do seu territorio en América do Sur

Francia (Güiana francesa) - Reino Unido (Illas Malvinas)