Kaká

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaká
Kaka06052007.jpg
Kaká co Milan.
Información persoal
Nome completo Ricardo Izecson dos Santos Leite
Nacemento 22 de abril de 1982 (33 anos)
Lugar Gama, Brasil
Altura 1,86 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual AC Milan
Número 22
Carreira xuvenil
1994–2000 São Paulo FC
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2003 São Paulo FC 59 (23)
2003–2009 AC Milan 193 (70)
2009–2013 Real Madrid 85 (23)
2013– AC Milan 30 (10)
2013–2014 São Paulo FC
Selección nacional
2002– Brasil 87 (29)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 26 de maio de 2013.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 2 de setembro de 2013.

Ricardo Izecson Dos Santos Leite, coñecido como Kaká, nado en Gama (Distrito Federal) o 22 de abril de 1982, é un futbolista brasileiro. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o AC Milan.

É a terceira fichaxe máis cara do fútbol, detrás de Cristiano Ronaldo e Zinedine Zidane. De igual xeito, xoga tamén coa selección brasileira. Foi galardoado co FIFA World Player, o Balón de Ouro, e o FIFpro ao mellor xogador do mundo, todos en 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse en São Paulo desde os sete anos. É o irmán maior de Rodrigo Izecson Dos Santos Leite, máis coñecido como Digão. Rodrigo seguiu os pasos do seu irmán e xogou na Serie B, no equipo Rimini Calcio, despois de que fose cedido por un tempo por parte do AC Milan. O seu curmán, Miguel Coneo Dous Santos Leite, tamén futbolista, está xogando nas categorías inferiores do AC Milan.

Kaká, que é membro da Igrexa Evanxélica, sendo un dos Atletas de Cristo, casou con Caroline Celico o 23 de decembro de 2005 en São Paulo.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Supercampión Paulista São Paulo FC Brasil 2002
Serie A AC Milan Italia 2004
Supercopa de Italia AC Milan Italia 2004

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club ou selección País Ano
Copa Mundial de Fútbol Selección de Brasil Brasil 2002
Supercopa de Europa AC Milan Italia 2003
Copa FIFA Confederaciones Selección de Brasil Brasil 2005
Liga de Campións AC Milan Italia 2007
Supercopa de Europa AC Milan Italia 2007
Copa Mundial de Clubs AC Milan Italia 2007
Copa FIFA Confederaciones Selección Brasil Suráfrica 2009

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Xogador do ano na Serie A 2004
Mellor centrocampista europeo 2005
Máximo goleador da Liga de Campións (10 goles) 2007
Mellor dianteiro de Liga de Campións 2007
Mellor xogador do Mundo por FIFPro 2007
Gañador do Balón de Ouro 2007
Xogador máis valioso da Copa Mundial de Clubs 2007
Gañador do FIFA World Player 2007
Gañador do Once de Ouro 2007
Balón de Ouro da Copa FIFA Confederaciones 2009
Marca Leyenda 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kaká