Sunnismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

O islam sunnita (سنّة) é a maior seita do islam, á cal pertencen 85% do total dos musulmáns. Os seguidores da tradición sunnita son os sunnitas (en inglés "Sunnis").

A maioría dos sunnitas acredita que o nome deriva da palabra Sunna que é a forma de conduta do profeta Mahoma. Algúns afirman porén que Sunnita deriva dunha palabra que significa "un camiño moderado" referíndose á idea de que o Sunnismo toma unha posición mais neutral do que aquela que ten sido apercibida como mais extrema dos xiítas e dos caridxitas.

Historia[editar | editar a fonte]

No islam, o desacordo político manifestouse moitas veces no desacordo relixioso. O exemplo mais antigo disto foi que 30 anos despois da morte de Mahoma, a comunidade islámica mergullou nunha guerra civil que deu orixe a tres seitas. Unha causa próxima desta guerra civil foi que os musulmáns do Iraq e do Exipto resentíranse do poder do terceiro califa e dos seus gobernadores; outra causa foron as rivalidades comerciais entre faccións da aristocracia mercantil.

Despois do asasinato do Califa, a guerra estalou entre grupos diferentes, todos eles loitando polo poder. A guerra rematou coa instauración dunha nova dinastía de califas, que gobernaban desde Damasco.

Un dos grupos que xurdiron desta disputa foi o dos sunnitas. Eles téñense como os seguidores da sunna (práctica) do profeta Mahoma tal como fora relatado pelos seus compañeiros (a sahaba). Os sunnitas tamén acreditan que a comunidade islámica (ummah) se manterá unida. Eles desexaban recoñecer a autoridade dos califas, que mantiñan o goberno pola lei por persuasión e pola forza, se fose necesario. Os sunnitas tornáronse a maior seita do islam.

Dous outros grupos mais pequenos xurdiron tamén deste cisma: os xiítas e os caridxitas, tamén coñecidos por "disidentes". Os xiítas acreditaban que o único liderado lexítimo era o que viña da liñaxe do curmán e xenro de Mahoma, Alí. Os xiítas acreditaban que o resto da comunidade cometera un erro grave ao elixir a Abu Bakr e aos seus dous sucesores como líderes.