Calcuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 22°34′01″N 88°22′01″L / 22.567, 88.367

Calcuta
কলকাতা (en bengalí)
20th Century Pre-Independence Calcutta Flag of India.png
Kolkata Imgs.jpg
Situación xeográfica
Calcuta en India
Calcuta
Calcuta
País Flag of India.svg India
Estado Bengala Occidental
Xeografía
Altitude 9 msnm
Superficie 185 km²
Poboación
Poboación 4.486.679 hab. (2011)
Densidade 24.000 hab./km²
Xentilicio calcutense
Información
Código postal 7000 xx, 7001 xx
Alcalde Sovan Chatterjee
Páxina web Páxina oficial
Este artigo amosa letras bengalís. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Calcuta[1][2], de nome oficial Kolkata (কলকাতা), (ata o 1 de xaneiro, de 2001, oficialmente Calcutta), é a capital do estado indio de Bengala Occidental. O seu nome orixinal era Kolikata (en bengalí: কলিকাতা) que aínda se utiliza na literatura culta. É coñecida como "a cidade da ledicia" e "a cidade dos palazos". Tamén se coñece como "Michhil Nagari" (মিছিল নগরী).

No seu día foi a cidade máis poboada da India, aínda que na actualidade é superada por Mumbai. Se se inclúe a súa poboación metropolitana, é unha das dez cidades máis poboadas do mundo, cuns 12 millóns de habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia de Calcuta comeza en 1690, cando existían tres poboados bengalís na beira leste do río Hugli: Sutanuti, Kalicata e Gobindapur. Nese ano Job Charnock da Compañía Británica das Indias Orientais, estableceu un posto comercial na primeira, e pouco despois nas aforas das outras dúas[3]. Entre 1696 e 1706 construíron unha fortaleza (o vello Fort William) en Kalicata[4].

A primitiva Calcuta articulábase desde o forte, onde se protexían a casa do gobernador e os almacéns da Compañía, con dúas rúas principais: unha norte-sur, antiga vía de peregrinación cara ao templo de Kalighat, e unha oeste-leste ou Avenue, partindo do forte con St. Anne nun lado e o Tank no outro (depósito de auga e parque, actual praza BBD Bagh), ata os lagos e pantanos que protexían a cidade polo nacente. En 1742 acometeuse a cava dunha rede de trincheiras por temor a unha invasión [5] , coñecido como Maratha Ditch que rodea o territorio das tres primeiras poboacións. Ata hoxe, estes elementos persisten configurando as liñas mestras do corazón da metrópole: Chowringhee, rúa principal da cidade, Bow Bazar e Circular Road unha vez recheado o foxo (1804) marcando os límites da vella Calcuta.

En 1756 os bengalís atacaron e destruíron o forte e conquistan brevemente a cidade. Despois de reconquistala, a primeira tarefa dos británicos foi erixir un novo forte, desta vez con todas as garantías defensivas. É ó Fort William levantado en Gobindapur entre 1758 e 1781, para o que se desprazou a toda a poboación nativa, (os antepasados de Rabindranath Tagore incluídos), e cun baleiro ó redor de grandes proporcións que chegou ata a actualidade coma o gran parque de Calcuta, o Maidán.

No 1772 a cidade foi designada capital da India Británica, o que marcou o comezo dunha época de crecemento: drenaxe dos terreos pantanosos, área gobernamental entre dúas rúas, Old Court House e Old Council House, paralelas ao río desde o área do vello forte ata a Esplanade (Maidán) coa Casa do Goberno presidindo o enorme baleiro[6]. Este crecemento alcanzou o seu cumio no mandato do gobernador R. Wellesley (1797-1805), cando a capital recibiu o alcume de Cidade de Pazos. Mais Calcuta estruturábase dende o comezo en dúas áreas ben diferenciadas: a White Town, británica, na metade sur (a dos pazos en torno ao Maidán); e a Black Town, nativa, na metade norte, insalubre e pestilente (foron implementadas medidas para a mellora das condicións entre 1814 e 1836)[7].

Fort William en 1828, acuarela de William Wood.
Ponte Howrah.

A partir de 1854, coa construción do ferrocarril e a Grand Trunk Road (Calcuta-Peshawar) na beira oeste do río (en Howrah, unión por pontóns en 1874 e ponte en 1943, a cidade a través do seu porto converteu a todo o norte da India na súa área de influencia [8]. Mesmo o sector indio de Calcuta converteuse nun activo centro de comercio, masificándose aínda máis. O final do século XIX marcou o apoxeo da metrópole coma capital intelectual do subcontinente.

Calcuta en 1945, un importante porto militar da Segunda Guerra Mundial.

Pola contra, o século XX significou a perda progresiva de poder e influencia a consecuencia dos avatares xeopolíticos. En 1912 perdeu a capitalidade da India británica en favor de Delhi e no 1947 a da Bengala oriental en favor de Dacca, que coa súa independencia posterior coma Bangladesh (1971) deu a puntilla a cidade ao lle arrebatar a maior parte da súa área de influencia natural. Ademais supuxo o agravamento dos problemas sociais pola grande afluencia de refuxiados non musulmáns do leste, o que a levou a fama mundial coma cidade da extrema miseria.

Deportes[editar | editar a fonte]

Os deportes máis populares na cidade son o Críquet, coma no resto da India, e o fútbol, sendo o principal polo deste deporte no país.

A federación local, a Indian Football Federation de fútbol fundouse en 1893, antes que a Federación da India, e dixire este deporte en todo o Estado de Bengala Occidental. Na cidade tamén teñen a súa sede os principais equipos do país, o Mohan Bagan Athletic Club, o Mohammaden Sporting Club e o East Bengal Club. A Calcutta Football League é unha das ligas máis antigas de Asia.

Calcuta é a sede do Calcutta Cricket and Football Club, fundado en 1792 é o segundo club de críquet do mundo. Na actualidade tamén é a sede do Kolkata Knight Riders, que compite na Indian Premier League.

En canto a instalacións a cidade conta con numerosos e importantes centros de deporte, coma o Eden Gardens, ún dos dous únicos estadios de críquet do mundo con 100.000 asentos. O Estadio Multiusos Saltlake é o segundo estadio de fútbol do mundo en canto a capacidade[9].

Calcuta tamén marcou fitos da historia do deporte noutros ámbitos, coma co Royal Calcutta Golf Club, primeiro club de golf fora do Reino Unido[10], ou co Calcutta Polo Club, fundado no 1862 e considerado como o club de Polo máis antigo do mundo[11].

Cidadáns destacados[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Nados en Calcuta

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Calcuta
India geo stub.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]