A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña FAEPAC, constitúese o 10 de maio de 2006 coma unha institución sen ánimo de lucro, administrativa e legalmente independente e autónoma. Segundo a Orde do 28 de xullo de 2006 clasifícase como de interese industrial, adscribíndose á Consellería de Innovación e Industria, que terá que exercer o protectorado sobre ela e o 15 de setembro de 2006 declárase de interese galego e ordeáse a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
A Axencia Enerxética Provincial da Coruña forma parte dun consorcio transnacional con tres axencias da enerxía europeas para levar a cabo o proxecto Enerxía Intelixente para Europa IEE onde a Deputación Provincial de A Coruña liderou o nacemento e actúa como coordinadora das axencias ante a Comisión Europea durante os tres primeiros anos:
Popovo (Bulgaria)
Podkarpacka Agencja Energetyczna (Polonia)
Etela-Pohjanmaan Energiatoimisto (Finlandia)
O ámbito xeográfico no que a FAEPAC desenvolve as súas actuacións ao territorio da provincia da Coruña.
A Fundación ten como fin principal a mellora e o aproveitamento dos recursos enerxéticos provinciais, así como a sensibilización das autoridades locais, as empresas e os cidadáns sobre a escaseza de recursos enerxéticos. Ademais, ten as seguintes fins: -Incentivar a difusión do uso racional da enerxía, dos recursos enerxéticos locais e das fontes renovábeis nos sectores de produción de bens e servizos (PEMEs e Industria), en colaboración co INEGA e a administración pública. -Favorecer a diversificación, información e utilización óptima das enerxías renovábeis. -Mellorar a seguridade enerxética. -Promover e manter o aforro enerxético. -Favorecer a integración dos obxectivos enerxéticos nos sectores ambientais e nos sectores produtivos locais, -Protexer o medio natural e reducir o impacto da polución e uso da tecnoloxía. -Reforzar e favorecer a investigación tecnolóxica sobre a enerxía.
O padroado da Fundación é o órgano superior de gobierno. Os seus membros representan as seguintes entidades públicas e privadas:
A fundacion contará con dous órganos complementarios: o Comité Científico e o Comité de Supervisión. As súas tarefas son de apoio e asesoramento ao padroado.
O Presidente da FAEPAC D. Valentín González Formoso, na función de Presidente da Deputación da Coruña.
O Vicepresidente de FAEPAC Dª. Goretti Sanmartín Rei
O cadro de persoal co que conta a Axencia para desenvolver as suas actividades está formado por:
D. Jesús Castro Lozano
Dna. Eva Rios Silveira.
Dna. Mª Rosario Méndez Gil (Técnico de Planificación Enerxética).
D. Jose Manuel Golpe Acuña (Técnico en Enerxías Renovabeis).
A Fundación, para a consecución das súas fins, pode realizar as seguintes actividades:
-Realización de estudos de planificación e programación para estabelecer un plan de actuación enerxética a nivel provincial
-Favorecer a información ao público sobre a enerxía en xeral e formación sobre programas específicos de optimización e racionalización enerxética
-Promover as actividades de certificación e de diagnose enerxética nos edificios e as industrias
-Fomentar a participación dos axentes locais en actuacións destinadas ao uso racional da enerxía
-Fomentar a creación de axencias locais de enerxía
-Fomentar o aforro da enerxía mediante a explotación eficiente dos recursos e do uso de tecnoloxías limpas
-Impulsar a implantación de instalacións de enerxía renovable ao través da investigación e transferencia de coñecementos e experiencias
-Asesoramento tecnolóxico e económico no deseño e realización de estudos e investimentos en instalacións e infraestructura enerxética
-Realización de cantas actividades conexas ou complementarias das anteriores resulten necesarias para a súa maior eficacia