Iemelián Ivánovich Pugachev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iemelián Ivánovich Pugachev
Nome completoЕмельян Иванович Пугачёв
Nacemento1742
Lugar de nacementoPugachyovskaya
Falecemento10 de xaneiro de 1775
Lugar de falecementoMoscova
Causadecapitación
NacionalidadeImperio Ruso
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónrevolucionario, militar e político
CónxuxeUstinya Kuznetsova e Sofia Pugacheva
Na rede
WikiTree: Pugachev-1
editar datos en Wikidata ]
Iemelián Pugachev.

Iemelián Ivánovich Pugachev (en ruso Емелья́н Ива́нович Пугачёв), nado en Moscova en 1712 e finado na mesma cidade o 21 de xaneiro de 1775, foi un líder cosaco que loitou contra os austríacos na Guerra dos Sete Anos (1756 - 1763).

En 1774, desgustado co goberno da tsarina Catalina a Grande de ascendencia xermana, iniciou unha revolución dos cosacos do Don e do baixo Ural, dándose a coñecer como o falecido Pedro o Grande. O levantamento de Pugachev chegou a pór en perigo a estabilidade do goberno imperial. As principais razóns do levantamento segundo parece eran as míseras condicións dos cosacos, que pasaran a un segundo plano social. Obtivo importantes vitorias, xa que a maioría das tropas rusas atopábanse en zona turca, intentando abrir unha saída ao mar polo porto de Azov. A súa vaga revolucionaria chegou a ocupar Kazán e puido ser repelido en Tsaristin. A fin das hostilidades co Imperio Otomán permitiu ás tropas rusas estacionadas no sur repeler o levantamento. Pugachev foi traizoado e executado publicamente en Moscova.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.