Publicidad

La Voz de Galicia

Fecha de hoy: Lunes, 12 de Marzo de 2007

Sección CULTURA Y TV: Saltar al menú
NOTICIAS
HEMEROTECA
ÁLBUMES
CANALES
TECNOLOGÍA
CARTELERA
TV
SERVICIOS

La Voz de Galicia, menú de navegación: Saltar al contenido de la página

Volver CULTURA Y TV , noticia de Edición Impresa


Encabezado de la noticia: Saltar al texto

Os novos xuíces honorarios darán pulo ás tradicións culturais do Couto Mixto

09/07/2006

Carlos Varela García, Alfonso Sobrado Palomares e Sergio Álvarez Álvarez son os nomeados

O acto celebrouse na igrexa cabeceira do pequeno territorio independente ata 1864

Enviar noticia Imprimir noticia


Texto de la noticia: Saltar a destacados
Autor de la imagen: SANTI M. AMIL
(Firma: Jesús Manuel García | Lugar: ourense)
Publicidad:

Hai no sur de Ourense tres pobos, Santiago, Rubiás e Meaus, pertencentes aos concellos de Baltar e Calvos de Randín, pero que desde o século XII ata 1864 formaron o que aínda hoxe se chama o Couto Mixto, que foi un territorio de carácter político-administrativo complexo no que os seus habitantes podían escoller a nacionalidade española, portuguesa ou ningunha. O Couto Mixto dependía da Casa de Braganza, logo tamén da de Monterrei e do Bispado de Ourense, no relixioso. Ademais de escoller nacionalidade, tiñan dereito de asilo e exención de aportar homes ao Exército.

O Couto Mixto contaba con autogoberno democrático e os seus cidadáns non participaban nos plebiscitos de España nin de Portugal. Tampouco pagaban impostos a estes reinos e disfrutaban do dereito ao libre comercio. Non empregaban papel oficial nin cédulas persoais, tiñan liberdade de cultivos, podían mercar e vender nas feiras galegas e lusas, e contaban co Camiño Privilexiado ata Tourém, fóra da influencia dos dous países.

Todo aquilo veuse abaixo co Tratado de Lisboa de 1864. Gobernaba o Coto Mixto un xuíz por tres anos auxiliado por seis homes de acordo, dous por cada parroquia. O xuíz era a máxima autoridade do lugar. As reunións gobernativas facíanse no adro da igrexa de Santiago, onde onte se celebrou o acto de nomeamento de tres xuíces honorarios pola Asociación dos Amigos do Couto Mixto. A súa responsabilidade é promocionar a tradición cultural rica dunha república esquecida que hoxe podería ser outra Andorra.

Atributos

Son novos xuíces honorarios Carlos Varela García, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; Alfonso Sobrado Palomares, director da Casa de Galicia en Madrid, e Sergio Álvarez Álvarez, home de acordo do Couto Mixto. Cada un recibiu unha réplica das chaves coas que se abre o arcón que custodiaba os documentos do Couto na igrexa de Santiago ata que foron queimados polas tropas francesas de Soult.

O arcón ten que ser aberto por tres homes de acordo. Tamén recibiron un diploma e o bastón de xuíz. Un gaiteiro recibiu aos nomeados co Hino do Antigo Reino de Galicia e o guitarrista Tomás Camacho tocou tres pezas.

«Para min este nomeamento é unha grande honra, pola conmemoración da tradición deste Couto Mixto que se remonta ao século XII época na que as fronteiras estaban esvaídas e que tiña unha serie de privilexios», sinalou Carlos Varela.

Alfonso Sobrado Palomares, veciño do Couto, lembrou o recordo infantil de escoitarlles a uns amigos de seu pai que o Couto non seguiu sendo principado «porque non tiñan cartos para manter un príncipe».

Sergio Álvarez agradeceu emocionado o nomeamento ante unha igrexa ateigada de público chegado de toda Galicia. Os discursos foron introducidos no arcón, pechado e retirado á sancristía entre aplausos. Asistiron representantes dos Gobernos central e galego.

O vindeiro ano reeditarase a Historieta del Coto Mixto , obra de Delfín Modesto Brandón, no ano 1907, que foi un dos últimos xuíces gobernantes deste territorio. E o alcalde de Andorra la Vella amosou o seu interese en visitar esta república dos soños.


La Voz de Galicia, enlaces destacados de CULTURA Y TV: Saltar
Publicidad

Última hora

: ventana de última hora :
Son de estrelas
Son de Estrelas
Seleccionados
Álbum I | Álbum II | Álbum III

Premios Goya

Grafico

Cine

Estrenos
Estrenos
Entrevista

Naomi Watts

Los tráileres
+cartelera
Arte

Exposiciones

Álbumes

Álbumes + álbumes
Publicidad

Turgalicia

tema destacado
Campaña

Galicia sí que es única

Televisión digital

TDT

La Voz de Galicia, pie de página de CULTURA Y TV: volver a la cabecera
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)
Auditado por OJD
LA VOZ DE GALICIA,S.A. se reserva todos los derechos como autor colectivo de este periódico y, al amparo del art. 32.1 de la Ley de Propiedad Intelectual, expresamente se opone a la consideración como citas de las reproducciones periódicas efectuadas en forma de reseñas o revista de prensa. Sin la previa autorización por escrito de la sociedad editora, esta publicación no puede ser, ni en todo ni en parte, reproducida, distribuida,comunicada públicamente, registrada o transmitida por un sistema de recuperación de información, ni tratada o explotada por ningún medio o sistema, sea mecánico, fotoquímico, electrónico, magnético, electro óptico, de fotocopia o cualquier otro en general.
 
RM de A Coruña en el Tomo 2.438 del Archivo, Sección General, al folio 92, hoja C-2141.
CIF: A 15000649
Sitio comercializado por CanalVoz para publicidad local recuso Sitio comercializado por Loco CMVOCENTO para publicidad nacional

La Voz de Galicia, fin de página de CULTURA Y TV: volver a la cabecera