Editorial Galaxia
SUBSCRÍBETE | CONTACTO | MAPA WEB
BUSCAR: 
A Editorial
Autores
Catálogo
Novidades
Lectores
Ensinantes
Ligazóns
Axenda




Merlin e familia

Travesias

Galicia. Celula de universalidade


Manuel Rivas

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un dos escritores máis destacados no actual panorama das letras galegas. É autor dunha obra literaria que abrangue títulos como os poemarios Libro do Antroido (1981), Balada nas praias do oeste (1985), Mohicana (1986), Ningún cisne (1989), Costa da Morte blues (1995), O pobo da noite (1997) e as obras narrativas Un millón de vacas (1989), Os comedores de patacas (1991), En salvaxe compaña (1994), ¿Que me queres, amor? (Editorial Galaxia, 1996) e O lapis do carpinteiro (1998). Rivas é tamén un dos representantes máis salientables do xornalismo galego de hoxe. Colaborador habitual do diario El País, dirixe a revista Luzes de Galiza e publicou libros como Galicia, el bonsai atlántico (1990) e Toxos e flores (1993).

Manuel Rivas é un exemplo de escritor que consegue o aprezo dos seus lectores e da crítica, o que o converte nunha figura literaria popular e recoñecida. Este recoñecemento traspasa as fronteiras de Galicia para ser estimado como como un dos creadores máis importantes de todo o estado na actualidade. A súa obra narrativa está escrita orixinalmente en galego, e xa foi traducida a un importante número de linguas.

A dureza tenra das súas historias e a prosa lírica dotada de gran comprensión polos personaxes son elementos claves no seu estilo. Os seus libros resultaron atractivos ó mundo do cine. Así, algúns contos de ¿Qué me queres amor? foron adaptados á gran pantalla con moito éxito. Tamén a novela O lapis do carpinteiro coñeceu adaptación cinematográfica.

Os primeiros libros que publicou Rivas foron como poeta. En 1979 apareceu Libro do Entroido, ó que seguiron Anisia e outras sombras, en colaboración con Xavier Seoane, Balada nas praias do Oeste, Mohicania, Ningún cisne, Premio Leliadoura 1989 e Costa da morte, blues. A súa obra poética está recollida nos libros O pobo da noite (1996) e Do coñecido ao descoñecido (Obra poética 1980-2003) (2003).

Publicou tamén numerosos libros que se atopan entre o ensaio e o texto xornalístico, como Galicia, el bonsai atlántico, No mellor país do mundo, Toxos e flores, El periodismo es un cuento[(i] e Galicia, Galicia.

A súa obra narrativa está composta por libros de relatos e novelas. A Todo ben (1985) seguiuno Un millón de vacas, co que en 1990 obtivo o Premio da Crítica Española. En 1991 apareceu Os comedores de patacas e en 1994 a novela En salvaxe compaña, que obtivo o Premio da Crítica de Galicia. A aparición do libro de relatos ¿Qué me queres amor? supuxo un salto no seu recoñecemento polo público. Este libro recibiu o Premio Torrente Ballester de Narrativa e o Premio Nacional de Narrativa 1996. Seguírono O lapis do carpinteiro (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega e Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Ela, maldita alma (1999), A man dos paíños (2000) e Contos de nadal (2003).

 

© EDITORIAL GALAXIA, 2006. Aviso legal