Estudo crítico da FAQ do reintegracionismo (1ª parte)

21/Setembro/2008

Os amigos da Gentalha do Pichel publicaron recentemente unha FAQ (para entendérmonos, unha guía coas preguntas máis frecuentes) sobre o reintegracionismo. Para comezar, hei de dicir que me parece moi ben que se dediquen a explicar dun modo didáctico de que vai a cena esta de ser reintegrata, pero, claro, como todo movemento importante, tamén merece unha revisión crítica. A FAQ é longa e profusa, así que irei analizándoa pasiño a pasiño. A ver se non queda nada no tinteiro…

1) Que é o reintegracionismo?

Moi boa pregunta. Os da Gentalha recorren a unhas cantas definicións de wikipedia, de blogs, de autores salientables, que se resumen nunha idea: “estabelecer para a língua escrita umha norma semelhante à das restantes comunidades lusófonas e a de normalizar relaçons com aquelas comunidades que partilham a nossa língua“. Vista esta definición, o alema sería medio reintegrata porque apoia claramente a normalización das relacións coa lusofonía (de feito, é algo que tamén apoian moitas institucións galegas e portuguesas), pero non… hai unha segunda parte: o que se pretende é “establecer unha norma semellante”… e non sigo porque aparece a palabra máxica: “unha”. Ese é o gran problema de reintegracionismo: que non ofrece unha, senón varias posibles normas escritas, coa confusión que isto xera.

Hai reintegratas que escriben “umha“, “uma” e ata “ũa“, “relaçons” ou “relações“… e iso por poñer só exemplos que aparecen na frase que define o reintegracionismo. Polo tanto, é falso que o reintegracionismo poida establecer unha norma porque hai xa varias normas a gusto do consumidor… desde as máis supostamente galegas (umha, relaçons) ata as máis portuguesas (relações, uma). Coido que isto habería que deixalo claro na FAQ. “Neniño, ti faite reintegrata, pero que saibas que aquí non che ofrecemos unha norma, senón varias e en función do teu grao de reintegracionismo”. Por certo: para min o reintegracionismo gañará credibilidade cando ofreza iso: unha norma e non un freestyle lusófono.

2) Lusismo é a mesma cousa que reintegracionismo?

Os da Gentalha en esencia din que si, e que “lusismo” é un termo que os defensores dunha lingua autónoma aplican de forma despectiva para referirse aos reintegracionistas. E é curioso que aquí os da Gentalha non recorren á wikipedia, que claramente dá outra versión distinta:

“Enténdese que reintegracionismo é unha posición que pretende ter un achegamento progresivo, en canto lusismo directamente adoptaría a escrita do portugués do Acordo Ortográfico do ano 1990 para representar tamén a oralidade galega, como tamén sucede co resto das oralidades lusófonas”.

E eu xuro que iso era o que tiña entendido: os reintegratas son se cadra máis “moderados” (achegamento progresivo) ca os lusistas, que defenderían unha norma idéntica para o galego e para o portugués. De feito, destacados lusistas definen as normas da AGAL coma un “portunhol 2″, tal e como se recolle neste artigo.

Polo tanto, que eu saiba, reintegracionismo e lusismo non son a mesma cousa. O que pasa é que aos reintegratas e aos lusistas lles interesa aparecer como movemento unido de cara á galería, o cal ten a súa lóxica, claro. O importante é atraer clientela.

3) Porque às vezes soa tam pouco natural a vossa maneira de falar?

Con esta pregunta da FAQ, sae o lado máis tenro e sincero dalgúns reintegratas. Porque recoñecen que moitos deles teñen orixe urbana, e ata admiten que falan con “sotaque espanhol. Para min isto xa é un paso de xigante. Eles mesmos admiten que teñen acento español, que falan un galego urbano… O malo é que se odian a si mesmos por iso e pretenden que os demais tamén o fagan. Aí é onde máis discrepamos, obviously.

Logo descobren a pólvora porque aseguran que din “parafuso” e “orçamento” ou “diferença” e “serviço” cando o galego normativo actual xa recolle esas formas (aínda que grafadas con xeito, claro: parafuso, orzamento, diferenza, servizo, etc.). O que non explican é como pronuncian esas palabras, se recorren ao seseo ou non (porque sobre iso tampouco hai unanimidade dentro reintegracionismo).

Din tamén na FAQ que “na oralidade o normal é que as diferenças [co galego estándar] sejam poucas“. E eu digo: adepende ou aseghún. Un día habemos facer un concurso con varios audios para determinar quen fala e quen non fala en reintegrata. Seguro que todos acertamos nun 100%. Unha persoa que fala en verdadeiro reintegrata nunca pode pasar por galegofalante normal, por moito que digan que “respectan a oralidade”.

4) A única preocupaçom do reintegracionismo é a ortografía?

E eles din “non”, un “nom/não” rotundo. E eu non o sería tanto… tan rotundo, quero dicir. Non só están preocupados pola ortografía ata niveis a veces abafantes, senón que en xeral unha das súas obsesións é eliminar calquera trazo, por pequeno que sexa, da lingua castelá dentro da lingua galega. Están obsesionados co español en todos os aspectos, e iso failles cualificar a todo o que non sexa lusófono como “españolista”. Teñen o costume de ver as cousas como un branco/negro, e non entenden a influencia que poden ter unhas linguas sobre as outras. Non entenden que o noso afastamento do portugués é unha cuestión histórica, que a nosa lingua evolucionou doutra forma… e si, en ocasións por influencia do castelán. E que? Como imos reescribir oito séculos de historia? Por que imos renegar do legado dos nosos antepasados, todo eles sometidos e “deturpados”?

A teima dos reintegracionistas pola ortografía chega a niveis de esperpento en numerosas ocasións, cando renegan a palabras perfectamente asentadas no noso idioma e que non son iguais ca as portuguesas. A definición e o (ab)uso da palabra “castrapo” por parte dos reintegracionistas tamén debería aparecer na FAQ. É unha pena.

Ah! E como xa expresei noutras ocasións. Non dubido do traballo sobre a normalización do idioma que fai o reintegracionismo. O que sucede é que tamén considero que o seu labor pode ser contraproducente na normalización. A xente escapa do que non lle parece propio (neste caso, o portugués) e penaliza as loitas pola norma, que fan da nosa lingua unha carallada, francamente. As linguas tamén son para os non-militantes.

5) O reintegracionismo é umha moda dos últimos anos ou tem tradiçom histórica?

E aquí poñen unha restra de frases sacadas de contexto por parte de notables escritores galegos (Pintos, Murguía, Castelao, Cunqueiro, Risco…). Iso si, todos retranscritos a norma reintegrata, incluídos nomes e apelidos (Antom Vilar-Ponte, Joam-Vicente Biqueira…). Todo para demostrar que Rosalía, Castelao, etc. en realidade eran reintegratas! Eles, claro, obviamente non poden retrucar porque xa están mortos, pero seguro que hoxe en día fliparían con toda esta movida reintegrata se vivisen (suxiro unha sesión de oui-ja con Castelao inmediatamente!).

O que non conta a FAQ é que o reintegracionismo considera a súa obra “castrapo”, porque todos eses escritores escribían seguindo a “norma castelhana. A FAQ tampouco cita que a maioría dos escritores galegos contemporáneos, en plena liberdade para escoller o que lles apeteza, non opta polo reintegracionismo e si pola norma da RAG. E por que? Os reintegracionistas adoitan dicir que é porque son uns “vendidos”.

En fin, a FAQ ten máis apartados que iremos analizando nos próximos días. En xeral, o documento está simpático pero, como se pode ver, fáltalle mostrar a outra cara da moeda para que a xente estea verdadeiramente informada. E non só “vender” as excelencias do produto. (To be continued).

Artigo gardado en: lingua, reintegratas

11 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. crítica  |  21/Setembro/2008 at 1:09

    - Eles mesmos admiten que teñen acento español, que falan un galego urbano… O malo é que se odian a si mesmos por iso e pretenden que os demais tamén o fagan. —- De pena que pense vostede isto.
    - o reintegracionismo considera a súa obra “castrapo”, porque todos eses escritores escribían seguindo a “norma castelhana“.—– quere vostede dar a entender que renegan do pasado e insultan ás grandes figuras do rexurdimento, de pena de novo señor alema malo.

  • 2. alema  |  21/Setembro/2008 at 1:15

    #1

    - o que admiten que teñen acento español e que falan galego urbano vén na FAQ… o outro é interpretación miña en función do belixerantes que son contra o que eles mesmos falan!

    - os reintegracionistas consideran “norma castelhana” a actual normativa oficial, baseada en gran parte no legado deses escritores… daquela, é falso o que digo?

  • 3. alema  |  21/Setembro/2008 at 1:26

    #2 e engado unha pregunta ao aire:

    é unha falta de respecto adaptar á norma reintegrata textos literarios orixinais escritos en galego?

    eu digo que si

  • 4. lurinha  |  21/Setembro/2008 at 9:32

    Em primeiro lugar, agradecida por me explicar dumha vez o que era umha FAQ, que vou boa de o ver nas páginas da rede, e ainda não sabia o que era.
    Puto inglês. É como o espanhol. Invasor de territórios linguísticos. Tou até o curuto do inglês e a sua ubicuidade prepotente.
    Aparte do dito, não tenho muito para dizer, porque não som linguista.
    Esso sim. Quando haja umha norma comum, alá vou eu. Esso sim, sem perder as minhas palavras da memória que som auténticas: lume, tolo…Mentras tanto, faço como as crianças, que vão ensaiando várias maneiras de falar. Eu de escrever. A ver qual queda mais auténtica.
    Emquanto se fixe umha norma única de grafar o galego com suas grafias auténticas, terei que ir polo caminho aberto.
    O que nom vai acontecer, é que volva às grafias espanholas. Ainda que seja eu a única pessoa em toda a Galiza. A mim o do rebanho por comodidade, não me vai.

  • 5. Scaaveiro  |  21/Setembro/2008 at 20:11

    Ia responder, mas quando vi o de “falar en reintegrata” te renucié.

  • 6. maria pena  |  21/Setembro/2008 at 20:32

    na próxima entrega critica o faq da gentalha, porque nesta te dedicaches só a contextualizalo noutras opinións reintegracionistas (Rosalía? Onde se fala de Rosalía? Odiar ter ’sotaque’ español? Eu non lin iso por ningures). Non uses o faq para falar das tuas teimas… e digoo porque eu estou realmente interesada no que opinas sobre o faq pero da a impresión de que non tes moito que dicir.

  • 7. alema  |  21/Setembro/2008 at 20:58

    #5 e logo non existe a lingua reintegrata? :D eu cría que si :D

  • 8. Gerardinho2000  |  21/Setembro/2008 at 21:40

    Eu sou reintegrata e não falo galego urbano XD

    #7 Existe a língua galega “reintegrada”, em contraposição com a “isolada “:D

    Ia-che fazer uma contra-crítica em excesso longa, assim que deixo-a para essa cousa chamada blogue ;)

  • 9. :: madeira de uz | Críti…  |  22/Setembro/2008 at 1:08

    [...] amigo Alema acaba de publicar no seu blogue a primeira parte de um estudo crítico às FAQ do reintegracionismo que recentemente publicou a Gentalha do Pichel. [...]

  • 10. one2  |  22/Setembro/2008 at 1:52

    Hai reintegratas que escriben “umha“, “uma” e ata “ũa“, “relaçons” ou “relações“… e iso por poñer só exemplos que aparecen na frase que define o reintegracionismo. Polo tanto, é falso que o reintegracionismo poida establecer unha norma porque hai xa varias normas a gusto do consumidor… desde as máis supostamente galegas (umha, relaçons) ata as máis portuguesas (relações, uma). “Neniño, ti faite reintegrata, pero que saibas que aquí non che ofrecemos unha norma, senón varias e en función do teu grao de reintegracionismo”. Por certo: para min o reintegracionismo gañará credibilidade cando ofreza iso: unha norma e non un freestyle lusófono.

    hahaha se algo sodes os isolinos é incoerentes… por escrever «umha» ou «ũa» («uma» nom o considero reintegrata), «relaçons» ou «relações» já hai várias normas?? Daquela, cantas normas tem o ilg-rag? Hai quem escreve «posible» ou «posíbel», «librería» ou «libraría», com segunda forma do artigo ou sem ela, «gracias» (palavra defendida mesmo polos da rag) e «grazas» etc. Isto si que é freestyle espanholeiro. “Neniño, ti faite isolino, pero que saibas que aquí non che ofrecemos unha norma, senón varias e en función do teu grao de españolismo”.

    Tenho que che dar a razom no tema do lusimo e reintegracionismo, ainda que si é certo que hai quem o aplica de forma despectiva referindo-se òs reintegracionistas. Eu considero lusista quem simplesmente escreve em português sem os traços galegos (uma, coisa etc.) ou usando sempre o vocabulário português (se calhar, comboio etc.). Isto é o que eu penso :p hai quem nom opina o mesmo.
    O único ponto do FAQ com que nom estou d’acordo.

    Porque recoñecen que moitos deles teñen orixe urbana, e ata admiten que falan con “sotaque espanhol“. Para min isto xa é un paso de xigante. Eles mesmos admiten que teñen acento español, que falan un galego urbano… O malo é que se odian a si mesmos por iso e pretenden que os demais tamén o fagan. Aí é onde máis discrepamos, obviously.

    Pois si, um grande passo, deveriades aprender vós e fazer auto-crítica. Que hai quem pensa que por falar galego desde a nacença já sabe falar um galego perfeito, cando o único que fala é ũa língua ateigada de castelanismos. O do ódio é ũa fumada tua, sem comentários…

    Logo descobren a pólvora porque aseguran que din “parafuso” e “orçamento” ou “diferença” e “serviço” cando o galego normativo actual xa recolle esas formas (aínda que grafadas con xeito, claro: parafuso, orzamento, diferenza, servizo, etc.).

    Podes estar certo de que prà meirande parte dos galegos essas palavras nom som nada naturais. É tam pouco natural o jeito de falar dos reintegratas como o dos isolinos. Poida que «cançom» soe raro a alguém nom afeito, mais «columna», «fideo» e «cae» nom ficam atrás.

    Din tamén na FAQ que “na oralidade o normal é que as diferenças [co galego estándar] sejam poucas“.

    De galego estándar nada, galego da rua. E à parte da terminaçom -çom duvido que atopes moitas máis.

    Non só están preocupados pola ortografía ata niveis a veces abafantes, senón que en xeral unha das súas obsesións é eliminar calquera trazo, por pequeno que sexa, da lingua castelá dentro da lingua galega.

    Se isso fosse certo, o isolacionismo está obcecado em que nom se elimine traço castelám nengum do galego, por pequeno que seja.

    Eles, claro, obviamente non poden retrucar porque xa están mortos, pero seguro que hoxe en día fliparían con toda esta movida reintegrata se vivisen

    E menos mal que nom conhecem a normativa atual isolina, sofreriam demasiado.

    O que non conta a FAQ é que o reintegracionismo considera a súa obra “castrapo”, porque todos eses escritores escribían seguindo a “norma castelhana“.

    Escreviam no que sabiam. O que nom conta o isolacionismo é que tampouco usavam a atual norma da concordia e que tôdolos seus textos adoitam aparecer retranscritos.

    En fin, a FAQ ten máis apartados que iremos analizando nos próximos días. En xeral, o documento está simpático pero, como se pode ver, fáltalle mostrar a outra cara da moeda para que a xente estea verdadeiramente informada.

    hahah o que é simpático é o alema que está ‘demasiado’ bem informado, a ver se nom se manipula tanto prà próxima.

    Tenho entendido que os textos na interné pra ter sucesso tenhem que ser curtos, eu afinal já nom sabia nem o que escrevia :p

  • 11. alema  |  22/Setembro/2008 at 10:21

    resposta conxunta a gerardinho e one2 para alema.org e madeiradeuz.org.

    1) O reintegracionismo non é que propoña solucións duplas, senón triplas, cuádruplas, etc. (cousa que non acontece en ningunha lingua seria). E vou poñer só un exemplo: 3ª persoa plural do pretérito perfecto do verbo facer (fazer, para os reintegratas): catro opcións posibles -> fizerom, figerom, fizeram, figeram. Quen se aclara?

    2) Vexo que non hai unanimidade sobre se reintegracionismo e lusismo é a mesma cousa. De todos os xeitos, gerardinho. Onde está a liña divisoria entre o reintegracionismo e os máis papistas ca o papa? Alguén debería de trazala.

    3) Será cuestión de gustos: eu prefiro a naturalidade do “bueno” fronte á artificialidade do “bom”… A cuestión sobre o “odio a un mesmo” parece que suscitou controversia… Imos ver: un neo-falante, ou unha persoa procedente do castelán que se incorpora ao galego, ao que lle están bombardeando constantemente coa idea de que a norma RAG é castrapo, españolista, etc. ten por forza que acabar asimilando auto-odio… é máis, só hai que escoitar o acento dalgúns reintegratas. É coma se eu vou a Inglaterra, digo que o inglés EUA é de pailáns, e eu mesmo falo en inglés con acento americano. Auto-odio e incoherencia.

    4) Vexo que escapan vostedes do argumento principal: é ou non é contraproducente o reintegracionismo na normalización do idioma?

    5) Vostede cre que os escritores actuais non coñecen as alternativas? De que me está falando?! Os escritores actuais saben perfectamente de que vai o rollo reintegrata; e os escritores antigos estou seguro que non verían con bos ollos a nosa submisión cega a unha ortografía portuguesa. Ah! Moito ollo con vincular éxito do reintegracionismo con información sobre o reintegracionismo. Vostedes cren sinceramente que non nos dan a vara dabondo? :D

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS


Aínda non asinaches no manifesto a favor de 'bueno'?

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 0 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Sat, 16:38

alema: AVISO Esta noite, a nai de lurinha dita sentenza na polémica independentismo / reintegracionismo! a não perder! :D

one2: ok, obrigado, ainda que pugem muitos mal :S

alema: @one2 metiches tantos links no último comentario, que o considerou spam. xa o rescatei :D

alema: si, llik... hoxe ía lento... pero nin idea de por que... graciñas polas túas achegas ;-) :D

llik: Non sei se é a min soa, pero a páxina tardame moito en cargar hoxe :S

» Escribe algo



Featured Advertiser

Enquisa

Cres que a RAG admitirá finalmente 'bueno' no seu dicionario?

Loading ... Loading ...

Artigos recentes

 

Setembro 2008
L M M X V S D
« Ago    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930  

Categorí­as

Tags

Meta