Título
Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral (Cadernos de Fraseoloxía Galega 5)
Autor
Francisco Vázquez Saco
Preparación da edición
Josefa Beloso Gómez, Patricia Buján Otero, Xesús Ferro Ruibal e Mª Carmen Paz Roca
Director
Xesús Ferro Ruibal
Data publicación
2003
Prezo
ISBN
84-453-3651-7
Páxinas
CXVIII + 1067
Formato
16,5 x 24 cm.
Imprime
Galigraf Galicia, S.L. (A Coruña)
Portada libro
Descarga en formato PDF (16,6 MB)
Este número 5 de "Cadernos de Fraseoloxía Galega" é unha monografía que rescata o arquivo fraseolóxico dun eminente eclesiástico lugués, Francisco Vázquez Saco (Sarria 1897 - Lugo 1962), que deixara inédita e sen ordenar unha colección de 22.935 refráns con 8.093 equivalentes noutras linguas, enriquecidos con 1.410 refráns tópicos, 268 dialoxismos, 59 enunciados fraseolóxicos, 56 frases proverbiais, 238 fórmulas, 241 locucións, 893 entradas léxicas definidas, 27 rimas, 18 xogos, 29 unidades fraseolóxicas de categoría pouco definida, 746 cantigas, 149 adiviñas, algúns contos e apuntes etnográficos e un pequeno apéndice con 331 refráns en castelán. O resultado é unha esmerada edición de 1067 páxinas, ás que hai que engadi-las 107 páxinas do prólogo no que o equipo de redacción formado por Josefa Beloso Gómez, Patricia Buján Otero, Xesús Ferro Ruibal e Mª Carmen Paz Roca estudan os manuscritos nos seus detalles, problemas e riqueza. A día de hoxe (2003) esta obra é a edición máis ampla de paremioloxía galega.

Valid XHTML 1.0 Strict