E.A.G.

20.7.11

QUE HAI DETRÁS DA "CRISE GREGA"?


Para unha xestión da crise ao servizo da cidadanía necesitamos outra Europa


Luns 18 de xullo de 2011, por Mar

Declaración de Esquerda Anticapitalista

Estes días asistimos a un espectáculo mediático e financeiro de gran magnitude: turbulencias nos mercados financeiros europeos, chantaxes das axencias de cualificación de risco e rumores continuos sobre a quebra de Grecia e o seu posible impacto sobre outros países da UE. Neste contexto, as potencias europeas non fan máis que evidenciar os seus desacordos sobre como afrontar a situación, deixando patente a súa incapacidade de facelo con axilidade. As diferenzas entre a proposta alemá e a do Banco Central Europeo (apoiada, entre outros, polo goberno español), empeoran a crítica situación da débeda grega que, habendo sido xa cualificada como moi perigosa polas axencias de cualificación, enfróntase agora á incerteza do seu destino (reestruturarase? baixo que condicións?). Esta situación é a que desencadeou a chamada "crise do euro", non só polo "perigo grego", senón porque influíu na deterioración acelerada do valor de mercado das débedas doutros países da periferia europea. (Ler máis)

17.7.11

CARTA ABERTA A ESQUERDA ALTERNATIVA “Por unha candidatura unitaria anticapitalista e alternativa: desde abaixo e á esquerda”

Desde comezos do ano 2010, unha crise social que non ten fin esténdese desde Grecia por toda a Unión Europea, contaxiando a máis países. En realidade, ningún país, e a propia UE, poden considerarse a salvo dela. Executando a “ditadura dos mercados”, é dicir, os dogmas do capitalismo neoliberal, a “troika”: Fondo Monetario Internacional, Banhttp://www.blogger.com/img/blank.gifco Central Europeo e UE, impón durísimas políticas de recortes de salarios, pensións e dereitos sociais aos países máis afectados xa pola crise, que anuncian as que se imporán aos que no futuro inmediato caian nela. Ademais dos seus obxectivos económicos, estas medidas teñen un alcance político evidente, cuxo mellor exemplo está en Grecia: folgas xerais, loitas ininterrompidas durante meses, manifestacións e acampadas masivas conseguiron resistir a unha represión feroz, pero non lograron mover unha coma das ordes da “troika”, aplicadas con estrita obediencia polo goberno de quenda. Difúndese así unha clara mensaxe a todos os pobos de Europa: fagan o que fagan, loiten como loiten, imporemos as nosas decisións e contaremos para iso coa submisión de calquera goberno que poidan elixir. Así se foi estendendo unha indignación social xeneralizada pero dispersa, formada con máis rabia que esperanza, con resistencia pero sen alternativa.(Ler máis)

13.6.11

MOVEMENTO D@S INDIGNADOS@S: PASAR A SEGUINTE FASE


Enviado o Dom, 12/06/2011 - 01:11. Por Josep Maria Antentas e Esther Vivhttp://www.blogger.com/img/blank.gifas

Pasaron xa case catro semanas. Catro semanas que cambiaron a paisaxe política social do conxunto do Estado español coa irrupción dun movemento que ninguén esperaba e que ten no seu haber as vitorias políticas fronte á Xunta Electoral primeiro e fronte ao intento de desaloxo en Barcelona despois. E, máis que nada, o pór fin á pasividade resignada diante dos ataques contra os dereitos sociais.(Ler máis)

Chamamento do FARO de FISTERRA(http://ofarodefisterra.blogspot.com/2011/06/gran-manifestacion-domingo-19.html), á mani do vindeiro 19 de Xuño convocada polo Movemento 15-M, Democracia Real Xa, Mocidade sen Futuro, etc....

9.6.11

ALGO ESTÁ MUDANDO NO MOVEMENTO 15-M. A REFORMA LABORAL DALLE FOLGOS AO BERRO DE “FOLGA XERAL”

Os indignados ameazan con acampar diante do Congreso se non logran a entrada ao hemiciclo para expresar o seu rexeitamento á negociación

Preto dun milleiro de persoas acudiu ao chamamento do movemento 15-M e realizado vía redes sociais para protestar diante do Congreso dos Deputados de Madrid contra as reformas laborais. A afluencia foi tal que ata un total de 15 patrullas policiais despregáronse na confluencia da carreira de San Jerónimo coa rúa Sevilla impedindo así aos manifestantes o acceso á entrada principal do hemiciclo.

Como nos primeiros días do movemento 15-M, a marcha foi sumando participantes co paso das horas. A comuñón é tal que, ademais dos berros "contra o recorte de dereitos das persoas" e a favor de "unha folga xeral" os indignados están a barallar a posibilidade de celebrar alí mesmo a asemblea ordinaria. Con todo a tal hora a idea que máis forza está a coller é a de entrar nas dependencias oficiais para protestar e, na súa falla, acampar alí mesmo para volver facer unha demostración de músculo diante do máximo órgano de representación cidadá do país.

Pese ao dispositivo policial a calma está a presidir a protesta ata o punto de que varios representantes dos indignados achegáronse a establecer conversación cos policías acompañados dos berros "se queredes dámosvos un abrazo". Un xesto que, segundo comentaron algunha indignados vía twitter, foi correspondido coa retirada das identificacións por parte dos axentes, aínda que este extremo aínda non puido ser confirmado.

UUNHA MARCHA CHEA DE MENSAXES

Tras unha pancarta principal coa lema “Penso, logo resisto www.tomalaplaza.net” e outra de cabeceira na que se podía ler “Reforma laboral para os políticos”, os acampados de Sol avanzaron pola praza de Canalejas ata a Carreira de San Jerónimo, impedindo a circulación rodada nestas céntricas vías madrileñas, para protagonizar unha sentada fronte á sede da Cámara Baixa.
http://www.blogger.com/img/blank.gif
Durante a marcha inicial puidéronse ouvir berros como “Violencia é non chegar a fin de mes”, “Non falta diñeiro, sobran ladróns” ou “Iso, iso, iso ímonos ao Congreso”. Así mesmo os manifestantes portaron pancartas contra a negociación colectiva e con lemas como “Lei propatrón, explotador non”, “Recortes ós ricos primeiro” ou “Aluga-se escravo”.(Crónica tirada de LA Vanguardia).


O Movemento 15-M, inicialmente apartidista e defensor a ultranza dun programa radical-democrático coma único obxetivo, comeza a sumar reivindicacións sociais e laborais. A Esquerda Anticapitalista ten que estar moi atenta a evolución do movemento e hai que emplazar aos sindicatos maioritarios do Estado e da Galiza(CCOO, UXT, CIG), a que se mollen e se sumen a mobilización cun programa radical de enfrontamento ós gobernos social-liberais sexan do PSOE ou do PP.

Esquerda Anticapitalista Galega pulará pola evolución do movemento cara á incorporar na Taboa de Reivindicacións obxetivos sociais e laborais que o acheguen ós traballadores e as capas populares dos barrios, única vía de supervivencia a medio e longo prazo, e única posibilidade de acadar unha verdadeira mudanza do sistema democrático-burgués.

================================================================

25.5.11

BILDU, EU-IU, ANTICAPITALISTAS, NACIONALISTAS, MOVEMENTO 15-M, ....LECCIÓNS PARA PODER FACER UNHA POLÍTICA DIFERENTE DENDE AS INSTITUCIÓNS


A esquerda do noso país, dende EU até anticapitalistas, comunistas, nacionalistas de esquerda, ecosocialistas, libertarios, etc..... debemos facermos unha reflexión cara vindeiras citas electorais para podermos garantir a entrada nas institucións do estado democrático-burgués e dende dentro facer unha política diferente, ética, participativa e transparente co obxetivo claro, que non debemos agochar, de mudar este sistema fondamente antidemocrático e inxusto para a clase traballadora e sectores populares.
(LER MÁIS)

14.5.11

DEMOCRACIA REAL XA; MOCIDADE SEN FUTURO,...0 15 DE MAIO TODOS A RÚA

Dirixímonos a vós dende Democracia Real Xa, unha plataforma de coordinación dende onde organizar mobilizacións e apoiarnos uns ós outros, sen bandeiras nin ideoloxías políticas de ningún tipo, formada unicamente por cidadáns descontentos, de calquera idade, unidos contra o abuso que a clase política consentiu e que se está a alimentar aínda máis durante o transcurso desta crise.

Vivimos nuns tempos nos que o concepto “cidadán” perdeu todo o seu valor para a clase política e dirixente. Nas últimas décadas, banqueiros, políticos, especuladores, corporacións e multinacionais levaron a cabo accións coa única finalidade do beneficio propio, sen importar o custo social, humano ou medioambiental que puidera ser ocasionado.

Fronte a esta situación, son centos os grupos que naceron en España da mesma semente de descontento, malestar e desesperanza. Son milleiros as persoas que nos agrupamos para loitar polos nosos dereitos e o futuro dos nosos fillos.

Queremos que formedes parte, xunto con máis dun cento de grupos e milleiros de cidadáns anónimos, desta convocatoria pacífica e sen símbolos políticos excluíntes, para salir á rúa o vindeiro 15 de maio ás 18:00 horas en máis de 40 cidades españolas, baixo o lema “Democracia Real XA! Non somos mercancía en mans de políticos e banqueiros!”.

En Galicia, estánse a organizar manifestacións nas cidades da Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo, cos seguintes percorridos:

-A Coruña: Obelisco – Marina – Praza de María Pita

- Ourense: Subdelegación de Goberno – Praza Maior

- Santiago de Compostela: Porta Faxeira – Rúa da Senra – Rúa de Orfas – Calderería – Praza de Cervantes

- Vigo: Praza do Rei – Avenida Camelias – Plaza de América – Avenida Castrelos - Parque Quiñones de León (Castrelos)


Podedes ver o noso manifesto, propostas e toda a información necesaria sobre esta e outras convocatorias na nosa páxina web: www.democraciarealya.es.

Precisamos do voso apoio e colaboración. Por iso, invitámosvos a unirvos a esta convocatoria colaborando con nós na organización e difusión da mesma. É a hora do pobo, é a hora de que se nos escoite coma persoas, de demostrar que somos moito máis ca un voto ou unha estatística nun gráfico económico, deben escoitarnos e acatar o desexo do pobo.

Xuntos podemos.
==================================================================

11.5.11

MITIN CENTRAL DE ESQUERDA ANTICAPITALISTA EN VILAGARCÍA




TERÁ LUGAR NO AUDITORIO DE VILAGARCIA O VINDEIRO VENRES DÍA 13 ás 20:30

INTERVIRÁN:

* MARIANO IBAÑEZ
* MARGARITA BARREIRO
* SANTIAGO GIRÓN

ACUDE E COÑECE AS PROPOSTAS DA ÚNICA CANDIDATURA REPUBLICANA, BERMELLA, VERDE E VIOLETA E QUE QUERE RACHAR CO ACTUAL SISTEMA POLÍTICO INXUSTO E CORRUPTO!!!


PROGRAMA ELECTORAL VILAGARCÍA