Wikipedia:Cite as fontes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallos:
WP:CITA
WP:CITE

Citar as fontes é fornecer de referencias para axudar ao lector a verificar o artigo e atopar máis información.

Se vostede consulta unha fonte externa ao escribir un artigo, citala é honestidade intelectual básica. Máis que iso, vostede debe procurar activamente pór referencias de fontes fiables. Se está escribindo a partir de seu propio coñecemento, entón debe saber o suficiente para identificar boas referencias que o lector pode consultar sobre o asunto — vostede non estará sempre para responder preguntas. Como o obxectivo principal é axudar ao lector, cite todo o que vostede pense que poida ser útil.

Isto tamén se aplica ao escribir sobre opinións: evite escribir frases maliciosas como "Algúns din...". Responda sempre ás preguntas "¿Quen dixo que, onde e cando?". Lémbrese que a Wikipedia non está para verquer opinións nin para publicar investigacións orixinais. Aplícase mesmo cando a información é actualmente incontestábel: mesmo se non hai debate agora, alguén pode aparecer dentro de cinco anos e querer discutir, verificar ou aprender máis sobre o asunto.

Aumentar referencias, especialmente para informacións aínda non apoiadas por citas, é tamén unha boa forma de ampliar artigos que vostede non escribiu.

O máis importante é colocar a información completa da referencia; no entanto, detalles como o formato poden ser completados máis tarde, se fose necesario.

Índice

[editar] Citas no texto e no fin

No texto dun artigo, citar referencias entre parénteses, no formato "APELIDO (ano)" (indique o ano da publicación orixinal para un traballo reeditado). En caso necesario, indique os capítulos ou páxinas despois do ano (con vírgula), se a información for difícil de encontrar nun libro voluminoso. Cando unha referencia é usada como un substantivo, poña o ano entre parénteses, por ex. Milton (1663) di.... Para dous autores, use (autor1 e autor2, ano); para máis autores, use (autor1 et al., ano). Note que estas citas no texto son frecuentemente innecesarias, a menos que haxa unha longa lista de referencias e non estea claro cal delas debe consultar o lector para máis información sobre un asunto específico.

Ao fin dun artigo, na sección ===Bibliografía===, liste a información completa das referencias, como unha lista despregada, cunha liña para cada traballo.

[editar] Un exemplo de estilo de cita

O formato da lista de referencias é un detalle secundario e non hai consenso sobre o formato preciso de cita na Wikipedia. Mais se vostede non consegue decidir que estilo usar, ou se non sabe que informacións incluír, vexa abaixo os exemplos que damos.

[editar] Documentos considerados como un todo

[editar] Libros

Autoría, no formato seguinte: APELIDOS (en maiúsculas), Nome (só a inicial en maiúsculas) (ano de publicación) (entre parénteses): Título (e subtítulo, se o ten) (en cursiva). Edición (só a partir da 2ª). Editorial (ou editor), Lugar de publicación. ISBN.

Exemplos:

    • CÔRREA, Manoel Pio (1984): Dicionário das plantas úteis do Brasil e das exóticas cultivadas. Rio de Janeiro. IBDF
    • LINCOLN, Abrahan; GRANT, U. S. e DAVIS, Jefferson (1861): Resolvendo Pacificamente Diferenzas Familiares (3ª ed.). Printing Pres, Gettysburg. ISBN 0-12-345678-9.

Para un artigo ou capítulo específicos nun libro editado, use a forma:

Autor do artigo ou capítulo, en formato: APELIDOS, Nome (ano de publicación): Título do artigo (entre comiñas) en Autor da edición: Título do libro (en cursiva). Páxina ou páxinas (como tal, p. 112; pp. 112-125; p. 112 ss). Edición. Editorial (ou editor), Lugar de publicación. ISBN.
    • POOH, W. T. e ROBIN, C. (1926). "Técnicas modernas de captura de heffalumpídeos", en A. A. Milne (Ed.): O Karma de Kanga, pp. 23–47. Floresta dos Cen Acres: Wol Pres.

De todos xeitos é máis doado empregar o modelo Modelo:Cita libro, do seguinte xeito:

* {{cita libro
| autor = Freixeiro Mato, Xosé Ramón
| título = Gramática da Lingua Galega IV. Gramática do texto
| ano = 2006
| publicación =  Vigo: Promocións Culturais Galegas, S.A.
| id = ISBN 8483410672
}}
  • Notas:
  • Para un libro editado, escriba (Ed.) ou (Eds.) entre parénteses despois do último autor, antes da data.
  • O ISBN (que é wikificado automaticamente) é opcional.
  • En moitos casos é posíbel usar a {{Cita libro}} para automatizar o formato da referencia. No entanto, se a súa referencia precisa dunha citación máis complexa, é mellor non usar a predefinición e usar a citación correcta, en lugar de tentar adaptar a referencia a un modelo inadecuado.
  • A Wikipedia non ten falta de espazo, por tanto non é necesario abreviar nomes. Unha boa norma é listalos como están escritos no artigo ou libro orixinal.
  • Se a Wikipedia ten unha páxina para o libro, faga do título unha ligazón para ela, mais manteña a referencia completa.
  • Cando existen outros autores que non son mencionados debe usar a forma "et al." (ou tamén as fórmula "e outros" ou "entre outros"). É aconsellábel que indique todos os autores se estes son dous ou tres, reservando o uso de et al. só para o caso de máis de tres autores.
  • Prefírese, para separar as seccións, usar o punto e vírgula, en vez de só a vírgula, excepto entre os apelidos e o resto do nome.
  • Non esqueza o asterisco antes da referencia. Na Wikipedia queda mellor.

Hai tamén quen prefira escribir o nome do autor por extenso, respectando a orde orixinal, xa que existe algunha dificultade, en algúns casos, en saber cal é o apelido ou cando comeza este. En caso de dúbida, esta será, con certeza, unha boa solución de compromiso.

[editar] Periódicos (xornais e revistas)

[editar] CD e CD-ROM

  • Autoría, en formato APELIDOS, Nome (ano): Local: Editora ou empresa. Número do CD. Programa a que se destina. Descrición do medio.

[editar] Dicionarios

  • Autoría, en formato APELIDOS, Nome (ano): Título. Edición (de ser necesario). Editorial, Lugar de publicación. Nº de páxinas ou vol. (opcional).

Exemplo:

  • Ferreira, Aurélio Buarque de Hollanda: Novo dicionário da língua portuguesa.' Rio de Janeiro. Nova Fronteira, 1986. 1838 p.

[editar] Disertacións e teses

  • Autoría, no formato APELIDOS, Nome: Título. Data. Categoría (grao e área). Nome da institución de defensa, local.

[editar] Documentos electrónicos

[editar] E-mail

  • Un e-mail non serve como fonte bibliográfica. Calquera información que se utilice a partir dun e-mail presupón que coñecemos a fonte bibliográfica utilizada polo remitente orixinal do e-mail. Nese caso, utilizase calquera dos formatos indicados nesta páxina.

[editar] Enciclopedias

Artigo ou entrada con sinatura
  • CASTELO-BRANCO, Fernando: Enciclopedia Verbo Luso-Brasileira da Cultura, s,v, "Afídio". Edición Século XXI", Volume I, Editorial Verbo, Braga, Janeiro de 1998.
Entrada sen sinatura
  • Da mesma forma con que se cita un dicionario.

[editar] Entrevistas

  • Unha entrevista feita polo propio wikipedista non pode ser aceptada como fonte bibliográfica, xa que rompe o principio da verificabilidade. Con todo, calquera entrevista publicada pode ser utilizada, usándose, nese caso, o formato previsto nesta páxina para o correspondente soporte de información (filme, periódico, libro, etc.).

[editar] Eventos

[editar] Filmes

  • Título. Director (realizador). Local: Produtora, distribuidora, data. Tipo de soporte (se é DVD ou cinta de videocasete) (duración), sistema de reprodución (PAl-M ou VHS), son ou mudo, cor ou branco e negro (color ou p&b), subtitulado ou dobrado (para filmes estranxeiros).

[editar] Programas de televisión e radio

[editar] Leis

  • Local de xurisdición (BRASIL, por exemplo, en maiúsculas). Título (Lei ou Decreto) nº, de (data). Contido. Nome do Órgano que o publicou (en itálica), local, v., n°., p., data.

[editar] Partes de documentos

[editar] Artigos de periódicos

  • Autoría, no formato APELIDOS, Nome Ano da publicación (entre parénteses): Título do artigo (entre comiñas. Título da publicación (en cursiva). ISSN. Volume, Número, Número das páxinas inicial e final.

Exemplos:

  • BRANDÁN, M. e GAVILANES, M. L. (1992): "Especies árboreas padronizadoras do Cerrado mineiro e súa distribución no Estado" en Informe Agropecuário 16 (173), 5-11.
  • BRANDYBUCK, M. (1955): "Herb-lore of the Shire" (Tradición herbal do Shire), en J. Royal Institute of Chemistry 10 (2), 234–351.

Note que os números despois do nome do periódico indican: volume (número da edición, opcional), números das páxinas. Use maiúsculas só para a primeira palabra do título, nomes propios, e a primeira palabra despois de dous puntos, espazo ou trazo. Para un artigo dispoñíbel online, converta o nome do título do artigo nunha ligazón para a versión online.

[editar] Artigos de xornais e revistas (ou periódicos online)

Ou, para artigos sen autor, coloque o título antes:

  • "Sobre a importancia da modestia" (5 de maio de 1821). Pravda, pp. B1, C12.

[editar] Páxinas da internet

No caso da indicación de sites, debe indicar:

  • O autor (se estivese identificado);
  • O título da páxina (se estivese explícito);
  • O enderezo;
  • A data de acceso (se fai alteracións no artigo, baseado nunha páxina da internet, indique a data do último acceso)

Os datos entre parénteses deben ser a data ou o ano en que o documento foi creado ou editado pola última vez; debe ser omitido se non poder ser determinado. Pódese utilizar a predefinición {{cita web}} para facilitar este proceso.

[editar] Press releases de compañías

Eis como referir unha publicación institucional:

Se o press release está tamén dispoñíbel online, faga do título unha ligazón para a URL.

Notas

Exemplos do estilo APA para moitos outros tipos de documento poden ser vistos na páxina "Citation Style Guides" <http://library.concordia.ca/help/howto/citations.html>. No entanto, o senso común debería ter a última palabra sobre a información que o lector precisa para encontrar a referencia en cuestión.

[editar] Detalles

Unha citación debe incluír información suficiente para permitir ao lector encontrar as fontes. Ás veces vostede pode querer dar unha explicación máis completa sobre a forma en que soubo de algo, ou por que súas fontes son fiábeis. Se o debate é importante, vostede pode comentar isto no propio artigo. Se non, pode deixar unha anotación na páxina de conversa do artigo. Isto non axudará necesariamente os lectores, mais pode axudar a outros wikipedistas a intentar mellorar o artigo.

[editar] Referencias

  • ISO 690. 1987, Documentation - Références bibliographiques : contenu, forme et structure. ISO. (Norma Internacional)
  • ISO 690 - 2. 1997, Information and documentation - Bibliographic references. Part 2: electronic documents or parts thereof. ISO. (Norma Internacional)
  • ALVES, Maria Bernardete Martins e ARRUDA, Susana Margareth: Como facer referencias: (bibliográficas, eletrônicas e demais formas de documentos). Dispoñíbel en <http://www.bu.ufsc.br/home982.html>. Acceso en 24 de novembro de 2006.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas