Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.
Lidera Bergantiños

A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños

Quen somos?

Somos unha entidade sen fin de lucro, integrada por un conxunto representativo das institucións e dos axentes socioeconómicos da Comarca de Bergantiños.

A Asociación foi creada no ano 2001 para concorrer a iniciativa comunitaria Leader + e posteriormente ós programas de Desenvolmento Rural Proder II e Agader. Como resultado da convocatoria destes últimos, foi seleccionada para a xestión do programa Agader 2000-2006. Actualmente somos responsables da xestión do Programa Leader 2007-2013 para a Comarca de Bergantiños.

O noso funcionamento baséase no principio de portas abertas e garantimos a incorporación de todas aquelas entidades con implantación local que, reunindo os requisitos esixidos para adquirir a condición de asociados, queiran formar parte da nosa Asociación.

Estrutura organizativa

O órgano supremo da Asociación é a Asemblea Xeral, integrada por tódolos socios que adoptan os acordos por maioría simple dos votos. Ademais da Asemblea Xeral, cóntase con A Xunta Directiva, As Mesas Sectoriais e Comisión Permanente para levar a cabo os obxectivos da nosa Asociación. Tamén se conta cun equipo técnico encargado de aplicar o programa de desenvolvemento deseñado.

GDR

GDR son as siglas de Grupo de Desenvolvemento Rural. A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños constitúe por si mesma un GDR e ten á función principal de executar o programa Leader 2007-2013 para a Comarca de Bergantiños. No marco desta función xenérica, correspóndelle:
- Informar e asesorar á poboación rural sobre o contido e alcance do programa de desenvolvemento rural e incentivar a participación activa nel.
- Promover e captar iniciativas, así como acompañar aos promotores no proceso de maduración de proxectos.
- Avaliar e seleccionar proxectos promovidos polos promotores do territorio.
- Efectuar, por delegación de Agader, o control e seguimento da execución dos proxectos.
A execución do programa levarase a cabo atendendo os principios de colaboración, obxectividade, imparcialidade, eficacia, eficiencia, transparencia, publicidade e libre concorrencia.

Libro "Comarca Natural de Bergantiños"

Portada do Libro "Comarca Natural de Bergantiños"

A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños edita o libro "Comarca Natural de Bergantiños". Esta obra, de Salvador Parga Pondal, é  o primeiro traballo que estuda polo miúdo a comarca de Bergantiños desde a súa globalidade, demostrando un perfectísimo coñecemento de cada recanto da terra bergantiñá, recuperando a memoria dunha etapa da historia da comarca de Bergantiños que servirá para que os bergantiñáns, en xeral, e os docentes e dinamizadores da comarca, en particular, obteñan unha ferramenta coa que coñecer cada vez mellor a terra na que viven e, sobre todo, na que traballan.




Descargar libro PDF>>

Listaxe de descargas

Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños visítanos en facebook | © by Abertal

Lg. A Camposa s/n, Buño - 15111 Malpica de Bergantiños
Telf: 981 707 377 - Fax: 981 711 352 - E-mail: info@adbergantinos.org