Breixa

Breixa, Breixiña, O Castro de Breixa, Outeiro, A Pena

Destacan, o Castro das Penas e os gravados rupestres de Primadouro. No interior da igrexa parroquial, extraordinaria ábsida e dos mellores capiteis románicos da Comarca, coas súas figuras de extraordinaria importancia na mitoloxía e escasas: sireas, arpías e centauros... De Breixa era nativo e está enterrado o fillo ilustre de Sillleda e coengo de Lugo D. Antonio García Conde, investigador e mestre de caseque tódolos curas do Concello. No se contorno tamén hai que mencionar a Casa de Fares, con portalón brasonado e capela dos Gutiérrez del Bustillo