Preguntas e peticións

Luns, 13-10-2014

CADRO DE HONRA DA COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Hai unha semana, Carlos, seguidor do meu blog dende Santiago de Compostela, preguntábame polo "cadro de honra" da Copa Deputación da Coruña. Faltábanme algúns datos e hoxe puiden solventar varios deles grazas a el. A táboa de finalistas queda así:


NOTAS: 1) As finais que remataron con empate foron resoltas por penaltis. 2) A S.D. Compostela que disputou as finais de 1989 e 1990 desapareceu en 2007. 3) O C.D. Endesa-As Pontes pasou a chamarse C.D. As Pontes en 2002.


Descoñezo a data da final de 1995 así como o lugar e a data da final de 1996

Por outra banda, como Carlos me preguntou polo resultado da final de 1988 (se fora 4 a 0 ou 4 a 1) vai aquí unha captura do xornal Marca do luns 22-08-1988 coa crónica da final da primeira edición deste torneo, disputada por Deportivo La Coruña e Racing de Ferrol con triunfo herculino por 4 a 0:


5 comentarios:

  1. A falla de información sobre o historial deste torneo é sorprendente, pese a ser unha competición de carácter non oficial. Se alguén coñece os datos que faltan nesta táboa, con intenso gozo e amplo agradecemento serán recibidos. Grazas!

    ResponderEliminar
  2. Ola, Jorge.

    Moitas grazas por atender á miña petición.
    Unhas cousiñas que che quería preguntar/comentar.

    1º. Por que dis que é un torneo non oficial se está organizado pola Federación Galega de Fútbol? Cal é entón a diferenza entre unha competición oficial e unha que non o é?

    2º. Estás seguro que na primeira edición o resultado foi de 4-0? Supoño que tratándose do Racing non estarás errado, pero pregúntocho porque noutro sitio vin que o resultado dese partido foi de 4-1:
    http://www.canaldeportivo.com/servlet/es.iris.servlets.Noticias?accion=1&ver=5&nid=3498

    3º. Na edición do ano 1995 os finalistas foron o Noia e o Betanzos. Descoñezo o resto dos datos (campión, resultado, sede da final e data), pero eses foron os dous finalistas:
    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/08/18/705331.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

    4º. A final da edición de 2003 xogouse o 28 de agosto:
    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/08/11/1901389.shtml

    O dito, moitas grazas por todo.

    Un saúdo,

    Carlos.

    ResponderEliminar
  3. Ola Carlos, que tal estás? Antes que nada, grazas polos datos que faltaban dese cadro de honra da Copa Deputación. Pouco a pouco se vai completando.
    Vou coas túas preguntas.
    Canto á primeira, hai que dicir que unha competición é oficial cando está organizada EXCLUSIVAMENTE por unha federación. E non o digo eu, dino os organismos rectores do fútbol mundial (coa FIFA á cabeza) e así o defenden a Federación Internacional de Historia e Estatística do Fútbol e o sentir xeral dos historiadores de fútbol. Pero por riba de todo, así o ten establecido a FIFA e as súas confederacións e federacións integrantes. No caso da Copa Deputación da Coruña, que empezou sendo organizada de xeito exclusivo pola Deputación coruñesa durante anos, falamos dun torneo no que, co tempo, FGF e Deputación acabaron repartíndose as competencias organizativas. A FGF establece as bases deportivas do torneo e a Deputación Provincial todo o demais (o principal, isto é, o nome, o trofeo e os cartos). Asemade, nas finais (que se disputan na data que decidan as tres partes, Deputación, FGF e clubs -e non soamente FGF e clubs-) quen fai entrega da copa é o presidente da Deputación ou quen o represente (este ano fíxoo Mariel Padín, vicepresidenta da Deputación). Resumindo, non se pode considerar un torneo oficial como podan selo o Campionato Nacional de Liga, a Supercopa de España, o Campionato de España / Copa de S.M. el Rey ou a Copa RFEF porque non está organizado de xeito exclusivo pola FGF. Digamos que se lle pode considerar, como moito, un torneo semi-oficial.
    No referente á final de 1988, o resultado foi de 4 a 0. Subo aquí unha captura da crónica do partido extraída da miña colección íntegra do xornal Marca para ilustralo.

    Saúdos e grazas

    Jorge

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Jorge,

      Pois moitas grazas! Dúbidas resoltas.

      A verdade é que resulta moi complicado obter información sobre esta competición, e aínda que non sexa unha competición oficial stricto sensu, ben creo que merece ser recordada xa que nela competiron (e a gañaron) os tres equipos da provincia que chegaron a competir no fútbol profesional e outros tantos que o fixeron na Segunda B.

      Todos os veráns, cando se ía iniciar unha nova edición do torneo, me preguntaba cal sería o palmarés da competición e tras non atopalo por ningures, púxenme este agosto a "investigar" un pouco a ver se era quen de sacalo, pero houbo datos que non atopei por ningures, en especial acerca das edicións disputadas na década dos 90. Datos que sen a túa axuda non tería sido quen obter. Agora xa está completo por fin o cadro de honra do torneo (agás eses tres datos menores). En fin, que penso que tampouco lle custaba nada á Deputación sacar cada ano, xunto coas bases da competición, un recordatorio do palmarés, ou colgalo de forma permanente na súa páxina web. En certo modo recordar a historia dunha competición serve para prestixiala. Aínda que quizais nin na propia Deputación coñezan o palmarés da súa competición... non o sei...

      En fin, moitas grazas de novo! Seguireime pasando por aquí a miúdo ler os teus interesantes artigos.

      Un saúdo!

      Eliminar
  4. Ola Carlos.

    Estou de acordo contigo, a Copa Deputación da Coruña vai tendo xa unha historia propia con equipos importantes no seu palmarés e merecería que a propia Deputación coidase iso do xeito que ti indicas. Polo menos nós aportamos un grao de area publicando ese cadro, algo é algo.

    Grazas por ler o meu blog, e seguimos en contacto.

    Saúdos!

    ResponderEliminar