Amosando publicacións coa etiqueta David Rocha. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta David Rocha. Amosar todas as publicacións

venres 16 maio 2014

NÀSTIC-RACING DE FERROL: COMEZA A BATALLA

A Fase de Ascenso á Segunda División (FA2) da temporada 2013/14 xa está aquí. O Club Gimnàstic de Tarragona é o rival do Racing Club de Ferrol na 1ª eliminatoria, e este domingo ás 19,00 (TV3) o Nou Estadi, pegadiño á A-7, ao noreste da cidade catalá, é o escenario do encontro de ida. Será o nº 58 que dispute o cadro verde nunha fase de ascenso á “división de prata” -o nº 35 dende a Segunda B-. Asemade, será a primeira vez que compita cun equipo catalán nun play-off para dar o salto á Segunda División.