Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Torres Novo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Torres Novo. Amosar todas as publicacións

martes 31 marzo 2015

O RACINGUISMO TÍNXESE DE LOITO

Carlos Torres.
Tristes noticias están a xerar o Racing de Ferrol e o seu entorno nas últimas horas. Ao falecemento onte luns de Carlos Javier Torres Novo, defensa verde entre 1975 e 1979 e posteriormente adestrador nas categorías inferiores do club; únese o da esposa do presidente racinguista Isidro Silveira Cameselle hai escasísimas horas, nesta mesma mañá de martes, cuxo cadáver apareceu deitado no chan na céntrica rúa Real, segundo recolle o xornal dixital ferrolán Galicia Ártabra.
Sobran as palabras e só toca dende aquí expresar as nosas fondas condolencias aos achegados de Carlos Torres pola triste perda e tamén a toda a familia Silveira pola traxedia que está a vivir nestes durísimos momentos. 
O racinguismo está conmocionado. Unha moi forte aperta a todos.