Amosando publicacións coa etiqueta Fundación Racing Club de Ferrol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fundación Racing Club de Ferrol. Amosar todas as publicacións

sábado 21 decembro 2013

A semana verde (16-21/Dec/2013)

Martes 17/DEC
> Iago Iglesias é o mancado da semana. En El Plantío, onde Burgos e Racing de Ferrol empataron sen goles, ao coruñés caeulle o gardarredes local Aurreko enriba do pé nunha xogada na que o futbolista verde dispuxo dunha boa ocasión para abrir o marcador. 
> Confírmase que Marcos Valín será operado da rotura da placa de titanio que tiña colocada no seu cúbito dereito o venres 20 de decembro no hospital coruñés San Rafael.

Mércores 18/DEC
> O Racing de Ferrol perde por 2 a 0 en Miramar diante do Marino na volta dos dezaseisavos de final da Copa RFEF. Os verdes foron a Asturias a quitarse de enriba unha competición na que non agacharon o seu desinterese pola mesma tanto no partido de Ferrol como no de Luanco. Participaron os xuvenís Juan Rodríguez e Carlos López, que xa o fixeran no encontro de ida disputado n`A Malata o pasado 27 de novembro.
> Cara ao vindeiro partido ligueiro, a celebrarse o domingo 22 fronte á S.D. Noja, a Fundación Racing Club de Ferrol e o colectivo Diablos Verdes organizan unha recollida de xoguetes a beneficio da Organización Juvenil Española (OJE). Os afeccionados que accedan á Malata cun xoguete disfrutarán dun desconto en entradas para público nas localidades de Tribuna, Preferencia e Fondo Sur.
> O Xuiz Único de Competición para a 2ª División B da o seu visto e prace á data fixada conxuntamente por Racing de Ferrol e Real Oviedo para disputar os 45 minutos que restan do encontro correspondente á 16ª xornada ligueira. Será o xoves 16 de xaneiro ás cinco da tarde no Nuevo Carlos Tartiere a porta pechada, e o club carbayón asumirá os gastos de desprazamento do Racing.
Venres 20/DEC
> José Manuel Aira non aforrou esforzos durante a semana en convencer aos seus xogadores da necesidade de afrontar o partido ante o Noja (domingo 22, 17,00h) coa máxima concentración e o mínimo de confianzas. O club cántabro vive unha situación dramática no económico que salpicou de cheo ao deportivo, ocupando a derradeira posición da táboa e con só dous puntos acadados nas últimas nove xornadas.
> Consello de administración, técnicos, futbolistas e empregados do club celebran un brinde na sala de autoridades d`A Malata co gallo das inminentes festas do Nadal e Aninovo.

Sábado 21/DEC
> Iago Iglesias, Fernando Pumar e Marcos Valín (operado o día anterior n`A Coruña con éxito) son as baixas seguras para o partido da 19ª xornada de liga ante o Noja. Deste xeito, entrará na convocatoria un xuvenil, Álvaro Rey. Non será a primeira nesta temporada, porque xa fora chamado por Aira na sesión de ida dos dezaseisavos de final da Copa RFEF (e xogou os derradeiros dez minutos). Sen embargo, a preocupación aumentaba na xornada sabatina coa dúbida de ver se Diego Vela podería ser da partida debido aos problemas intestinais que sufriu ao longo da semana. Por sorte, o coruñés entrou na lista de Aira.

Vela, un dos ídolos do racinguismo na presente temporada, estará ante a S.D. Noja para despedir o ano 2013.