Lingua latina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Latín
Lingua latina
Falado en: Cidade do Vaticano.
Rexións: Orixinalmente na Península Itálica, logo na zona de influencia do Imperio Romano e toda Europa Occidental.
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Latín
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Cidade do Vaticano
Regulado por: Opus Fundatum Latinitas
Códigos de lingua
ISO 639-1: la
ISO 639-2: lat
ISO 639-3: lat
SIL: LTN
Caligrafía nunha Biblia en Latín do ano 1407 que se atopa en Malmesbury Abbey, Wiltshire, Inglaterra. A Biblia foi escrita a man en Bélxica por Gerard Brils, para ser lida nun mosteiro.

O latín é unha lingua indoeuropea morta que foi utilizada polos antigos romanos. Mantívose como lingua litúrxica da relixión católica, e aínda é oficial no Vaticano, factores polos que era aprendida polos cregos e falada nos seminarios. Por extensión, o adxectivo latino, latina emprégase para designar ás persoas que proceden de países con linguas neolatinas (que proceden do latín) ou que falan estas linguas. En termos xerais, úsase en Europa para designar ós habitantes meridionais e nos EUA para designar ós habitantes de procedencia iberoamericana.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

A morfoloxía do latín é a dunha lingua moi flexiva.

Os substantivos[editar | editar a fonte]

Teñen:

O adxectivo[editar | editar a fonte]

Hai dúas clases de adxectivos, que marcan mediante flexión os diferentes graos: comparativo e superlativo.

O verbo[editar | editar a fonte]

Conxúgase segundo:

Historia[editar | editar a fonte]

Rexión do Lacio onde xurdiu o latín.

O lugar ancestral da lingua latina corresponde exactamente ao Vetus Latium, unha rexión considerabelmente moito menor do que hoxe é a Italia. Estaba limitada polo río Tíber ao norte, polo curso baixo do río Anio a nordeste, pola cadea dos Apeninos a leste, polo territorio Volsciano ao sur e polo mar Tirreno a oeste. Cando a influencia militar e política de Roma se espallou, a lingua latina tamén se difundiu tanto nas cidades como nas zonas rurais, mesmo que con características dialectais propias.

Hai unha serie de datas que marcan a expansión de Roma e con elas a súa lingua: en 241 a.C. a Sicilia tórnase provincia romana; en 238 a.C. tamén a Sardeña e a Córsega; en 197 a.C. a Hispania; en 146 a.C. a África; en 167 a.C. a Iliria; en 120 a.C. a Galia Meridional; en 50 a.C. a Galia Setentrional; en 15 a.C. a Retia e por último, en 107 d.C. baixo Traxano, a Dacia.

O propio nome de Roma non só non é latino, probabelmente nin sequera sexa indoeuropeo, probabelmente derivado do xentilicio etrusco Ruma[Cómpre referencia], sendo o adxectivo latinus un derivado do topónimo Latium (que pode significar comarca plana en oposición á montañosa Sabina).

Desde o punto de vista lingüístico, o latín forma parte da familia indoeuropea, na cal representa unha área marxinal do grupo de linguas kentum.

Xuntamente co osco, umbro e falisco pertence ao ramo itálico das linguas indoeuropeas.

Historicamente, os seus períodos pódense dividir así:

Aínda despois da transformación do latín vulgar en linguas romances, o latín continúa fornecendo un repertorio de raíces para moitos campos semánticos, especialmente culturais e técnicos, para unha ampla variedade de linguas.

Moitas linguas europeas derivan directamente do latín, as linguas romances, como galego, o portugués, o castelán, o catalán, o occitano, o francés, o italiano, o romanche, o romanés etc. Outras linguas teñen unha grande influencia do latín no seu vocabulario, como o albanés (por proximidade) ou o inglés (pola intermediación do francés antigo). O latín foi durante séculos a lingua de cultura e a da Igrexa Católica. A súa influencia en Europa fíxose sentir nun gran número de linguas.

Latín medieval[editar | editar a fonte]

Fálase ás veces de baixo latín para designar o latín de antes da Idade Media. Para a Idade Media en si pódese falar de latín medieval, por oposición estes dous termos ó latín clásico de Cicerón.

Moitos termos xermánicos son incluídos no vocabulario. Un certo número de termos clásicos adquiren un senso relixioso no contexto da Cristiandade (credo por exemplo) que non tiñan na época antiga.

Diferenzas lexicais entre o latín clásico e o vulgar[editar | editar a fonte]

O latín vulgar crea derivados:

  • latín clásico APIS → latín vulgar APĬCŬLA → abella
  • GENU → GENUCULU → xeonllo
  • OVIS → OVĬCŬLA → ovella
  • UTI → USĂRE (USUS) → usar
  • AUDĒRE → *AUSĀRE (AUSUS) → ousar

Variantes vulgares fronte ás formas clásicas:

  • SUBFERRE → *SŬFĔRĔRE → sufrir
  • SOCRUS → SŎCRA → sogra
  • DIES → *DIA → día
  • POSSE → *PŎTĒRE

Palabras diferentes entre o latín clásico e o vulgar, de orixes diversas pola composición heteroxénea do imperio:

  • LOQUI, FARI → FABULARE → falar
  • DOMUS → CASA → casa
  • OS → BŬCCA → boca
  • OSCULUS → BASIUS → beixo
  • INVENIRE → AFFLARE → achar

Con todo, o latín vulgar xa traía grecismos e xermanismos incorporados no seu sistema que conformaban o adstrato do latín:

  • CAPUT → CARA → cara
  • GLADIS → SPATHA → espada
  • FUNIS → CHORDA → corda
  • LAPIS → PETRA → pedra

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: latín
Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua latina.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Buck, Carl Darling (1904). A grammar of Oscan and Umbrian, with a collection of inscriptions and a glossary. Boston: Ginn & Company. 
  • Clark, Victor Selden (1900). Studies in the Latin of the Middle Ages and the Renaissance. Lancaster: The New Era Printing Company. 
  • Diringer, David (1996) [1947]. The Alphabet – A Key to the History of Mankind. New Delhi: Munshiram Manoharlal Publishers Private Ltd. ISBN 81-215-0748-0. 
  • Jenks, Paul Rockwell (1911). A Manual of Latin Word Formation for Secondary Schools. New York: D.C. Heath & Co. 
  • Sihler, Andrew L (2008). New comparative grammar of Greek and Latin. New York: Oxford University Press. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]