• strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.

Jacobo Bugarín: 'Narcoarquitectura: arquitectura do narcotráfico en Galicia' (Presentación do proxecto: 26 de dec. 20.30 h)

Este venres 26 de decembro, a partir das 20.30 h, Baleiro acolle a mostra do final do proceso e presentación pública de 'Narcoarquitectura. Arquitectura do narcotráfico en Galicia', proxecto que Jacobo Bugarín desenvolveu en parte durante a súa residencia artística no noso local e que contou co financiamento dos premios Injuve creación.

A elección do espazo e o modo de facelo público pasa a ser un factor decisivo, xa que parte do discurso proposto baséase no valor engadido e a especulación que a arquitectura e a arte confiren a determinados obxectos e sistemas de relacións, e como contrapunto a el este espazo ofrece un lugar necesario que propicia un achegamento distinto nun ton informal e sempre reflexivo. E é que me gustaría concibir esta presentación pública como un xeito de abrir o proxecto ao diálogo mostrando o proceso e as pezas producidas sen necesidade de cinguirme á idea de exposición ao uso, afastándome dalgunha forma do ideal preconcibido por todos, intentando atopar un rexistro adecuado.

Jacobo Bugarín

[...]

Canales alternativos de creación. Una aproximación histórica (2013)

Edición a cargo de:

Daniel López Abel y Miguel Anxo Rodríguez González

Autores:

Javier Rodrigo y Antonio Collados (Transductores), Antoni Mercader, Pedro de Llano Neira, Xesús Ron, Miguel Anxo Rodríguez y Daniel L. Abel, Ania González y Víctor E. Pérez, José Maia y Paulo Mendes 

Santiago de Compostela, Baleiro, 2013

ISBN-13: 978-84-616-7875-4

[...]

Crónica do Artropocode 2013

O aRtropocode 2013 comezou con diversas hipóteses de traballo. A linha de traballo fundamental  foi a interrelación entre arte(s), tecnoloxía(s) libre(s) e sociedade(s) como cada evento do circuito summeroflabs-Arco Atlántico, no que nos une a práctica dos procesos como fundamento para a creación e a liberación do coñecemento como base para a construción dunha cultura compartida. Plantexamos unha aposta particular pola interrelación entre corpos, organismos e tecnoloxías (biohacking) xunto ao equilibrio entre participantes galegos-lusófonos e doutros espazos, validada polas propostas presentadas. Estas incoporaron outros elementos chave como a cartografía de territorio(s) subxectivo(s).

Proxectos participantes no Artropocode 2013

A continuación podedes ler unhas breves notas sobre os diferentes proxectos que participarán na residencia colectiva transdisciplinar Artropocode, que como sabedes comezará o próximo día 19 de agosto e se prolongará ata o día 29. A residencia será de portas abertas, polo que vos podedes pasar calquera día para investigar e colaborar. Ademais, se queredes compartir cos residentes e os visitantes ocasionais algunha idea ou iniciativa, haberá un espazo para a participación aberta ás 20:30 horas, todos os días excepto o fin de semana (24-25) que andaremos por Coruña. O xoves día 29 haberá unha presentación pública dos proxectos desenvolvidos na residencia, nun lungar aínda por confirmar. Seguiremos publicando info progresivamente.

[...]

Obradoiro GAmuza

Os vindeiros 3 e 4 de decembro Baleiro albergará un obradoiro para coñecer e utilizar GAmuza, un software de aplicacións modulares que conxuga un entorno ScriptEditor con utilidades para a escenografía, a realización de performances audiovisuais en directo, o desenvolvemento de deseño interactivo e, principalmente, a ensinanza de arte electrónico. O obradoiro estará a cargo do seu desenvolvedor, Emanuele Mazza.

Mesa redonda

O vindeiro venres 20 de xullo ás 19:00h., no marco da exposición Como medir un planeta, FAC Peregrina celebra unha mesa redonda que contará coa presencia de dous convidados destacados: a artista Carme Nogueira e o arquitecto Pablo Gallego Picard. O debate, no que tamén participarán os artistas e os curadores da mostra, realizará diversas achegas á problemática do territorio no contexto da globalización, ben desde a arte e o urbanismo, ben desde a tecnoloxía ou a economía.

Como medir un planeta

A tecnoloxía empregada por unha sociedade reflicte o xeito en que esta observa, interpreta e intervén o medio ambiente. Por este motivo, un amplo repertorio de medidas tradicionais perdurou en Galicia fronte á progresiva implantación do sistema métrico decimal desde os anos da Ilustración. Mais o proceso de adaptación non foi inocuo: a conversión técnica levou aparellada a substitución dos vellos métodos fragmentarios e locais por un novo ideario científico, global, baseado nos principios de igualdade e xustiza das revolucións liberais. Estes esforzos, aplicados principalmente nos ámbitos educativo e industrial, influíron decisivamente nas connotacións que termos como “progreso”, “desenvolvemento” ou “benestar” adquiren cando son aplicados ao país.

XEDH/Orza

Mañá mércores 6 de xuño teremos en Baleiro un concerto de música electroacústica improvisada a cargo Miguel A. García e Pablo Orza. Comezará ás 20:30 e a entrada será de balde.

Jacobo Bugarín: "O arquitecto branqueador de soños"

período de residencia: 
agosto - outubro 2014
tipo de produción: 
arte contemporánea

"A través da narcoarquitectura ou arquitectura de narcotraficantes en Galicia, a arquitectura espectáculo e a especulación móstrase un proxecto de investigación artística que analiza as relacións entre determinadas mañas arquitectónicas e o seu automático reflexo na práctica artística contemporánea.

A narcoarquitectura lese como unha mestura de estilos arquitectónicos cunha xeometría asociada á fuxida, como unha fortaleza oca para ocultar ou esconderse ou simplemente como unha construción de pensada localización cuxa relación interior-exterior protexe da ostentación delatora.
Do outro lado as problemáticas sociais son tratadas coa distancia dun pedestal nun exercicio perverso de resignificación que enlaza cunha arquitectura espectáculo entendida como moda –como pancarta–, no que a construción serve para revalorizar, nun acto no que xa todo está permitido e no que o discurso (o tema en sí) tórnase prescindible a favor do artista-arquitecto que sabe utilizalo.

As tácticas do adversario

Este espazo televisivo xorde do convite que a Normal, o centro de intervención cultural da Universidade de A Coruña, fai ao colectivo Baleiro no marco da exposición As tácticas do adversario, e que Baleiro, pola súa vez, afronta en cooperación con Galiza Ano Cero

Presentación de proxectos Artropocode 2013

Este xoves 29 de agosto, a partir das 17.00 horas, presentación dos proxectos desenvolvidos durante a residencia transdisciplinar de portas abertas aRtropocode 2013.

Aquí o programa:

Open Call Residencia Artropocode 2013

Interseccións artísticas entre corpo(s), tecnoloxía(s) e ecoloxía(s)

|| Rede Arco Atlántico, Baleiro Lab e USC - Compostela ||

Uma certa falta de coerência. Entrevista con André Sousa

Uma certa falta de coerência defínese como un espazo xestionado por artistas para a presentación e discusión de proxectos en torno á arte contemporánea. A súa historia comeza no Porto, en 2008, cando os artistas Mauro Cerqueira e André Sousa recuperan o título dun libro de Jimmie Durham (A certain lack of coherence) para plantexar unha reflexión sobre a idea de comunidade e as posibilidades de colaboración entre artistas. O espazo, na céntrica Rúa dos Caldeireiros, posúe unhas características moi concretas que están relacionadas coa progresiva degradación do inmoble e da zona da cidade onde se atopa.

Inauguración na Peregrina

O espazo FAC Peregrina inaugura o vindeiro venres 29 de xuño ás 20:00h a exposición colectiva titulada Como medir un planeta. O proxecto está comisariado por Baleiro. Trátase da terceira e última mostra da tempada na modalidade FAC Convidados, denominación baixo a que este novo espazo independente na contorna de Santiago de Compostela promove proxectos de colaboración con outros artistas e axentes involucrados no ámbito da creación contemporánea.

Encontros abertos: innovación social, cultura hacker e terceiro espazo

Baixo o título de "Encontros abertos: innovación social, cultura hacker e terceiro espazo", o Grupo de Investigación Gis-T IDEGA, da Universidade de Santiago de Compostela, e Baleiro, convocan un encontro no que debatir acerca do chamado "xiro educativo" nas prácticas culturais, así como da paulatina transformación das estruturas de distribución do coñecemento en razón dun novo conxunto de experiencias, colaborativas, que plantean as iniciativas pedagóxicas como procesos de negociación, como diálogo desde a diferenza.