• strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_attach/views_attach_plugin_display_node_content.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/modules/node/views_handler_filter_node_status.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views_bonus/panels/views_bonus_plugin_style_panels_twocol.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/plugins/views_plugin_style_default.inc on line 0.

Desastres estruturados

No ano 2006, parte dos que hoxe formamos Baleiro convidamos a un grupo de artistas galegos a tomar parte nun proxecto de intervención artística. Concebido ao mesmo tempo coma un proxecto expositivo e de creación, Desastres Estruturados afondaba nas posibilidades de interacción entre dous espazos arquitectónicos con forma, contidos e significados diferentes. Os sotos da Residencia Universitaria Monte da Condesa [e-1], empregados durante anos como almacén, foron empregados como  espazo de produción artística durante catro meses, de xaneiro a maio de 2005, antes da súa reforma e acondicionamento para un uso académico. A análise, percorrido e apropiación deste primeiro espazo, así como dos obxectos alí atopados, deron orixe a unha serie de fotografías, vídeos, esculturas e instalacións que son trasladadas a un segundo lugar, o Coro da Igrexa da Universidade [e-2], na busca dunha relación de simbiose, e en ocasións de parasitismo, entre as dúas arquitecturas.

Desastres estruturados foi un proxecto impulsado polo colectivo ÍCAROS (Daniel López Abel, Oskar Ínsua e Víctor E. Pérez) coa colaboración dos artistas María Esteiran, David Lemas, Diego Lamas, Manuel Mas i Eduardo Outeiro. A exposición tivo lugar no Coro da Igrexa da Universidade da USC do 7 de xuño ao 3 de xullo de 2006.

348 349 350 351 352 353