• strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 906.
  • strict warning: Declaration of views_attach_plugin_display_node_content::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/includes/handlers.inc on line 76.
  • strict warning: Declaration of views_handler_argument::init() should be compatible with views_handler::init(&$view, $options) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/includes/handlers.inc on line 76.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/includes/handlers.inc on line 76.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/includes/handlers.inc on line 76.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_node_status::operator_form() should be compatible with views_handler_filter::operator_form(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/includes/handlers.inc on line 76.
  • strict warning: Declaration of views_bonus_plugin_style_panels_twocol::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/includes/handlers.inc on line 76.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/includes/handlers.inc on line 76.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_row::options_submit() should be compatible with views_plugin::options_submit(&$form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/includes/handlers.inc on line 76.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 906.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_style_default::options() should be compatible with views_object::options() in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/includes/handlers.inc on line 76.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 906.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_boolean_operator::value_validate() should be compatible with views_handler_filter::value_validate($form, &$form_state) in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/includes/handlers.inc on line 76.
  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /var/www/vhosts/baleiro.org/httpdocs/sites/all/modules/views/views.module on line 906.

A cidade como experiencia artística

Inscritos nas xornadas Arte en contexto. Arte, educación e cidadanía (CGAC, 2006-2007, A cidade como experiencia artística son unha serie de obradoiros que buscan vínculos entre a acción educativa e a creación artística contemporánea. Entendendo a educación como un proceso artístico, desenvolvemos accións a través das cales se poden operar cambios na forma de entender esa relación entre as manifestacións artísticas contemporáneas e a sociedade. Cada acción supón unha actuación reivindicativa do papel da arte na vida e, polo tanto, na experiencia do individuo. Ademais de evidencialo, é preciso ir dando pasos de cara a unha educación formulada dende o punto de vista da arte.

Así, estas xornadas permitiron coñecer diferentes experiencias encamiñadas a activar a educación artística e a promover proxectos cooperativos nos que a sociedade asume un papel de dinamizador da cultura e do espazo urbano: Engage (Reino Unido), Centre Georges Pompidou (Francia) ou Ecosistemaurbano (España). O artista Xavier Toubes propuxo analizar a formación artística desde a dobre vertente de creador e profesor que protagonizou diferentes proxectos formativos. Tomar como referencia na creación artística problemas reais do individuo e a súa relación co contorno (Lara Almárcegui), crear terapias para os posibles problemas do espectador ou usuario da arte (Mónica Alonso) ou construír itinerarios urbanos baixo a mirada do que sempre nos queda agachado (grupoSIVA). Todas elas, posicións artísticas que pretenden claramente comunicarse coa sociedade da que xorden.

307 Fotogramas de Sete negros

309

310

 

As propostas de A cidade como experiencia artística son dous laboratorios de produción colectiva. O primeiro dos obradoiros, Esculpir no tempo, é un proxecto de educación artística que toma o seu nome do libro escrito polo cineasta ruso Andrei Tarkovski, publicado de xeito póstumo en 1988. Nel trátanse diversos temas relacionados co cinema, sobre todo a súa especificidade como ferramenta artística que traballa co tempo como materia prima. Este obradoiro consta de dúas partes ben diferenciadas. A primeira, máis teórica e de debate, onde se realiza unha aproximación a algúns dos autores mais significativos do cinema moderno en relación ó seu traballo co tempo e o plano-secuencia, como Víctor Erice, Alexander Sokurov ou o propio Tarkovski. A segunda parte, xa fora do ámbito espacial e temporal da aula, trátase dunha proposta de creación onde contrapóñense os exemplos anteriores á reflexión sobre o contexto urbán como material artístico. Co soporte técnico do equipo que dirixe o obradoiro, comeza unha fase de produción onde cada participante ten que crear unha peza ininterrumpida e sen posibilidade de posproducción, unha pequena curta onde queden reflexadas algunhas das características temporais urbanas, os ritmos dos seus habitantes ou os fluxos que dan forma ó caleidoscopio da cidade actual. De xeito colectivo, os materiais resultantes editáronse conxuntamente, dando lugar a unha peza que reúne as diferentes visións e velocidades que conforman as nosas cidades. Nesta ocasión, a peza producida foi Sete negros (grupoSIVA, 2006), unha mediametraxe experimental proxectada no CGAC e no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela que reflexiona sobre como a conexión entre arte, educación e cidade configura novos xeitos de entender a creación artística, un proceso teórico-práctico de aprendizaxe que remite aos procesos dos artistas de referencia.

00:00 é unha acción artística colectiva no espazo público que mestura literatura e fotografía. Está basado no poema de mesmo título escrito por Íñigo Mouzo, membro do colectivo grupoSIVA. Nel, proponse a participación aberta nun proceso creativo, xa que o colectivo atopábase naquel momento traballando na adaptación videográfica do poema no barrio compostelano de Vista-Alegre, onde hoxe se atopa Baleiro. Elixindo un espazo e tempo concretos que se enfrentan ás indefinicións do texto, a través dunha fotografía instantánea e a súa posterior ubicación no lugar da toma constrúese o material de traballo. Estas fotografías, habitando o espazo público, forman unha intervención artística de mínimos no barrio. A cidade como experiencia artística I e II foron coordenados por Alejandro Pose, Íñigo Mouzo e Víctor E. Pérez. 22 de novembro de 2006 e 5 de xullo de 2007, CGAC, Santiago de Compostela.

311 314 313

315

316 317 318 00:00 Intervención no barrio de Vista-Alegre

320

319